TRABALLO AMPLÍA A CONTÍA DOS INCENTIVOS PARA A CONTRATACIÓN DE MOZOS E MOZAS INSCRITOS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a modificación da orde que convocaba estas axudas
  • Ademais, amplía o ámbito temporal das accións subvencionables, así como o prazo de presentación de solicitudes, ata o 31 de outubro
  • Así, pasarase a financiar o 100 por cento do custo salarial das contratacións indefinidas iniciais, mentres que as de carácter temporal recibirán unha axuda equivalente ao 50 por cento do custo salarial

 

Santiago, 28 de setembro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Traballo e Benestar que modifica o programa de incentivos á contratación dos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co fin de ampliar as contías das axudas e de estender ata o 31 de outubro tanto o ámbito temporal das accións subvencionables, como o prazo de presentación de solicitudes.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150928/AnuncioCA05-240915-0003_gl.html

 

Esta convocatoria, que conta cun orzamento de 3,2 millóns de euros, recolle dúas modalidades de axudas: para contratación indefinida e para temporal.

 

Con esta modificación, pasarase a financiar o 100 por cento do custo salarial da contratación indefinida inicial, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social e calculado sobre dúas anualidades. Esta subvención non poderá ser superior á contía do salario establecida no convenio colectivo sectorial ou de empresa aplicable ao contrato que se subvenciona. A convocatoria anterior recollía unha subvención de 7.000 euros, que podería incrementarse en 600 para mulleres, e ata 8.200 se a contratación era realizada por empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

 

Pola súa banda, nas contratacións temporais  a contía da subvención increméntase ata o 50 por cento do custo salarial establecido no contrato, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social. Se a persoa contratada é muller, ten unha discapacidade ou pertence a un colectivo en risco de exclusión social, a porcentaxe aumenta ata o 60 por cento. Ademais, se a contratación é realizada por unha empresa dun sector estratéxico, a axuda sería equivalente ao 65 por cento.

 

Na convocatoria anterior, as contratacións de carácter temporal a tempo completo, así como a súa transformación en indefinido –agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe-, contaban con axudas comprendidas entre 1.200 euros por un contrato de 6 meses e 3.600 euros para contratos en prácticas. As contías tamén se incrementaba se se contrataba a unha muller ou se a contratación era realizada por unha empresa do sector estratéxico.

 

Para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é necesario ter nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en España, estar empadroado en calquera municipio español, ser menor de 30 anos, non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: