A CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS VOLVE MEDRAR E ACADOU NO TERCEIRO TRIMESTRE O NIVEL MÁIS ALTO DENDE 2003

  • Tamén melloran as perspectivas das familias galegas sobre a situación financeira persoal, a capacidade de aforro e a evolución do desemprego
  • Por primeira vez en doce anos, o indicador que analiza as perspectivas sobre a evolución económica de Galicia sitúase en taxas positivas
  • Segundo o IGE, a porcentaxe de fogares que chega con dificultades a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos

 

Santiago, 2 de outubro de 2015.- A confianza dos fogares galegos seguiu mostrando unha evolución positiva durante o terceiro trimestre do ano, e sitúase xa no nivel máis alto dende 2003. Así o reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que sinala que o Indicador de Confianza do Consumidor (ICC) mellorou en 3,2 puntos respecto ao trimestre anterior e en 8,5 puntos durante o último ano.

Este indicador, de carácter trimestral, mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación financeira persoal evolucionaron de forma positiva no terceiro trimestre, ao igual que as expectativas sobre a capacidade futura de aforro, que melloran en 4,6 puntos sobre o trimestre anterior.

De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a evolución do desemprego e sobre as perspectivas de evolución da economía galega. Precisamente, este último indicador situouse no terceiro trimestre en taxas positivas, algo que non sucedía dende hai doce anos.

 

Situación dos fogares

O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Coxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses.

Os datos correspondentes ao terceiro trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos en comparación co trimestre anterior. 

  ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2012/I -29,04 -13,69 -28,17 -33,05 -41,24
2012/II -32,93 -17,12 -32,44 -35,94 -46,20
2012/III -40,83 -23,00 -31,24 -51,17 -57,92
2012/IV -41,45 -26,18 -41,93 -46,28 -51,42
2013/I -43,26 -27,34 -40,12 -51,12 -54,46
2013/II -36,38 -19,68 -28,89 -47,19 -49,77
2013/III -28,07 -11,55 -25,06 -40,00 -35,65
2013/IV -29,80 -11,69 -32,74 -34,82 -39,95
2014/I -25,29 -14,48 -31,56 -28,05 -27,08
2014/II -15,90 -9,33 -22,59 -15,97 -15,73
2014/III -17,16 -13,40 -26,30 -15,32 -13,64
2014/IV -17,00 -5,45 -35,86 -10,03 -16,68
2015/I -9,94 -5,53 -32,32 -0,38 -1,52
2015/II -11,88 -3,17 -37,55 -3,58 -3,23
2015/III -8,69 -2,84 -32,90 1,76 -0,78

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: