Manifesto e imaxes xuntanza sanidade Vigo

IMG-20150921-WA0004Reunidos no salón de actos do Hospital Xeral de Vigo, en convocatoria da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, representantes das Xuntas de Persoal do conxunto das áreas sanitarias, representantes de Concellos, Grupos Parlamentares, asociacións de doentes, asociacións veciñais, asociacións de comerciantes, sindicatos e partidos políticos

ACORDAMOS:

Agradecer e apoiar ás traballadoras e traballadores do Novo Hospital de Vigo e á Xunta de Persoal a súa implicación na defensa dun hospital público e sen recortes.

Rexeitar a privatización do NHV.

Esixir o cese da Conselleira de Sanidade polos recortes e o desastre da xestión do proxecto do NHV.

Potenciar e ampliar a alianza contra a privatización da maior parte das organizacións sociais do país, porque o NHV non responde aos problemas e necesidades da área: listas de espera, conxestión de urxencias e déficit de recursos avanzados.

Esixir abrir unha investigación sobre as deficiencias do NHV para poder articular un Plan para solucionalas, para o que sería necesario constituír unha Comisión Técnica Plural con profesionais, cidadáns, técnicos e administracións.

Esixir á actual administración que denuncie o contrato e recupere a Concesión para a xestión pública por que vulnera a lexislación europea de CPP e a Lei de Contratos do Estado. Reclamamos utilizar o canon anual para acometer as reparacións necesarias.

Esixir que se planifique a reversión do concerto con Povisa e que a Sanidade pública preste servizo ao conxunto da cidadanía, asignando a Povisa o papel recollido no Acordo pola Sanidade do ano 2006.

Esixir que as instalacións dos anexos do H. Xeral manteñan o seu uso sanitario, incorporando un centro de Alta resolución, e a torre de hospitalización teña uso sociosanitario.

Reclamar transporte público especifico ao NHV para o conxunto de Concellos da Área Sanitaria.

Esixir a gratuidade do parking e de todos os servizos sanitarios e non sanitarios.

Solicitar o apoio ás mobilizacións en defensa da sanidade pública de todas as institucións representativas do conxunto da poboación (Concellos, Deputacións, Grupos Parlamentarios).

Comprometernos a manter no tempo e estender a mobilización ao resto das áreas sanitarias en defensa da sanidade pública.

Vigo, 21 de setembro de 2015

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: