MARCO Vigo: últimos días expo ‘LUIS SEOANE. Retrato de esguello’

unnamedEste domingo 27 de setembro clausúrase no MARCO a exposición ‘LUIS SEOANE. Retrato de esguello’ inaugurada o 12 de xuño nas salas da planta baixa. Serán pois os últimos días en que o público poderá visitar esta mostra, comisariada por David Barro e coproducida polo MARCO e a Fundación Luis Seoane, que se formula como revisión global da figura dun autor complexo e diverso, un creador de vocación universal.

A mostra de LUIS SEOANE é unha mirada de esguello que actúa que actúa a modo de punto de partida ou eixo sobre o que pivota o estudo pormenorizado de todo o seu legado en relación co contexto internacional da arte ata os nosos días. A exposición abrangue os seus máis de cincuenta anos de traxectoria artística a través dunhas 300 obras entre pinturas, debuxos, gravados, acuarelas, tapices, carteis publicitarios, bosquexos murais, deseños cerámicos e publicacións. Dende a Fundación Luis Seoane estase a traballar na edición do libro que, publicado pola Editorial Galaxia, completará a dobre vía, expositiva e editorial, deste proxecto.

+INFO en http://www.marcovigo.com/content/luis-seoane-retrato-de-esguello

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: