MEDIO AMBIENTE ACHEGA MAÑÁ A VIGO A CAMPAÑA MÁIS CLARO AUGA PARA CONCIENCIAR AOS CIDADÁNS SOBRE A IMPORTANCIA DO CONSUMO RESPONSABLE DESTE RECURSO

  • Durante todo o día un expositor informativo instalado no Porto de Vigo, nas inmediacións do centro comercial A Laxe, proporcionará consellos para o aforro de auga e distribuirá redutores de caudal
  • As principais recomendacións de aforro son sinxelas, como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán; ou instalar nas billas dispositivos de aforro de auga

 

Santiago, 25 de setembro de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo Augas de Galicia en coordinación coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, achega mañá, día 26, ata a cidade de Vigo a campaña Máis claro auga, coa que se fai finca pe na necesidade de facer un uso responsable da auga.

 

O obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de cómo pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos billas dispositivos de aforro de auga.

 

É importante subliñar que ter coidado co desperdicio da auga supón un aforro importante de cartos para familias e administracións públicas; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo, e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais

 

A campaña divulgativa con información na rúa insírese nunha acción de goberno global encamiñada a acadar un aforro deste recurso natural. En contra do que se poida pensa, en Galicia non sobra a auga, e é importante que cidadáns e administracións asimilen esta realidade e compartan a preocupación.

 

Durante todo o día, un expositor informativo instalado no Porto de Vigo, nas inmediacións do centro comercial A Laxe, proporcionará consellos para o aforro de auga e distribuiranse redutores de caudal.

 

Esta exposición remata mañá tras pasar polas cidades de Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela.

 

Ademais das accións divulgativas a pé de rúa, que inclúen o reparto de folletos informativos, a campaña que ten en marcha a Consellería de Medio ambiente, compleméntase coa distribución de cartelería así como accións divulgativas nos medios de comunicación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: