O PLAN DE EMPREGO AXUSTASE AS PREVISIÓNS DO ANTERIOR GOBERNO DO PP

O Porriño, xoves 24 de setembro.- O equipo de goberno do Concello do Porriño expresou hoxe “a súa satisfacción polo feito de que o Partido Popular no seu labor de oposición non atopa outro fallo que as presuntas irregularidades formais dun plan de emprego que se axusta ás previsións que eles mesmos realizaron”.

 

Na xustificación do proceso para a contratación de 70 peóns o anterior goberno sinala que “resulta constatado, conforme ao disposto en diversos informes municipais, a insuficiencia de persoal municipal para ou desenvolvemento de funcións propias dos departamentos de Vías e Obras e Servizos, ao tempo que se rexistra un gran volume de traballo imposible de executar únicamente polos minoritarios efectivos vinculados laboralmente a ditos departamentos”.

 

O informe destaca ademais que a falta de persoal “ocasinou o abandono, deterioro e perigrosidade dos referidos servizos e obras, resultando imprescindible a súa restauración e mantemento para o normal desenvolvemento da actividade municipal”. En concreto, refírese á situación excepcional dos servizos de Vías e Obras e Xardinería-Limpeza, “requerindose a urxente e inaprazable necesidade de realizar ditas obras ou servizos coas suas correspondentes contratacións, por tratarse dunhas obras ou servizos de sectores prioritarios que afectan ao funcionamento de servizos esenciais”.

 

A tramitación do expediente do plan de emprego coincidiu co desenvolvemento da campaña das eleccións municipais. Neste período o anterior goberno realizou numerosas obras de acondicionamento, limpeza de cunetas e estradas rurais, inicialmente previstas no devandito plan de emprego, pero que foron contratadas a empresas externas. Entre tanto, mantivo a 400 candidatos aos postos de peóns na incertidume sobre a selección de traballadores.

 

O actual equipo de goberno non só se viu na necesidade de reasignar tarefas aos 70 peóns contratados, senón que tamén tivo que dotar a estes traballadores das ferramentas e roupas adecuadas para realizar o seu traballo, e dos medios de transporte necesarios que en ningún caso foran contemplados polo anterior goberno. Na actualidade, os 70 traballadores están desenvolvendo as súas funcións de forma satisfactoria e segundo un plan de traballo racional e axustado á legalidade vixente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: