Convocatoria acto Día Internacional das Persoas Maiores

unnamedA Fundación Galicia Obra Social (Afundación) celebrará mañá o Día Internacional das Persoas Maiores, instituído pola ONU en 1990. En 2015 esta conmemoración dedícase á «sostibilidade e inclusión das persoas maiores na contorna urbana», tendo en conta que se está acelerando o proceso de concentración da poboación en áreas urbanas e que para 2050 se espera que as persoas de máis de 60 anos superen o 20 % da poboación mundial. Afundación súmase a este obxectivo, dentro do seu proxecto de envellecemento activo, cun acto reivindicativo para dar visibilidade ao papel dos maiores. Deste xeito instalará unphotocall, en horario de 11.00 a 13.00 h. e de 17.00 a 20.00 h., nas súas sedes das cidades da Coruña, Lugo e Santiago de Compostela, nos centros de maiores de Ferrol, Ourense, Pontevedra, Monforte, Pontedeume, Betanzos e Viveiro e no Teatro Afundación de Vigo, no que convidan á cidadanía a participar facendo fotografías sostendo mensaxes que apoien a campaña. En Vigo, o photocall instalarase diante do Teatro Afundación e contará coa presenza ás 11.00 h. da concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, do patrón de Afundación, Óscar Villar e do director xerente de Afundación, Pedro Otero.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: