Manuel Carrera acada una data pechada para o remate das obras que Tragsa ten levantadas en todo O Porriño

obras_Cans3 Logo das razonabeis queixas dos veciños ante o inexplicable retraso e o xeito de proceder da concesionaria, o primeiro tenente de alcalde do  Porriño e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, como adiantara no Pleno de onte, forzou unha xuntanza, «a pé de obra, dende a N-120 ata o Cemiterio de Cans», con representantes da  Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Eptisa, a firma de enxeñería, e a concesionaria, Tragsa, para acometer os problemas nas actuacións que afectan a as parroquias porriñesas.

Nunha xuntanza que Carrera calificou como «dura», lembrou que  dende, xuño a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a realizar os traballos de saneamento para a colocación de bombas de impulsión, que faran chegar as augas residuais á Estación Depuradora (EDAR) de Guillarei, actuacións que, «sin xustificación, ainda que se pediu incontabeis veces explicacións a Tragsa» están sufrindo paróns que «están ocasionando numerosas molestias aos veciños, que non se remataban, mantendo fochancas abertas en varios lugares do concello».

O concelleiro de Vías e Obras esixiu a Joaquín López, representante da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; Carlos González, de Eptisa; e Ramiro Iglesias,de Tragsa, pechar inmediatamente un prazo de execución, «poñer a maior atención nas obras e actuar con máis responsabilidade á hora de comezar e rematar un traballo».

O representante de Tragsa comprometeuse a que esta mesma semana queden finalizadas completamente as obras en Cans, atendendo a observación de Manuel Carrera de que «se remate o asfaltado de todos os tramos abertos». Tamén obtivo o acordo de todas as partes de que os traballos que están facéndose no resto do Porriño rematen o mes que ven e que, a finais deste mesmo ano, os colectores entren en servizo conectando todas as parroquias do Concello.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: