A MODIFICACION ORZAMENTARIA PARA PERMITIR O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO FOI APARTADA DA ORDE DO DIA DO PLENO

O Porriño

“Uns temos como prioridade sacar adiante as necesidades dos vecinos de O  Porriño e outros queren atenazarnos para que non o podamos facer”. Con
esta frase  a alcaldesa, Eva García de la Torre, puxo fin ao debate da
modificación orzamentaria que se debatiu este mércores no Pleno
ordinario do Concello e que, finalmente, cos votos dos concelleiros do
Partido Popular, EU Son e BNG, foi apartada da orde do día.

Este era o punto central deste Pleno que, segundo sinalou o grupo de
Goberno, plantexaba á Corporación para afrontar a “situación límite” na
que se atopa a xestión municipal ao non poder facer fronte a gastos
necesarios para o funcionamento diario do Concello.

A modificación plantexaba a necesidade de aprobar un suplemento de creto
de 651.000 €, lembrando que as partidas de gasto corrente foran
esgotadas polo anterior goberno do PP nos primeiros meses do ano, boa
parte das mesmas cando xa se convocaran as Eleccións Municipais do
pasado mes de maio.

A alcaldesa lembrou que, días antes, plantexou esta necesidade aos
representantes dos grupos políticos e que chegou a un consenso para
deixar fora do debate de hoxe o estudo das facturas aprobadas polo
anterior goberno, e o uso do superávit para acometer inversión
sostibles, tal e como autoriza a Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Maila a elo, o BNG rexeitou considerar este suplemento de creto alegando
que o mesmo non sinalaba, partida por partida, o destiño final da mesma,
argumento ao que se sumou o concelleiro de EU Son.

Pola súa banda, o Partido Popular rexeitou que, como expuso o primeiro
tenente de alcalde, Manuel Carrera, carecer de fondos para acometer
obras en beirarúas ou dotar de medios para que poidan traballar as 70
persoas que integran o Plan de Emprego, fose unha das urxencias que
xustificasen a petición da modificación orzamentaria.

En base a estos argumentos, e ainda do chamamento da alcaldesa ao grupo
popular para que asumise “a súa responsabilidade política por unha
situación causada por vostedes e que vai afectar aos veciños” e, cando
menos se abstivese, os concelleiros populares deron a súa conformidade á
retirada do punto da orde do día.

Ante esta situación, o goberno local convocará, coa maior urxencia, un
Pleno Extraordinario no que se tratará a modificación orzamentaria que
permita seguir co funcionamento do Concello.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: