GALICIA PECHA O MES DE SETEMBRO CUN TOTAL DE 215.737 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, destacou que Galicia xa acumula case dous anos de baixadas interanuais consecutivas
  • Grazas a esta evolución, a cifra de desempregados actual sitúase a niveis inferiores aos de 2010
  • Trátase da segunda maior baixada interanual nun mes de setembro de toda a serie histórica
  • Destacou o comportamento da construción e da industria, sectores nos que descende o paro rexistrado

 

Santiago, 2 de outubro de 2015.- Galicia pechou o mes de setembro cun total de 215.737 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 0,94 por cento con respecto ao mes anterior (+2.005 persoas).

 

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, puxo hoxe en valor o comportamento interanual do paro rexistrado en Galicia, posto que xa se acumulan case dous anos de descensos interanuais consecutivos. En concreto, esta é a vixésimo terceira baixada. Así, este setembro o paro descendeu en 22.466 persoas (-9,43%) con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón a segunda maior baixada interanual dun mes de setembro de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.

 

Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2010, polo que “hoxe temos menos inscritos nas oficinas dos que había hai cinco anos”.

 

En España, o desemprego aumentou en 26.087 persoas, un 0,64 por cento, ata situarse nos 4.094.042 parados. En termos interanuais, o paro en España diminuíu nun 7,95%, polo que Galicia sitúase por riba da media estatal nesta evolución.

 

Por sectores, o aumento do desemprego mensual concéntrase exclusivamente no sector servizos (+3.260), debido ao remate da tempada estival, mentres que descende nos restantes. Destaca especialmente o bo comportamento da construción (-753) e da industria (-357), sectores que non están tan condicionados polo final do verán. Tamén baixa no colectivo sen emprego anterior (-73) e na agricultura e a pesca (-72).

 

Por provincias, o desemprego incrementouse en todas elas, agás en Ourense, onde baixa en 58 persoas. Aumenta especialmente en Pontevedra (+1.391), seguida por Lugo (+492), e A Coruña (+180).

 

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 87.553 contratos, 11.589 máis que no mes anterior. Deste total, 6.097 foron indefinidos (6,96%), e 81.456 temporais (93,04%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 8,95%.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: