AA++ e Nistra inauguran mañá Curtocircuíto

image2Mañá terá lugar a festa de presentación de Curtocircuíto na Zona C, ás 20:30 horas. O acto consistirá na film performance Cinema Expandido Doméstico, do colectivo AA++. Mediante a proxección de metraxe atopada con multipantalla e narración en directo, este dúo, composto por Ana Domínguez e Ángel Rueda –directores da (S8) Mostra de Cinema Periférico–; dá unha nova dimensión ao arquivo doméstico. Este cine construído en directo, coas súas técnicas de colaxe e proxeccións múltiples, intensifica o aspecto atemporal das imaxes. Un espectáculo para abrir boca de cara a unha semana, do 6 ao 11 de outubro, cargada de cine.

Logo da performance, haberá un viño galego, cortesía de Mara Martín. Ao tempo, o colectivo santiagués Nistra porá a música e máis imaxes co seu primeiro proxecto: Nistra Batuko Exploration. Como un alegato cosmopolita que entrecruza intereses demográficos e música avanzada, este dúo (Adrián Canoura e Anxo Rodríguez) colabora xunto ao grupo de traballadoras caboverdianas Batuko Tabanka, unha sorte de coral africana afincada en Burela. A súa depurada electrónica, mesturada cos ritmos populares caboverdianos, ten como resultado pezas dunha gran contemporaneidade.

Asistir ao acto é de balde, previa retirada de convite no Teatro Principal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: