Concello do Porriño
A alcaldesa do Porriño participou na celebración dos 30 anos de Darlim
O Porriño, venres 2 outubro.- Nun acto cheo de emotividade, que se celebrou no Polígono de A Granxa, ao que asistiu o conselleiro de Industria, Francisco Conde, a directora xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e representantes do eido da economía e a empresa de toda Galicia, a alcaldesa do Porriño felicitou este venres ao equipo directivo e aos traballadores de Darlim polos seus primeiros 30 anos de vida.
“É unha honra poder darlle a noraboa a unha empresa senlleira en Porriño que acadou as mairandes cotas de éxito a nivel de toda España”, dixo Eva García de la Torre, lembrando que Darlim é, a día de hoxe a primeira firma distribuidora de productos de limpeza profesional de todo o Estado.
A alcaldesa agradeceu ao seu fundador e, ata hoxe, director xeral Indalecio Cuevas, a súa acollida dende que chegou a Alcaldía e o seu “exemplo e bo facer, como empresario e como pai de familia”, en referencia ao anuncio que fixo hoxe de ceder o mando da empresa ao seu fillo Saúl.
García de la Torre lembrou o seu empeño en abrir as portas do Concello a todos, “e, como non, os empresarios que, como Indalecio Cuevas que decidiu que a central de Darlim esté aquí, dende donde medrou, dentro e fora de España, levando o nome do Porriño”.
Hai que salientar que Darlim, empresa familiar cento por cento galega, ten na actualidade máis de 4.500 clientes, 14 franquicias, 3 centros de distribución, 75 empregados, delegacións en Portugal, Guinea Ecuatorial, Colombia e, nos vindeiros meses, dous países maís, o cal representa unha facturación anual que supera os 15 millóns de euros.
Balance de 100 días de goberno
EVA GARCIA DE LA TORRE: “Gobernamos para que O Porriño sexa para os porriñeses”
“Tiñamos a intención, cando chegamos ao goberno, de que Porriño fose para os porriñeses e iso é aos que nos adicamos, por enteiro, durante estos primeiros 100 días de xestión”. A socialista Eva García de la Torre está a fronte do Concello do Porriño gobernando en coalición coa Unión Democrática da Louriña (UDDL), dende xuño pasado, logo de obter a confianza, para a súa investidura, do Bloque Nacionalista Galego e EU Son.
SOLUCIÓN PARA O PASO A NIVEL
Neste tempo o novo goberno acometeu a solución do perigo que supón, dende hai décadas, ter un paso a nivel polo medio do concello, perigo que viuse agravado polos continuos fallos no sistema de barreiras. Para acabar co mesmo, a alcaldesa entrevistouse, en Madrid, co director xeral de Administradora de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) e chegou ao acordo de suscribir un convenio polo cal proxectarase un paso soterrado, que será utilizado, ao 50% por vehículos e peóns e que evitará o cruzamento por riba das vías. A intención é que o mesmo esté asinado neste mesmo mandato para o cal, ademáis de solicitar a colaboración doutras administracións, entre elas a Deputación e o propio Goberno do Estado, pedirá á Xunta a cesión ao Concelo do Porriño da titularidade das rúas Progreso e Avenida de Bos Aires, de xeito que a sinatura do acordo con ADIF reporte menos complicacións e poida ser executado no menor tempo posible.
MAIS PARTIDAS PARA EMERXENCIA SOCIAL
Nos pasados tres meses, o goberno local pechou varios acordos con entidades financieiras, mediante a intermediación persoal de Eva García de la Torre, para evitar o desafiuzamento de 3 familias na que non traballa ningún dos seus membros e que non podían facer fronte ao pago das hipotecas. Este acordo permitiu que permancesen nas súas casas asumindo un alugueiro social de 100 € mensuais.
O mesmo procedemento, mediante a intermediación do Concello con inmobiliarias e particulares, permitiu que 3 familias máis que non podrían facerlle fronte ao pago do aluguer non se visen na rúa.
Ademaís destas accións, o goberno do Porriño cuadriplicou as partidas para afrontar situacións de Emerxencia Social, que pasaron de 25.000 a 100.000 €, o que permitiu que veciños que non podían satisfacer as súas necesidades básicas, como a compra de alimentos ou o pago dos recibos de luz e auga, teñan as mesmas cubertas. Estas axudas páganse xa en 20 días, fronte aos 2 e 3 meses que se demoraban ata o de agora. Neste sentido, nas vindeiras semans, empezará a diseñarse a posta en marcha da ‘tarxeta social’, que se entregará directamente no Concello, e que permitirá aos porriñeses que pasen dificultades poder facer compras en establecementos da vila, “preservando a súa dignidade”.
No eido da Educación, o novo goberno dotou cunha partida de 50.000 € ao comedor escolar do CEIP Ribeira de Louro, que ata ese momento recibirá do Concello 2.400 dos 3.000 € que asinara o anterior alcalde. Esta xestión permitiu que o número de rapaces que agora comen no colexio supere o centenar. Ao tempo, pechouse un convenio coa Asociación de Nais e Pais (ANPA) do mesmo para que xestionen esta cantidade, convenio que recolle o compromiso municipal de facerse cargo das facturas pendentes que teña o centro.
Aos poucos días de iniciar o seu mandato, o novo goberno tivo que asumir a reparación da piscina municipal, “que estaba nun estado de conservación lamentable” o cal precisou dun plan de actuación urxente para unha reparación prácticamente total, dada a falla de permeabilización, as fisuras no vaso ou a inutilidade dos sumideiros, unha xestión que foi realizada sen custo adicional para as contas locais.
NOVO PLAN DE EMPREGO
Coa colaboración da Deputación, foi posible dotar de calzado, roupa, transporte ou ferramentas ás 70 persoas que integraban o Plan de Emprego Local e que, ata ese intre carecían do material básico para realizar o seu traballo. A intención do equipo de goberno é rematar, de cara ao ano que ven, o diseño dun novo Plan de Emprego útil, distinto do actual no que os seus beneficiarios cobran 400 € por xornadas de 5 horas, unha medida que a alcaldesa entende que non soluciona a súa situación nin favorece a súa empleabilidade.
Eva García de la Torre, que non delegou a xefatura de persoal municipal, iniciou, persoalmente, a tarefa de fiscalización e control dos gastos; encarou a difícil situación na que se atopaba a Policía Local, cesando ao anterior xefe, que está sendo investigado por presuntas irregularidades, ordeando que os axentes estivesen preto dos cidadáns, que fixesen as rondas a pé pola zona peatonal do centro do Porriño e que fixesen cumprir as normas con cercanía e amabilidade; ademáis, iniciou os contactos cos distintos grupos políticos para levar a un Pleno Extraordinario da Corporación, o debate sobre as facturas pendentes de pagamento, preto de 287.000 €, para o cumprimento dos prazos do mesmo, a inversión de parte do superávit do Concello, uns 2 millóns de euros, en inversións financieiras sostibles e a necesidade de unha modificación orzamentaria, mediante un suplemento de creto de 651.000 €,que permita facer fronte aos gastos correntes e ordinarios de funcionamento da Administración Municipal.
Afundación súmase á celebración do Día da Educación Financeira con actividades para maiores e xente moza
A Fundación Galicia Obra Social, Afundación, sumarase o vindeiro luns 5 de outubro á celebración do Día da Educación Financeira, que se convoca por primeira vez en 2015, coa organización de xogos de educación financeira nos seus once centros de maiores e unha conferencia sobre as necesidades financeiras ao longo da vida, que terá lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Esta celebración, promovida polo Banco de España, enmárcase no Plan de Educación Financeira 2013-2017 ao que están adheridas institucións e entidades de todo o estado. Afundación, coa colaboración de ABANCA, participa neste plan coa organización de distintas actividades dirixidas principalmente a maiores e escolares, que se estenderán durante todo o curso 2015-2016.