Comunicado comité folga Althenia.
O comité de folga do servizo de reposición e mantemento das zonas verdes de Vigo, manifestan:
– Hoxe comezou a FOLGA INDEFINIDA do noso colectivo.
– O motivo da asistencia ao Pleno do Concello de Vigo foi para denunciar a xestión da concesión do servizo por parte do concelleiro de Parques e Xardíns. Na reunión celebrada con Angel Rivas, o pasado xoves día 17 de setembro, explicámoslle o que está a acontecer con Althenia, ademais da non aplicación do Convenio Propio de Centro de Traballo a 10 persoas. Demostrámoslle que xuridicamente temos razón, e que tanto o Concello como a empresa sabían que isto ía a acontecer.
– Os traballadores e traballadoras que asistimos ao pleno non abandonamos a sesión porque o alcalde o quixese, senón porque tiñamos unha reunión na Inspección de Traballo as 11 da mañá, que se ofreceu como mediadora na folga.
– Althenia, convocáranos para as 13 horas de hoxe, isto xa o di todo.
– A reunión foi absolutamente negativa, a empresa non ofreceu ningunha saída, ao contrario, quedou claro que non van a substituír nin aos xubilados/as e aforrar nos contratados/as.
– Ante a insistencia da mediación en poder chegar a un acordo, a empresa alegou que ían realizar un estudo.
– A nosa folga é porque queremos que todos e as que estamos na empresa cobremos o mesmo; se hai 10 traballadores/as cos que non é así, trátase dunha discriminación.
O Concello e Althenia consenten esta situación, nos non.