Archive | septiembre 28, 2015

Comunicado comité folga Althenia.

O comité de folga do servizo de reposición e mantemento das zonas verdes de Vigo, manifestan:

– Hoxe comezou a FOLGA INDEFINIDA do noso colectivo.

– O motivo da asistencia ao Pleno do Concello de Vigo foi para denunciar a xestión da concesión do servizo por parte do concelleiro de Parques e Xardíns. Na reunión celebrada con Angel Rivas, o pasado xoves día 17 de setembro, explicámoslle o que está a acontecer con Althenia, ademais da non aplicación do Convenio Propio de Centro de Traballo a 10 persoas. Demostrámoslle que xuridicamente temos razón, e que tanto o Concello como a empresa sabían que isto ía a acontecer.

– Os traballadores e traballadoras que asistimos ao pleno non abandonamos a sesión porque o alcalde o quixese, senón porque tiñamos unha reunión na Inspección de Traballo as 11 da mañá, que se ofreceu como mediadora na folga.

– Althenia, convocáranos para as 13 horas de hoxe, isto xa o di todo.

– A reunión foi absolutamente negativa, a empresa non ofreceu ningunha saída, ao contrario, quedou claro que non van a substituír nin aos xubilados/as e aforrar nos contratados/as.

– Ante a insistencia da mediación en poder chegar a un acordo, a empresa alegou que ían realizar un estudo.

– A nosa folga é porque queremos que todos e as que estamos na empresa cobremos o mesmo; se hai 10 traballadores/as cos que non é así, trátase dunha discriminación.

O Concello e Althenia consenten esta situación, nos non.

 

SON Estrella Galicia presenta la gira “Paramales” de Xoel López

unnamedSON Estrella Galicia presenta la gira “Paramales” de Xoel López

“Paramales” (Esmerarte 2015), el álbum nº 13 en la carrera de Xoel López y segundo en solitario, es un paso más en el sonido del gallego. Una puerta que se abre para dejar entrar aires contemporáneos y urbanitas en 13 canciones grabadas en los Estudios Reno de Madrid, pero concebidas a ambas orillas del Atlántico.

Revisionismo músico-personal con el que se atreve a rescatar desde su etapa mod y su gusto por el Northern Soul y Small Faces, hasta guiños afrogalaicos, pasando por sus habituales guitarras españolas, atrevidos juegos de stereos o riffs a los que nos tenía acostumbrados años atrás.

Su directo es toda una caravana musical: le acompañan 6 músicos en el escenario, entre los que se encuentran Miguel Rivera (Maga), Charlie Bautista (Russian Red, Christina Rosenvinge) o Iván González -Chapo (M Clan, Amaral).
Un disco para todos los públicos, edades y gustos musicales. Un Xoel López en estado de gracia que emprende este otoño su segunda gira con SON Estrella Galicia.

La vinculación del artista con la cervecera gallega se ha reforzado este 2015 gracias a su actual colaboración con el Equipo de El Mundo Today en el nuevo programa de Cadena SER: Oh My LOL Son Estrella Galicia (que se emite en la madrugada de los sábados), y a haber protagonizado el pasado mayo la presentación en sociedad delSON Estudio de Madrid, ocasión en la que se estrenó Paramales en directo en un programa especial de Radio 3conducido por Ángel Carmona y Julio Ródenas.

01 octubre, Sevilla, Teatro Quintero
02 octubre, Córdoba, Sala Hangar
16 octubre, Málaga, Sala Eventual
17 octubre, Granada, El Tren
13 noviembre, Zaragoza, Sala las Armas
20 noviembre, Valencia, Jerusalem Pop&Rock
21 noviembre, Murcia, Teatro Circo Murcia
04 diciembre, A Coruña, Finisterrae
12 diciembre, Vigo, Teatro A Fundación

ENTIDADES E EXPERTOS ACHEGAN AS SÚAS PRIORIDADES SOBRE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, CRECEMENTO SOSTIBLE, TURISMO, AGRO OU PESCA PARA ELABORAR O PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020

  • Santiago acolleu hoxe o terceiro e último foro de debate que se leva a cabo no marco da elaboración do Plan
  • O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, lembrou que é preciso aproveitar e fortalecer as potencialidades de Galicia para acadar un crecemento san
  • A titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, sinalou o amplo proceso de participación pública da nova Lei do Solo como exemplo da aposta da Xunta por definir o modelo de desenvolvemento sustentable coa máxima implicación social posible
  • O Goberno galego deu inicio o pasado mes de xullo ao proceso de participación da sociedade civil na elaboración do Plan Estratéxico 2015-2020

 

Santiago, 28 de setembro de 2015.- Representantes de entidades e colectivos sociais, expertos en diversos eidos do mundo da empresa, da innovación e da universidade achegaron hoxe as súas prioridades sobre ordenación do territorio, crecemento sostible, turismo, o agro e a pesca través dun foro de debate, que ten por obxectivo enriquecer o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020. Este é o terceiro e último foro destas características que se leva a cabo no marco da elaboración do Plan.

 

O foro de debate foi inaugurado esta mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. Durante a súa intervención, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez subliñou que “Galicia conta cun amplo abano de potencialidades” tanto no eido da ordenación do territorio e do crecemento sostible, do turismo e no sector primario que “debemos aproveitar e fortalecer para acadar ese crecemento san ao que aspiramos neste momento de recuperación económica”.

 

Neste sentido, resaltou a importancia de potenciar o turismo para o futuro de Galicia “tendo en conta que contamos cun medio ambiente e cunha cultura privilexiados”. Para logralo avogou pola innovación e a competitividade; polo deseño dunha oferta turística singular; e pola implantación do conxunto da cidadanía no obxectivo da captación de visitantes.

 

En canto ao sector primario sinalou que presenta importantes retos de futuro para asimilarse aos produtores atlánticos punteiros como son a reordenación das estruturas para acadar explotacións máis competitivas; incentivar a mobilidade das terras ou aproveitar o potencial do sector agrícola como base da produción alimentaria de calidade. E sobre o sector pesqueiro, afondou na idea de continuar mellorando as canles de comercialización e valorización do produto da industria extractiva e comercializadora.

 

Desenvolvemento sustentable

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez expuxo as liñas de traballo  postas en marcha polo o seu departamento co obxectivo de contribuír á implantación en Galicia dun modelo de desenvolvemento sustentable que, apuntou, para ser exitoso debe contar cun alto grao de participación social.

Nese sentido, apostou pola colaboración entre a Xunta, as administracións locais e os cidadáns para acertar no desenvolvemento do transporte público, a través do Plan de transporte metropolitano; as sendas peonís e ciclistas que  está a impulsar a Xunta; ou os plans destinados a sanear as rías galegas.

Como paradigma desa aposta pola implicación social na definición do modelo de  desenvolvemento sostible, Ethel Vázquez, referiuse á nova Lei do Solo que proximamente a Xunta remitirá ao Parlamento, logo dun amplo proceso de participación pública no que se escoitou a máis de 75 axentes e se realizaron máis de 30 encontros sectoriais.

Trátase, resaltou, dunha lei que nace con tres  obxectivos fundamentais: que os concellos conten cun planeamento de calidade nun tempo razoable, protexer a nosa paisaxe como símbolo da nosa identidade e dinamizar o medio rural, porque “non podemos concibir unha Galicia próspera sen un rural vivo”.

Proceso de participación

A Consellería de Facenda deu inicio o pasado mes de xullo ao proceso de participación da sociedade civil na elaboración do Plan Estratéxico 2015-2020, co obxectivo de coñecer as prioridades dos sectores participantes e obter así un documento final máis enriquecido polas achegas dos axentes sociais.

 

Así, está operativa unha páxina web (www.planestratexico.gal) a través da cal todos os axentes sociais poden coñecer o proceso de elaboración do plan e a documentación base sobre o mesmo. Deste xeito, calquera persoa ou entidade pode enviar á Xunta as súas achegas e suxestións.

 

O Plan Estratéxico 2015-2020 deséñase non como un plan da Administración, senón como un proxecto conxunto da sociedade civil, co obxectivo primordial de que Galicia sexa un territorio con máis emprego, máis competitividade e máis benestar. Para iso, a súa elaboración parte dun modelo evolucionado da tripla hélice (Administración, Universidade e Empresa), ao que se lle engade a sociedade civil.

TRABALLO AMPLÍA A CONTÍA DOS INCENTIVOS PARA A CONTRATACIÓN DE MOZOS E MOZAS INSCRITOS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a modificación da orde que convocaba estas axudas
  • Ademais, amplía o ámbito temporal das accións subvencionables, así como o prazo de presentación de solicitudes, ata o 31 de outubro
  • Así, pasarase a financiar o 100 por cento do custo salarial das contratacións indefinidas iniciais, mentres que as de carácter temporal recibirán unha axuda equivalente ao 50 por cento do custo salarial

 

Santiago, 28 de setembro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Traballo e Benestar que modifica o programa de incentivos á contratación dos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co fin de ampliar as contías das axudas e de estender ata o 31 de outubro tanto o ámbito temporal das accións subvencionables, como o prazo de presentación de solicitudes.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150928/AnuncioCA05-240915-0003_gl.html

 

Esta convocatoria, que conta cun orzamento de 3,2 millóns de euros, recolle dúas modalidades de axudas: para contratación indefinida e para temporal.

 

Con esta modificación, pasarase a financiar o 100 por cento do custo salarial da contratación indefinida inicial, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social e calculado sobre dúas anualidades. Esta subvención non poderá ser superior á contía do salario establecida no convenio colectivo sectorial ou de empresa aplicable ao contrato que se subvenciona. A convocatoria anterior recollía unha subvención de 7.000 euros, que podería incrementarse en 600 para mulleres, e ata 8.200 se a contratación era realizada por empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

 

Pola súa banda, nas contratacións temporais  a contía da subvención increméntase ata o 50 por cento do custo salarial establecido no contrato, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social. Se a persoa contratada é muller, ten unha discapacidade ou pertence a un colectivo en risco de exclusión social, a porcentaxe aumenta ata o 60 por cento. Ademais, se a contratación é realizada por unha empresa dun sector estratéxico, a axuda sería equivalente ao 65 por cento.

 

Na convocatoria anterior, as contratacións de carácter temporal a tempo completo, así como a súa transformación en indefinido –agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe-, contaban con axudas comprendidas entre 1.200 euros por un contrato de 6 meses e 3.600 euros para contratos en prácticas. As contías tamén se incrementaba se se contrataba a unha muller ou se a contratación era realizada por unha empresa do sector estratéxico.

 

Para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é necesario ter nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en España, estar empadroado en calquera municipio español, ser menor de 30 anos, non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.

TRABALLO E A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL IMPULSARÁN A INTERNACIONALIZACIÓN DAS COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS GALEGAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na Coruña na xornada inaugural e de presentación deste programa
  • Ao abeiro desta iniciativa, organizaranse tres xornadas máis, unha por provincia, e seleccionaranse a 30 cooperativas para asesoralas no deseño de plans estratéxicos de acceso a mercados exteriores
  • O departamento autonómico ten en marcha outros proxectos para favorecer o cooperativismo, como a rede Eusumo ou as ordes de axudas, nas que se inclúen subvencións específicas para as cooperativas xuvenís

 

A Coruña, 28 de setembro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar e a Escola de Organización Industrial (EOI) están a promover un novidoso programa de impulso á internacionalización das cooperativas agroalimentarias galegas, que lles ofrecerá formación e asesoramento para que poidan acceder a mercados exteriores.

 

Así o adiantou hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, que participou na Coruña na xornada inaugural deste programa, xunto co director da Fundación EOI, Fernando Bayón.

 

Ao abeiro deste iniciativa, organizaranse catro xornadas en todas as provincias. Así, á celebrada hoxe na Coruña, sumarase mañá unha en Ourense; o mércores en Lugo; e o xoves en Silleda.

 

As cooperativas participantes poderán solicitar que se realice un diagnóstico sobre as súas capacidades de acceso a novos mercados exteriores. Posteriormente, seleccionaranse ás 30 que teñan maior potencial de internacionalización para asesoralas no deseño de plans estratéxicos.

 

“Ampliar os mercados das cooperativas supón un avance esencial para garantir a súa sostenibilidade e multiplicar as súas oportunidades de futuro”, subliñou Mato, quen considerou que as materias primas alimentarias galegas son dunha “calidade altísima”, polo que poden “chegar a ser obxecto dunha gran demanda internacional”.

 

Actualmente, en Galicia están funcionando 350 cooperativas agrarias, 21 de explotación comunitaria da terra e 43 do mar. En total, supoñen un terzo de todas as cooperativas da comunidade autónoma, que son a día de hoxe 1.268, un 13,5 por cento máis das que había en 2009. Deste total, forman parte 93.000 socios e xeran cerca de 21.000 postos de traballo directo, isto é, “máis do 2 por cento dos ocupados en Galicia están vinculados a esta fórmula de economía social”.

 

Ao respecto destas cifras, Mato fixo fincapé en que o número de cooperativas “segue aumentando ano a ano. Só en 2014 creáronse 69, a maior cifra de constitucións na última década”. Con todo, o obxectivo é que o sector continúe avanzando, de aí que a Xunta estea a impulsar distintas iniciativas para conseguilo.

Deste xeito, ademais do programa presentado hoxe, a conselleira puxo en valor outras iniciativas como a creación en 2012 da Rede Eusumo. Actualmente, conta con 72 entidades adheridas, ten organizado máis de 600 actividades formativas ata o momento, e ao seu abeiro téñense creado xa 100 cooperativas que xeran 400 empregos directos.

 

Ademais, estase promovendo esta fórmula entre a mocidade. Xa o ano pasado impulsouse a figura das cooperativas xuvenís (nas que a maioría dos seus membros son mozos e mozas), e neste exercicio consolidouse de novo esta aposta ao volverse a convocar axudas para o fomento e creación de cooperativas impulsadas pola mocidade, cun investimento de 200.000 euros. A esta convocatoria súmase a orde de fomento do cooperativismo para inscritos no sistema de Garantía Xuvenil, que dispón dun orzamento de 775.000 euros. Así, en total, destínase preto dun millón de euros para a promoción do cooperativismo entre os mozos e mozas galegas.

 

“En definitiva”, rematou Mato”, “imos seguir esforzándonos para garantir o presente e futuro do cooperativismo en Galicia e para ofrecer novas e mellores oportunidades a todos os socios e traballadores destas sociedades”.

MEDIO AMBIENTE MELLORA A SEGURIDADE PEONIL DA ESTRADA PO-340 NA CONTORNA DO ENLACE COA AUTOPISTA DO VAL MIÑOR

  • Execútase unha senda peonil de 220 m que bordeará a glorieta baixo o viaduto da AG-57 ao seu paso por Nigrán cun investimento que supera os 40.000 euros
  • A actuación complementa ás obras realizadas antes do verán coas que se ampliou e diferenciou a beiravía en ambas marxes da estrada entre Gondomar e A Ramallosa
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe á zona para informar desta actuación e tamén da demolición do frontón levada a cabo na travesía de Praia América

 

Nigrán, 28 de setembro de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar a execución dunha senda peonil na estrada PO-340 que mellorará a seguridade dos peóns na contorna do enlace coa autopista AG-57. A obra complementará á actuación levada a cabo neste verán nas dúas marxes deste vial entre Gondomar e A Ramallosa, coa que se sinalizou unha zona diferenciada para circulación mais segura dos peóns.

 

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto ao alcalde da localidade de Nigrán, Juan González, e o xefe territorial da Consellería de MATI, José Luis Díez, informou que as obras, que executa a Axencia Galega de Infraestruturas, consistirán na execución dunha senda para uso peonil que rodee a glorieta existente no punto quilométrico 19+540 da estrada PO-340, baixo o viaduto da autopista AG-57, no Concello de Nigrán.

 

A senda terá unha lonxitude aproximada de 220 metros e executarase anexa á beiravía existente, cruzando a nivel os ramais sentido Baiona da autoestrada. Contará cun ancho libre de 2 metros, e cun pavimento de formigón de cor area.

 

Sobre a senda se instalará unha barreira metálica de protección para separación da beiravía e unha varanda de protección no lado exterior, nos treitos que resulte necesario. Ademais, reforzarase a sinalización horizontal e vertical do treito, para advertir da presenza de peóns.

 

Como actuacións complementarias, disporanse tubaxes baixo a senda que permitan a continuidade dos sistemas de recollida de augas de drenaxe e repoñerase a malla metálica de cerramento existente polo exterior dos ramais da autopista.

 

A duración estimada das obras é de seis semanas, polo que quedarán finalizadas neste outono. Na imaxe que se achega amósase o deseño da actuación:clip_image002

Demolición do frontón na travesía de Praia América

A delegada aproveitou a visita para informar tamén que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), xa ten en marcha dende a semana pasada a demolición do frontón existente na estrada Vigo – A Ramallosa na travesía de Praia América. A actuación prográmase tras o Auto emitido no pasado mes de xuño polo xulgado no que se autoriza á súa retirada.

 

O muro, situado na marxe dereita da estrada PO-325 no punto quilometro 14+200 interrompe a vía de servizo executada pola consellería no marco da obras de mellora da seguridade viaria rematadas no verán de 2013, polo que a súa retirada permitirá dar continuidade a este vial e á beirarrúa unha vez se finalice a demolición.

 

O contrato de obras foi adxudicado a NAROM S.L. por 47.524,19 euros. As tarefas previstas quedarán rematadas no prazo aproximado de dúas semanas.

 

Estas obras, nas que o goberno autonómico inverteu mais de 17 millóns de euros, tiveron por obxecto mellorar a seguridade viaria da infraestrutura, ampliando a sección transversal para habilitar unha senda para peóns e ciclistas (que anteriormente circulaban pola estreita beiravía coa que contaba a estrada) e mellorando interseccións.

 

Ademais, na travesía de Praia América (Rans) a sección tipo incrementouse, axustándose ás previsións do PXOM, para dotar á estrada dun boulevard que resolve con maior seguridade o importante tráfico de axitación desta zona da estrada e permite dotar ao treito dun maior número de prazas de aparcamento, moi demandadas polo conxunto dos veciños e visitantes da zona.

 

Os propietarios da finca situada no PK 14+200, que conta muro de formigón de importante altura que serve de frontón, amosaron o seu desacordo e recorreron a retirada total do mesmo, polo que a administración suspendeu a demolición á espera dunha resolución xudicial. O Xulgado Contencioso – Administrativo de Vigo ditou auto no pasado mes de xuño autorizando á CMATI á retirada do cerramento, que merma a seguridade viaria da estrada.

 

Outras actuacións no Val Miñor

A Consellería de Medio Ambiente ten entre as súas prioridades en materia de estradas a execución de obras para a mellora do estado de conservación a da seguridade viaria das estradas da  rede autonómica.

 

A obra que se inicia nestes días complementará á levada a cabo polo goberno autonómico neste mesmo ano para mellora da seguridade viaria na estrada PO-340 dende a saída de Gondomar ata a Ramallosa, na que se inverteron 84.000 euros. Os traballos realizados de redistribución da sección transversal da infraestrutura, permitiron habilitar un espazo diferenciado para a circulacións dos peóns en todo o tramo, salvo baixo o viaduto da autopista no que a plataforma afirmada non tiña o ancho suficiente para sinalizar unha senda.

 

Nesta mesma estrada, o departamento de Infraestruturas ten previsto acometer nas vindeiras semanas a rehabilitación do firme no treito comprendido entre A Texosa (PK 19+000) e a glorieta da Ramallosa (PK 21+500). Esta mellora executarase no marco do contrato licitado no pasado mes de abril para o reforzo do firme das estradas PO-552, PO-340 e PO-325, co que xa se está a reparar o firme da estrada PO-552. O orzamento destas obras aproxímase aos 400.000 €.

 

En materia de seguridade viaria, a Xunta de Galicia vén de rematar no mes de agosto a obra de prolongación do carril bici da estrada PO-552 entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 (na que se inverteron mais de 175.000 €), que permite a continuidade entre o paseo existente en Baiona (que chega ata A Ramallosa) e o carríl bici executado en anos anteriores entre Baiona e A Guarda polo goberno autonómico..