O VENRES 18, INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DESÉRTICO DE SANDRA MG

O venres 18 de setembro (20:00 horas) celebraremos en Detrás do Marco a inauguración da exposición “Desértico” da fotógrafa viguesa Sandra mg.

12039536_939871276083899_7133932060617388600_n

En DESÉRTICO, Sandra mg sitúase en contornas naturais e urbanas explorando a soidade e a quietude propias de cada espazo. Instantáneas na penumbra que deshumanizan o habitado e gardan silencio ante o abandono. Unha visión erma da inmensidade do exterior e da reclusión que se produce na noite, para reflexionar sobre diferentes concepcións do desértico.

 

Sandra mg é unha fotógrafa viguesa que empeza os seus estudos en Fotografía Artística na Escola Groc de Barcelona en 2008. O seu proxecto final é seleccionado para participar na exposición 10 fotógrafos, 10 Escolas, realizado no Museo Jaume Morera de Lleida, e finalista na II Bolsa Golferichs de Artes Visuais. En 2010, trasládase a Londres, onde desempeña o seu primeiro traballo como fotógrafa e permanece un ano adquirindo experiencia e absorbendo as influencias culturais da cidade. Pouco despois regresa a Barcelona por motivos laborais, onde paralelamente cursa un Posgrao en Arte e Novos Medios impartido pola Universitat Oberta de Catalunya, e realiza varias exposicións individuais. En 2013 volve a Galicia, e impulsada pola necesidade de dotar de maior creatividade á súa obra, comeza Belas Artes na Facultade de Pontevedra, e comeza a autoeditar algúns dos seus traballos. Na actualidade reside e traballa en Vigo e continúa participando en exposicións colectivas, entre elas, a última na Casa Dás Artes, xunto ao Colectivo Latente.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: