Concello do Porriño

NOVA XORNADA DE MERCA NA RUA O VINDEIRO DOMINGO DIA 20

 
O vindeiro domingo 20 celebrarase a xornada de Merca na Rúa suspendida pola choiva 
A Feira de oportunidades Merca na rúa volve á zona peonil do Porriño o vindeiro domingo día 20, trala suspensión da xornada dominical do pasado fin de semana debido á choiva. Merca na Rúa coincidirá coa Festa do Neno incluída na programación das festas do Cristo, polo que os nenos dispoñerán de máis actividades de animación que as previstas habitualmente para eles nesta feira.
“A feira de oportunidades consolidouse como un evento interesante para os comerciantes porque permítelles equilibrar balance e liberarse de stocks, e tamén para os consumidores que poden acceder a produtos de gran calidade a prezos reducidos”, destaca Marcelino Coto concelleiro de Comercio e Industria.
O pasado sábado Merca na Rúa rexistrou unha importante afluencia de compradores. De feito, a feira de oportunidades rexistra edición tras edición unha crecente afluencia de público  e de establecementos que participan na mesma. Nesta ocasión sumáronse máis de 20 establecementos comerciais. Tamén se está ampliando a oferta de produtos: textil, deportes, confección, calzado, pequeno electrodoméstico, moda infantil, etc.
Merca na Rua celebrárase na rúa peonil  Ramón Gonzalez en horario de 11 horas da mañá ás 20:30 horas da tarde. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño en colaboración co Concello.

Inauguración da Exposición PAZ ANTÓN. REVISIÓNS.

Convite exposición1

Data: 18 de setembro

Hora: 20,00 h.

Lugar: Centro Cultural Municipal do Porriño

 

En Revisións o artista Paz Antón (O Porriño 1957) constrúe unha serie de estampas de universo propio onde conflúen imaxes, símbolos e grafismos con tendencia a un certo onirismo e ambientacións de figuración máxica.  Revisións, o título da exposición, indica os camiños utilizados no proceso creativo que deben moito á amalgama de diversas imaxes procedentes da fotografía antiga, da etnografía, do retratismo, da cultura pop ou, especialmente, da propia historia da arte a través dos tempos.

 

Ben dun xeito explícito (as tres versións das Meninas) ou ben dun xeito mais críptico (a temática de “Susana e os vellos” de Tintoretto), as revisións teñen o ánimo de crear obrar nova onde a iconografía provoca provoca novos significados. Revisión constante, tamén, do propio proceso pictórico, das temáticas e dos sentimentos que destilan os pigmentos sobre o inicial fondo branco. E, como ven sendo habitual, as alusión sao mundo da música – a outra profesión do artista- continúan sendo unha constante no seu labor. Músicos e danzantes que tratan de superar a ausencia de son imposta pola plástica (“os coros do silenzo” que  diría o poeta Manoel-Antonio) cunha outra harmonía de formas e cores.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: