A XUNTA APROBA DEVOLVER ESTE ANO OUTRO 25% DA PAGA EXTRA DE 2012 AOS EMPREGADOS PÚBLICOS, E ABOARÁ O 50% RESTANTE EN 2016

  • O Consello da Xunta aprobou a lei que permitirá efectuar esta devolución
  • A media chega só seis días despois de ter a habilitación legal da Administración do Estado
  • O Goberno galego pode afrontar esta devolución porque cumpre os dous requisitos que esixe o Estado: ter dispoñibilidade orzamentaria e cumprir o déficit público
  • Suporá a devolución media de arredor de 400 euros por empregado público e terá un custo de máis de 50 millóns de euros
  • Percibirana todos os empregados públicos da Xunta, das universidades e o persoal do ensino concertado
  • O compromiso da Xunta é devolver en 2016 o 50% restante, o que permitirá completar a devolución da paga extra

 

(Santiago, 17 de setembro de 2015).-O Consello da Xunta aprobou hoxe a lei que permitirá adiantar a este ano a devolución doutro 25% da paga extra de 2012 aos empregados públicos da Administración autonómica, que se une ao 25% xa devolto neste exercicio. Ademais, o Goberno galego prevé adiantar tamén a 2016 o pago do 50% restante, o que permitirá completar no vindeiro ano a devolución da totalidade desta paga.

 

O Goberno galego deu hoxe luz verde á lei para proceder á devolución doutro 25% da paga extra, cumprindo o seu compromiso de iniciar este procedemento no mes de setembro. De feito, o Consello da Xunta dá luz verde á normativa para iniciar a súa tramitación no Parlamento só seis días despois de ter a habilitación legal para facelo, xa que o Goberno aprobou o pasado venres o correspondente real decreto lei.

 

A paga extraordinaria de 2012 é unha retribución básica, competencia exclusiva do Estado, e polo tanto as comunidades autónomas non podían proceder á súa devolución se non existise unha habilitación legal do Estado.

 

Ademais, o Estado só permitirá realizar a devolución ás comunidades autónomas que cumpran dous requisitos: ter dispoñibilidade orzamentaria e cumprir o obxectivo do déficit para 2015. A solvencia de Galicia ten como consecuencia que a Xunta estea en condicións de adiantar a devolución doutro 25% da paga extra a este 2015, porque ten dispoñibilidade orzamentaria e porque vai cumprir neste exercicio o obxectivo de déficit.

 

Unha media de 400 euros

A devolución media será de arredor de 400 euros, e a medida terá un custo de máis de 50 millóns de euros. Máis de 100.000 empregados públicos galegos percibirán esta devolución, incluído o persoal non activo ou que pasou a outras administracións. Tamén está incluído o persoal das universidades públicas e do ensino concertado.

 

A paga extra de decembro 2012 foi suprimida pola Administración do Estado no marco das medidas aprobadas polo Goberno para facer fronte á crise económica. Esta supresión realizouse a través dun Real Decreto Lei de obrigado cumprimento para todas as administracións públicas. Con todo, a supresión acompañouse dun compromiso de devolución no momento en que as circunstancias económicas o permitisen.

 

Consecuencia deste compromiso, o Goberno procedeu á devolución do 25% da paga neste 2015 e a Xunta tamén fixo efectiva esta devolución este ano, a través dos Orzamentos da Xunta para 2015 e a Lei de Emprego Público de Galicia.

 

Precisamente, a Xunta xa incluíu nesta lei a creación dun fondo retributivo para a recuperación das retribucións dos empregados públicos. Este fondo irase dotando orzamentariamente cada ano e permitirá a devolución do 100% da paga extra de 2012.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: