Archive | septiembre 18, 2015

A Escuela de Negocios Afundación de Vigo presenta unha conferencia a cargo do profesor Mario Weitz

A Escuela de Negocios Afundación de Vigo (Avda. Madrid, 60) acolle o vindeiro mércores, 23 de setembro ás 19.00 h., a conferencia Novos retos para a economía galega a cargo do profesor Mario Weitz, consultor do Banco Mundial e ex-conselleiro delegado do Fondo Monetario Internacional, que analizará en profundidade o panorama económico galego actual así como os novos desafíos e oportunidades de cara aos próximos anos.

A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DOS SISTEMAS XERAIS DA PRIMEIRA FASE DA PLISAN, QUE COMEZARÁN NO MES DE OUTUBRO

  • As os traballos deixarán habilitada a zona da Plataforma Loxística máis próxima ao enlace coa autovía, e darán servizo á totalidade do polígono, que se desenvolverá por fasesPLISAN sevizos xerais primeira fase
  • A actuación supón un de 10,3 millóns de euros e ten un prazo de execución de 18 meses
  • O financiamento das obras repártese entre os tres promotores: a Xunta, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Autoridade Portuaria, que será ademais a entidade encargada do seguimento dos traballos

 

Santiago, 18 de setembro de 2015.- As obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra do Miño-As Neves (Plisan) iniciaranse no próximo mes de outubro, unha vez adxudicada hoxe dita obra polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

 

A obra foi adxudicada á UTE Construcciones Taboada y Ramos, S.L.-Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA) – CIVISGLOBAL, S.L.U., por un importe de 10.281.854 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de 18 meses.

 

Estes traballos deixarán habilitada a zona máis próxima ao enlace coa autovía, pero tamén dará servizo á totalidade do ámbito da Plisan, que se desenvolverá por fases.

 

As obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plisan adxudicadas hoxe comprenden a construción e pavimentación do viario definido no proxecto sectorial como sistemas xerais, incluíndo o alumeado e as conducións necesarias para abastecemento, saneamento, gas ou telecomunicacións, para dar servizo ás parcelas das distintas áreas incluídas dentro da plataforma loxístico-industrial.

 

A lonxitude do viario e das conducións que o acompañan superan os 3.700 metros lineais e a superficie pavimentada superará os 110.000 metros cadrados.

 

A obra de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra do Miño-As Neves foi licitada e adxudicada pola Administración autonómica en virtude do acordo tomado pola comisión de seguimento formada polos tres organismos promotores da Plisan: a Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca e a Xunta de Galicia.

 

O mesmo acordo da comisión de seguimento establece que a Autoridade Portuaria de Vigo será a entidade encargada dos traballos facultativos de replanteo, dirección, inspección e liquidación da obra, así como da vixilancia e coordinación de seguridade e saúde da mesma.

 

O financiamento das obras licitadas corresponderá aos tres organismos que interveñen no proxecto, coas seguintes porcentaxes:

 

  • Autoridade Portuaria de Vigo: 60,58%.
  • Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125%
  • Xunta de Galicia: 18,295 %

 

 

 

Crónica: Os cartos das empresas “amigas” para necesidades sociais – Vigo

Esta mañá ao redor de corenta persoas participamos no acto que levaba por título: “Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros”. Na cidade fermosa para as empresas amigas do goberno municipal a nós tócannos as migallas.aparcadoiro18set

Moi preto da entrada do aparacadoiro están as dependencias dos servizos sociais municipais. Eses que están colapsados e que “non teñen cartos” para cubrir necesidades tan básicas como luz, auga ou vivenda. O cheque social xa superou o prazo máximo de resolución e as previsións son que poden estar resoltas para outubro. Iso si, para facer negocios de dubidosa legalidade con empresas amigas aparecen os cartos que nunca hai para nós.

Ante isto, hoxe non podiamos facer máis que darlle un novo uso ás prazas do aparcadoiro de Castelao. Alí montamos unha vivenda precaria, posto que os cartos que se nos negan van para estas prazas que nin os carros empregan. Sacos de durmir e un mantel con pratos e vasos serviron pou un anaco de acubillo.

Para pechar o acto saímos ao exterior onde dimos lectura do seguinte manifesto:

Para contextualizar o evento que nos trae hoxe aquí – isto é, o feito de o Concello regalar máis de seis millóns de euros a unha empresa privada en creba técnica‒ imos ler uns extractos dun texto máis extenso e prolixo de Óscar Lomba titulado “Aparcadoiros improdutivos, concesións erróneas e sociedades pantalla”.

En xaneiro do 2015 o xulgado declarou en concurso voluntario de acredores a mercantil COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES S.A., sociedade pantalla ou instrumental creada por PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS, S.A., para xestionar a concesión de servizo público de aparcadoiros nas rúas Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e avenida Castelao, que foi adxudicada por acordo da Xunta de Goberno Local o 21 de maio de 2007.

O Concello en vez de proceder á rescisión do contrato que, de acordo á Lei de contratos das administracións públicas, sería o máis beneficioso para preservar o interese xeral, xustifica mediante informes do interventor municipal e dunha consultora externa “Seixas Consultora S.L.” (que non ten experiencia previa neste tipo de avaliación), a modificación da concesión que reequilibrase a economía do contrato.

Así xorde o acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xuño deste ano, que por medo a unha demanda do banco Popular (que se arriscou alegremente a prestarlle 11 millóns a unha empresa cun capital de 60.000 euros), pretenden regalar máis de 6 millóns de euros beneficiando os intereses privados dunha empresa en concurso de acredores, creada por outra Sociedade Anónima para eludir responsabilidades patrimoniais, e que é a que tería que facer fronte e responder pola nefasta xestión que se realizou durante estes oito anos, e non socializar agora as perdas nos petos de todas as viguesas.

Porén, xa en outubro de 2014, houbo unha sentenza que rexeitaba as reclamacións da empresa, porque quería que se garantisen os seus beneficios, pero quedaba claro que foron factores externos á Administración municipal, como a crise inmobiliaria e o feito de que a zona de Rosalía de Castro xa estaba catalogada no PXOM como zona de valor arqueolóxico de aí que aparecesen restos durante as obras e tivesen que modificar o proxecto.

Caballero realizou unha xestión nefasta desde o ano 2008 ‒estaba claro que estes aparcadoiros non ían ser viábeis economicamente‒ e, por razóns electoralistas, foi agochando e arrastrando o problema en vez de anular a concesión e convocar un novo concurso público con transparencia e novos condicionantes. Preferiu actuar de mala fe agochando todo até pasadas as eleccións, encargando estudos á carta a unha consultora para xustificar unha mala solución para os intereses públicos e para a facenda do Concello de Vigo.

Vemos así como os cartos que nunca aparecen para necesidades sociais son regalados a empresas privadas co fin de que estas manteñan os seus negocios.

Estamos cansas das súas políticas. Estamos fartas de esmolas, mentres ollamos como os poderosos enchen os seus petos.

Queremos xustiza social! Vivir dignamente é un dereito!

Coia, 18 de setembro de 2015

O SERGAS E OS COLECTIVOS DE TAXISTAS DE VIGO CHEGAN A UN ACORDO PARA QUE SE POIDAN UBICAR NA ZONA DE CONSULTAS EXTERNAS DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, mantiveron esta mañá un encontro cos responsables das súas asociacións, Manuel Álvarez e Manuel Chorén
  • O obxectivo da reunión era “mellorar as condicións” dos profesionais á hora de realizar o seu traballo
  • Os taxistas contarán cunha parada na zona de consultas externas e hospital de día ademais de poder entrar no aparcamento -2 sen custo

 Paradas

Vigo, 18 de setembro de 2015.-  O Sergas e os colectivos de taxistas que traballan en Vigo e provincia chegaron hoxe a un acordo para que se poidan ubicar na zona de consultas externas e hospital de día do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC).

 

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, mantiveron un encontro cos representantes da Asociación Profesional Provincial de Autotaxis e da Asociación Provincial Autopatronos do Taxi de Vigo e Provincia, Manuel Álvarez e Manuel Chorén, respectivamente.

 

O obxectivo da reunión era “mellorar as condicións” dos profesionais á hora de realizar o seu traballo nas instalacións do HAC para o que se fixeron novas propostas sobre a ordenación inicial.

 

Como se tratou no encontro, terán unha parada na zona de consultas externas e hospital de día con arredor de 15 prazas. Outra das propostas foi manter o acceso ao aparcamento -2, sen custo, para deixar pacientes que así o desexen, e eliminar a parada inicialmente prevista neste andar.

 

Os taxistas manterán tamén as prazas previstas na ordenación inicial na zona da área hospitalaria e de urxencias, mantendo ademais 15 prazas na balsa situada no entorno da entrada principal.

 

Por último, a delegada da Xunta avanzou tamén que nos vindeiros días estará colocada xa a marquesiña para a parada de autobús.

 

BENESTAR AMPLIARÁ OS RECURSOS DE ATENCIÓN AO ALZHÉIMER COA CREACIÓN DAS PRIMEIRAS UNIDADES TERAPÉUTICAS DE GALICIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe en Vigo o centro de atención integral da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (Afaga)
  • A Xunta conta actualmente cunha rede de centros especializados nesta enfermidade, que ofertan 412 prazas, das que 180 foron creadas por este Goberno
  • A carteira de servizos de atención á dependencia inclúe recursos deseñados especificamente para atender a este colectivo
  • O próximo luns, día 21, conmemórase o Día Mundial desta enfermidade

 

Vigo, 18 de setembro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar ampliará os recursos destinados á atención ao alzhéimer a través da creación, por primeira vez en Galicia, de unidades terapéuticas especializadas nesta enfermidade. Nestas unidades prestarase un servizo de atención diúrna terapéutica de media estancia, no que os usuarios poderán acceder a recursos como a valoración inicial, apoio nas actividades básicas e de ocio, mantemento e rehabilitación, formación e asesoramento ás familias.

 

Así o anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa visita a Vigo ao centro de atención integral da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (Afaga), unha entidade que leva “máis de dúas décadas” de traballo diario cos enfermos e as súas familias.

 

Mato lembrou que estes novos recursos sumaranse á rede de centros especializados cos que xa conta a Xunta, e que converte a Galicia  na “única comunidade autónoma que oferta unha rede destas características”. En total, son 13 os centros destinados ás persoas con esta enfermidade, que suman 412 prazas públicas, das que o 43 por cento (180) foron creadas polo actual Goberno.

 

Ademais, a titular do departamento autonómico puxo en valor outros avances, como a carteira de servizos específica para persoas enfermas de alzhéimer, que define recursos e programas deseñados de xeito especializado para este colectivo, nos que se inclúen actividades de prevención e promoción da autonomía persoal; a  axuda a domicilio; ou a atención diúrna, nocturna e residencial.

 

Compromiso conxunto e solidario

Con todo, Mato fixo fincapé en que é preciso seguir traballando e mellorando a atención que se presta ás persoas que padecen esta enfermidade e ás súas familias, un avance que, considerou, debe xurdir dun “compromiso conxunto, continuo e solidario”. De aí que destacara especialmente a colaboración con entidades de iniciativa social, como Afaga.

 

Ao respecto, recordou que o departamento de Benestar leva traballando de xeito con xunto con Afaga desde o ano 2009. Ata o momento, téñense investido 3,7 millóns de euros en distintas liñas de colaboración con esta asociación. Nesta cooperación mutua, inclúense a xestión e programación de centros de día, ou a execución de cursos de formación para desempregados en materia de atención sociosanitaria.

 

Xa para rematar, a conselleira considerou que é tamén “moi importante” visibilizar e crear conciencia social sobre os problemas e necesidades destas persoas. Este é, precisamente, un dos obxectivos do Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra o próximo luns, día 21. “Por iso, nunha semana tan sinalada, queremos ratificar de novo o noso compromiso con todas as persoas que sofren esta enfermidade”, concluíu Mato.

Arco Iris integrada en Pladesemapesga hace públicas sus conclusiones del recurso del Prestige que se verá el SEÑALAMIENTO DE LA VISTA 29.9.15 a las 10:30 horas en la Sala Segunda del Supremo.

López Sors se encuentra incurso en otra causa que emana de la misma del Prestige, la carta que remitió de su puño y letra a Luis Pedrosa exigiéndole dinero público para callar la boca, “no tirar de la manta” y que podría cambiar la sentencia del Prestige.

 

La defensa del condenado, Sr. Apostolos Ionnis Mangoras y de las  mercantiles navieras (Mare Shipping  y Universe Maritime ) mantuvieron durante toda la vista que durante los días   13-11-202  hasta el 15-11-2002 ,el buque  “Prestige” no había vertido crudo en el mar ;y que solo comenzó el vertido de fuel cuando su defendido no capitaneaba el barco siniestrado.

 

Respecto a la responsabilidad del Sr.Lopez Sors hacemos la siguientes interpretación de los hechos probados y disentimos de la sentencia  dentro de una lógica jurídica y de racionabilidad ; confiarle el buque petrolero a la rescatadora holandesa Smit es el núcleo de la acción peligrosa realizada por el de aquellas Director General de la Marina Mercante, porque no se escoge el mal menor , ya que  se manda alejar el barco de la costa sin un destino predeterminado. Un simple vistazo a lo reproducido en la página 138 de la sentencia recurrida para darnos cuenta, sin ser un técnico, ni tener conocimientos de navegación que llevar un petrolero mar a dentro vertiendo fuel al Océano ,y cambiar  el rumbo  del mismo por presiones  de los dos Estados vecinos al nuestro; es una sin razón.

 

El Director General de la Marina Mercante no ha cometido un delito por omisión, sino por acción  desde el momento que la Administración Central del Estado asumió el mando y el control del petrolero  averiado, partir  del día 15 de noviembre del 2002, si lo cometió.

 

La prohibición de verter hidrocarburos en el mar está contenido en el tipo penal del art.325 y ss de nuestro Código Penal por lo que no es necesario infringir ninguna normativa internacional.

 

Bajo el punto de vista de todo el movimiento ecologista, verter residuos nucleares a la fosa Atlántica, productos químicos y material inorgánico a los mares, arrojar hidrocarburos al Océano, es un delito de lesa humanidad y la lucha de todos los movimientos verdes es la tipificación penal de los mismos a través del Tribunal penal internacional.

 

En la sentencia se dice: “la imprudencia no es más que un juicio de valor

que no puede vincularse con el resultado de una conducta sino con las motivaciones……de modo que si  la motivación fue evitar una catástrofe o paliarla no se le puede atribuir a ese comportamiento ninguna responsabilidad penal”.

 

“NON TAM SCRIPTURA QUAM VERITAS CONSIDERARI SOLET”

Hay que atenerse no tanto al documento como a  la verdad (Regula iuris).

 

Se dice Regula Iuris, de las máximas formuladas en la época de recepción del Derecho Romano, y partir de esta .No son glosas o comentarios sino “Reglas de Derecho”, de nueva formulación, basadas en la Doctrina antigua. Tal expresión se utilizaba ya en el Digesto, y se sigue utilizando hoy.

 

“Había Jueces, antes de que hubiese leyes; esos Jueces, en esos tiempos de ignorancia y tosquedad, eran Ministros de equidad entre los hombres; y aún lo son cuando les dirigen las leyes escritas; es decir, que no pueden, con el pretexto de la oscuridad y del silencio de las leyes, suspender arbitrariamente su Ministerio”.

 

Pladesemapesga entiende como de justicia la NULIDAD de todo lo actuado, los verdaderos responsables están ausentes, los juzgados comprados con dinero público, y el juicio convertido según entes internacionales en una obra de teatro escrita diez años antes, donde lo que se ha vivido es representado por fuera de los autos, por ello es de justicia volver al principio y que sea un juzgado popular sin condicionantes políticos quien proponga a los verdaderos culpables, les hagan un traje a rayas con “hilillos de plastilina” para que se lo pongan por muchos años..

Concello de Vigo

 


Caballero anuncia a construción dun aparcamento gratuito anexo ao novo hospital

O goberno de Vigo iniciou este xoves a tramitación para habilitar 500 prazas de estacionamento de balde nunha parcela anexa ao novo hospital, cun investimento municipal de case 500.000 euros. Así anuncióuno o alcalde, ante a “cerrazon absoluta” da Xunta de Galicia de facer gratuito o do propio centro e por considerar “moi importante que os usuarios teñan aparcamento gratis”. Caballero solicitou novamente a Núñez Feijóo que elimine o pago no propio estacionamento do Álvaro Cunqueiro.

 

O Concello promove a restauración de 136 vivendas a través da nova oficina de rehabilitación

A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este xoves á autorización de gasto para a contratación do servizo da oficina de rehabilitación de vivenda, cun importe de case medio millón de euros. O obxectivo é seguir co Plan de Rehabilitación co arranxo de 136 vivendas en diferentes zonas da cidade. Ademais, a Xunta de Goberno Local realizou a proposta de adxudicación de 7.000 euros de axudas para as actividades xuvenís.

 

O alcalde apoia aos traballadores de Vodafone en Vigo

Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste xoves co Comité de Empresa de Vodafone que lle transmitiu a súa preocupación polo ERE que pode afectar a entre un 20 e un 30 por cento do persoal do centro vigués. O Alcalde manifestou o seu desexo de que o proceso de regulación de emprego non inclúa a ningún traballador da cidade.

José Manuel Soria anuncia la conexión aérea entre Madrid y Asunción el próximo mes de diciembre

  • El ministro de Industria, Energía y Turismo visita el país con el objetivo de identificar áreas de cooperación entre ambos Estados y reforzar las ya existentes.
  • A lo largo de esta jornada, Soria se ha reunido con el presidente de Paraguay, Horacio Manuel Cartes, y con el ministro de Industria y Comercio, Gustavo Leite.Ministro, con ministro de Industria y Comercio

16.09.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, ha anunciado hoy que la conexión aérea entre Madrid y Asunción,  que se iniciará a partir del próximo mes de diciembre, con dos frecuencias semanales y operado por Air Europa, aumenta extraordinariamente las oportunidades de inversión de España en Paraguay.

 

Para Soria, aunque Paraguay es una economía pequeña que tiene seis millones y medio de habitantes, por su situación es una plataforma de negocios y de inversión situada en el corazón del cono sur entre Chile, Argentina, Uruguay y Bolivia, y ocupa un papel importante dentro de Mercosur.

 

José Manuel Soria se reunió hoy con el presidente de Paraguay, Horacio Manuel Cartes, en el marco del viaje que ha realizado al país americano. El objetivo de esta visita es identificar las áreas de cooperación económica entre ambos países con posibilidad de futuro y reforzar las ya existentes.

 

Soria, que también se encontró con el ministro de Industria y Comercio de Paraguay, Gustavo Leite, destacó el excelente estado de las relaciones políticas bilaterales y afirmó que, si bien los vínculos económicos entre los dos países son todavía moderados, tienen una importancia creciente.

 

En relación al interés de España en la economía de Paraguay, el ministro destacó que  hay un impulso a la internacionalización de la economía de Paraguay por parte del presidente Cartes, donde hay oportunidades para empresas españolas en materia de infraestructuras, transporte de electricidad, industria agroalimentaria, infraestructuras de aeropuertos y en materia industrial, y donde las empresas españolas han acumulado experiencia y saber hacer a lo largo de los últimos años.

 

Hay ya presencia de empresas españolas que están participando en distintas licitaciones del gobierno de Paraguay y también oportunidades de inversión en sectores donde las empresas españolas han mostrado ya liderazgo en otros países del mundo, ha señalado el ministro.

 

Según el ministro, los intercambios bilaterales han aumentado a lo largo de los últimos seis años. Las exportaciones se han multiplicado en los últimos diez años y se han multiplicado por seis entre el 2005 y el 2015, sin embargo el margen de maniobra para aumentar todavía es grande.

 

También hay que destacar que hay firmado un acuerdo de entendimiento para la movilidad del capital humano, hay un esfuerzo de Paraguay para un programa de excelencia a través de becas a profesionales en el extranjero. España es el primer país receptor en esta materia de profesionales de Paraguay que vienen a completar su formación.

 

El ministro destacó que también hay extraordinarias oportunidades en materia de energía ya que Paraguay tiene una capacidad hidroeléctrica extraordinaria y exporta muchísima energía a países vecinos, pero tiene necesidad de desarrollar sus redes de transporte. Y ahí las empresas españolas pueden tener unas oportunidades importantes, según Soria.

 

 

 

José Manuel Soria anuncia la eliminación de los visados a los colombianos que deseen viajar a Europa

  • La medida ya acordada se pondrá en vigor a finales de año.
  • Firmado un Plan de Acciones conjuntas entre España y Colombia para el periodo 2015-2016, que prevé el desarrollo del modelo de destino turístico inteligente colombiano.

18.09.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, llegó anoche a Colombia procedente de Paraguay, última escala de la gira latinoamericana que está realizando para expresar a los gobiernos de Paraguay y Colombia el apoyo del gobierno de España a las empresas españolas presentes, así como el interés por incrementar tal presencia a través de inversiones.

Nada más llegar, el ministro Soria asistió a una cena con una amplia representación de empresas españolas que ya operan en Colombia.
La agenda del ministro continúa en el día de hoy con un encuentro con empresas e inversores colombianos a quienes trasladará el proceso de reformas llevado a cabo en España, y que ha permitido que la economía española haya dejado atrás la recesión y sea la economía de mayor crecimiento de la zona euro para el presente año.
Antes de partir hacia Cartagena de Indias para reunirse con el ministro de Energía y Minas, así como con la ministra de Industria, Comercio y Turismo, y presidir la amplia delegación española que el sábado se reúne en una sesión de trabajo con el presidente Santos y varios ministros de su gabinete, el ministro Soria ofrecerá una rueda de prensa en Bogotá.

 

Soria ha subrayado que el objetivo de su visita es intensificar el diálogo y prestar todo el apoyo a empresas españolas que ya están en Colombia o que planean entrar en este mercado. El Gobierno español entiende que este país ofrece muchas oportunidades donde las compañías españolas pueden aportar su experiencia en sectores como la industria, energía, turismo, telecomunicaciones, infraestructuras, servicios financieros, banca, seguros, asesoría jurídica, etc.

 

El ministro Soria ha recordado que a finales de año se hará efectiva la exención de visados para los turistas de Perú y Colombia que deseen viajar a Europa, lo que aumentará la llegada de estos viajeros a España.

 

En concreto, en el marco del Memorando de Entendimiento (MOU) en Materia Turística rubricado entre España y Colombia en 2014, se ha firmado recientemente por la secretaria de Estado de Turismo y su homóloga colombiana, un Plan de Acciones conjuntas para el periodo 2015-2016, que prevé el desarrollo del modelo de destino turístico inteligente colombiano y, en especial, para el desarrollo turístico del archipiélago San Andrés, Providencia y Santa Catalina, lo que conllevará nuevas oportunidades de negocio para las empresas españolas vinculadas con el sector.

 

A representación da CIG no SVA denuncia a desprotección das costas galegas fronte ao narcotráfico

A CIG, sindicato maioritario no Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na Galiza, reitera a denuncia a respecto do desmantelamento progresivo do servizo, que ten provocado que na actualidade as costas galegas estean practicamente desprotexidas fronte á entrada de drogas.

Henrique García Outeiral, delegado da CIG, critica que mentres os mandos do Servizo de Vixilancia Aduaneira insisten que nas costas galegas non hai perigo, “os datos revelan o incremento na entrada de droga polas nosas costas”. Así, explica, no que vai de ano son varias as aprehensións de buques con cargamentos destinados a Galiza: Coral I,  con 1.500 kg de cocaína; Miguel Santos coa mesma cantidade; Onda Nazarena con 1.900 Kgs nun veleiro; Silver Back con 600 kgs tamén de coca; e dous mercantes con 6.500 Kgs de haxis.

Tendo en conta que as cantidades aprehendidas supoñen, segundo os expertos, o 15% do total de droga que entra pola nosa costa, os datos “son alarmantes. Estas operacións demostran que o tráfico de drogas está totalmente operativo na Galiza mentres se nos  “vende” que o perigo está en Levante e Andalucía e que hai que desprazar os medios navais e aéreos para alí”, asevera García Outeiral.

Neste senso, lembra que unha base do SVA emblemática na loita contra o narcotráfico, como a de Vilagarcía, atópase nestes momentos cunha soa embarcación para patrullar a Ría da Arousa. Esta situación débese a que unha das dúas embarcacións de alta velocidade coas que contaba esta base (Colimbo) foi desprazada para Ibiza, “polo que se pode dar a circunstancia de que os narcotraficantes se atopen con total liberdade para facer o seu traballo comodamente”. Por exemplo, no caso de que a embarcación que queda na Ría de Arousa teña que parar por avarías ou por varada.

Con respecto á base de Vigo, a embarcación coa que conta estivo todo o mes de agosto parada por vacacións do persoal, quedando só  a embarcación de Marín para a vixilancia das Rías Baixas. “Se a isto lle sumamos que a embarcación de Ribadeo e a de Muros son case inoperativas debido ás moitas avarías que acumulan ao cabo do ano pola antigüidade das mesmas, podemos concluír que agora mesmo estáselle a poñer una alfombra  vermella aos narcos para que intenten inundar as nosas costas con droga”. Ao desprazamento da embarcación Colimbo, subliña Outeiral, tamén hai que sumar o avión e o helicóptero Dauphine.

Fronte a isto, a CIG volve demandar que non se desmantele o SVA en Galiza e que se incrementen os medios materiais e humanos, ao tempo que se insiste na necesidade de renovación do cadro de persoal do marítimo “posto que ten una media de idade moi alta”. Situación que a representación da CIG ten denunciado en diversas ocasións.