ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui entregan 77 ‘cestas’ de comida ao Banco de Alimentos de Vigo

Os alimentos adquiríronse cos donativos recadados durante cinco días en oito sucursais nunha acción solidaria organizada polas dúas entidades

20150924 Entrega campana Banco Alimentos Vigo_1

24.09.2015. ABANCA e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui entregaron hoxe á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo 77 ‘cestas’ de comida, no marco da campaña solidaria de recadación de donativos desenvolvida conxuntamente por ambas as dúas entidades baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’.

Os alimentos, produtos básicos non perecedoiros, foron adquiridos cos donativos reunidos durante cinco xornadas en oito oficinas da entidade financeira no sur da provincia de Pontevedra. A campaña permitiu reunir, entre outros artigos, case 200 litros de leite e aceite, máis de 100 quilos de arroz, un centenar de caixas de papas de cereais e purés infantís, ademais de conservas de peixe e vexetais, legumes e leite infantil.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: