MATO DESTACA O LABOR DOS BANCOS DE ALIMENTOS PARA APOIAR E ASISTIR AOS COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Santiago na reunión anual da Federación estatal de bancos de alimentos
  • A Consellería mantén un convenio nominativo coa Federación galega que este ano conta cun incremento do 20% no orzamento, ata os 60.000 euros
  • Ademais, a Xunta, a FEGAMP e Banco de Alimentos asinaron un acordo para dar cobertura durante a época estival a aquelas familias en situación de especial vulnerabilidade con menores a cargo, que supuxo o reparto de 23.000 kilos de comida en 20 concellos, para beneficiar a 153 familias e 557 persoas
  • A conselleira indicou que a Orde de inclusión para entidades volveu a ampliar a súa contía en 2015 ata os 5,2 millóns de euros, é dicir, un 40% máis que en 2014
  • Beatriz Mato referiuse á atención aos refuxiados, indicou que Galicia conta xa con deceas de instalacións nas que podería dárselles acollida, e destacou a importancia da coordinación para “sumar esforzos, optimizar recursos e dar unha resposta real tanto a corto como a longo prazo a esta traxedia”

 

Santiago, 23 de setembro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe o labor da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) para apoiar e asistir aos colectivos en risco de exclusión social que, ao seu xuízo, “son un exemplo de xestión e aproveitamento da colaboración solidaria e desinteresada dos cidadáns”.

 

Beatriz Mato participou hoxe en Santiago na reunión anual da Federación estatal de bancos de alimentos e, na súa intervención, referiuse á estreita colaboración coa Federación galega. En primeiro lugar, a través do convenio de colaboración nominativo que existe desde 2013 e que, este ano, conta cun incremento do 20% no orzamento, ata os 60.000 euros, “para o reparto de alimentos a entidades benéficas para que persoas sen recursos poidan cubrir as súas necesidades alimenticias básicas”.

 

Ademais, a Xunta, a FEGAMP e Banco de Alimentos contan cun acordo a tres bandas para dar cobertura durante a época estival a aquelas familias en situación de especial vulnerabilidade con menores a cargo. Neste sentido, o Banco de Alimentos repartiu 23.000 kilos de comida en 20 concellos de Galicia este verán, para beneficiar a 153 familias e 557 persoas.

 

Así mesmo, a conselleira indicou que a Orde de inclusión para entidades volveu a ampliar a súa contía en 2015 ata os 5,2 millóns de euros, é dicir, un 40% máis que en 2014. Mato lembrou que “en tres anos a Consellería logrou incrementar nun 80% a partida destinada a entidades de inclusión social”, ademais de que, “por terceiro exercicio consecutivo, garántese que todos os comedores, albergues e centros de acollida autorizados reciban subvención”.

 

Doutra banda, a responsable de Benestar apuntou que a ‘Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020’ conta con 520 millóns para os seis anos e un total de 300 medidas que pretenden aportar “unha clara perspectiva integral na loita contra as situacións de exclusión e pobreza”.

 

Neste marco deseñouse o Plan de loita contra a desigualdade económica, con 23 medidas concretas que pretende “chegar a todos os colectivos en situación de vulnerabilidade ou risco de pobreza, con prioridade para as familias con menores a cargo” para cubrir as súas necesidades en materia de sanidade, vivenda e educación. Algunhas das súas medidas son o cheque escolar para a adquisición de material, o ticket eléctrico social, o bono aluguer ou a bonificación de medicamentos.

 

Por último, Beatriz Mato referiuse á atención aos refuxiados e indicou que Galicia conta xa con deceas de instalacións autonómicas, de entidades locais e de ONG nas que podería darse acollida a refuxiados. Neste sentido, destacou a importancia da coordinación e a capacidade de traballar unidos para “sumar esforzos, optimizar recursos e dar unha resposta sensata e real tanto a corto como a longo prazo a esta traxedia”.

 

Así, Mato relatou que este proceso conta con dúas fases: acollida e integración. Por iso “desde un primeiro momento quixemos contar con todos, especialmente coas ONG, para, coas súas aportacións, as das entidades locais e as da Xunta, desenvolver un plan integral que permita a Galicia dar unha resposta seria e coordinada”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: