Concello de Vigo

 


Abel Caballero e Javier Bas coinciden na necesidade de axilizar a Área Metropolitana

Nunha reunión celebrada este luns, o alcalde de Redondela manifestou o interese do seu Concello en impulsar o transporte metropolitano, un punto que o rexedor vigués se comprometeu a estudar en canto o ente supramunicipal estea constituído. Sobre o modelo de xestión, Caballero considera que a cidade olívica non pode ter o mesmo peso que outros concellos máis pequenos e amosou a súa vontade de diálogo con todos os alcaldes e alcaldesas para estudar as modificacións da proposta presentada por Vigo para a Área.

 


O Concello proxecta para antes do verán un gran carril bici que permitirá cruzar toda a cidade

Coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade, o alcalde inaugurou unha exposición de vehículos eléctricos na Praza do Rei, onde deu a coñecer os proxectos do seu goberno para a construción de catro carrís bici que permitirán cruzar Vigo. Ademais, anunciou que mañá martes, Día Europeo sen Coches, os autobuses que van ao Hospital Álvaro Cunqueiro serán gratuítos para todos os usuarios.

 

Caballero reclama que a futura reforma da Constitución recolla as competencias municipais

O alcalde de Vigo e novo presidente da FEMP, Abel Caballero, avoga porque o Goberno de España derogue a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local e porque se reforme a Constitución de xeito que inclúa as competencias municipais.

 


O alcalde garante aos organizadores Navalia o apoio do Concello para a edición de 2016

Abel Caballero participou esta mañá no Comité Executivo de Navalia, Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, que celebrará o ano que ven a súa sexta edición. O alcalde de Vigo trasladou aos organizadores o total apoio do Concello a un evento que aspira a xerar un beneficio superior aos dez millóns de euros na súa próxima cita na cidade, desde o 24 ao 26 de maio de 2016.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: