O FESTIVAL L.E.V. DESEMBARCA EN CURTOCIRCUÍTOCON PEZAS DE VANGARDA E CONCERTOS‏

 fd971335-c076-4a26-9c66-1cf69dad1a29

O festival internacional de creación audiovisual de Xixón, o L.E.V., será un dos protagonistas da próxima edición de Curtocircuíto. Desde o 2007, este proxecto traballa para ofrecer unha visión panorámica e ecléctica do amplo espectro de ramas presentes na creación ligada á música electrónica e as artes visuais; e logrou converterse neste tempo nunha referencia internacional neste eido. Así, a participación do L.E.V. en Curtocircuíto consistirá nunha proxección de pezas de vangarda, que intentan ofrecer unha aproximación ao espírito do festival, e en dous directos que fuxen da idea tradicional do concerto, para compor verdadeiras performances que combinan música e vídeo.

A escolma do L.E.V. proxectarase en NUMAX o sábado 10 de outubro. Reúne un conxunto de propostas de vangarda que experimentan con motivos visuais para desenvolver novas narrativas ligadas directamente co sonoro. Esta fusión de música e vídeos cobra especial relevancia no directo de Yro, artista francés que foi unha das grandes sensacións do último L.E.V. O seu espectáculo Triangles Irascibles é unha experiencia cinemática como poucas. Trátase dun ‘one-man-show’ no que manipula fotos en directo, proxectadas a través dun software especial, mentres selecciona treitos musicais que crean sinestesias, ecos e xeometrías audiovisuais. O espectáculo terá lugar na Fundación SGAE a noite do sábado 10 de outubro.

Irá seguido da actuación dos asturianos Skygaze + FIUM Live, grande éxito no Sónar. Con traballos que se moven entre o downtempo, o ambient, o hip hop e o future jazz, na estela de Flying Lotus, Skygaze é xa toda unha referencia do panorama nacional. O seu espectáculo inclúe a participación en directo de FIUM, Cristina de Silva e Nacho de la Vega, quen son tamén os responsables do L.E.V. As entradas para este dobre espectáculo poden adquirirse xa a través da web de Curtocircuíto. Teñen un prezo de 8 euros en venda anticipada, e de 10 no propio local.

De L.E.V. a WOSINC, a música protagonista

Se estes espectáculos se organizan en colaboración co L.E.V., non menos importantes son os concertos de Fumaça Preta na Zona C o xoves 8 de outubro; e o que clausura Curtocircuíto con Diola e Moon Duo na sala Capitol, o domingo 11 de outubro. Organizados xunto co festival WOSINC, estas actividades permiten que o certame conte este ano cunha intensificada vida noturna, ampliando a súa oferta lúdica e cultural.

Cun rock hipnótico e boas doses guitarreiras, os norteamericanos Moon Duo compoñen unha das bandas con máis carácter do actual panorama independente. A súa visita a Santiago supón unha primicia en Galicia na xira do seu novo disco,Shadow of the Sun. Os seus teloneiros, Diola, con membros saídos da popular banda galega Uncornibot, contan cun rock enérxico que combina á perfección cos ritmos do grupo dos EUA. Este concerto clausurará o festival.

A noite do xoves 8 perténcelle a Fumaça Preta, que encherá as paredes da Zona C co seu garaxe tropical de ritmos latinos. Estas entradas poden tamén adquirirse xa na web do festival, a un prezo de 6 (anticipada) / 8 (despacho de billetes) euros para o de Fumaça Preta. O da Capitol ten un coste de 12 / 14 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: