Concello de Vigo

 


O alcalde reclama que se resolvan as carencias do novo hospital

Nunha reunión celebrada este venres pola mañá no Concello, un grupo de profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro explicáronlle a Abel Caballero que o centro presenta deficiencias estruturais, fallos de organización e que o espazo para atender as urxencias “xa está esgotado”. Por iso, o rexedor decidiu enviarlle unha carta ao presidente Feijóo demandando a resolución de todos os desperfectos que presenta.

 


O rexedor pon en valor o traballo da Policía Nacional en Vigo

A Policía Nacional celebra este venres 2 de outubro o día do seu patrón, os Santos Anxos Custodios, cun acto que se desenvolveu na Comisaría de López Mora e que contou coa presenza de Abel Caballero, quen quixo transmitirlles “todo o meu apoio, solidariedade e afecto polo traballo excepcional que están facendo na cidade. Vigo é unha cidade segura e o labor policial merece o recoñecemento da cidadanía”.

 


O alcalde recoñece a calidade literaria dos relatos presentados ao Certame Vigo Histórico

“A vida dun lapis” de Julio Fernández Peláez é o relato gañador da segunda edición do concurso que organiza a Editorial Elvira en colaboración coa Asociación de Comerciantes do Casco Vello da cidade. O xurado tivo que decidir entre 174 textos, escritos en galego e castelán, chegados dende Galicia, diferentes cidades españolas e países de Europa e Latinoamérica.

 


Abel Caballero destaca a figura do pensador e galeguista Xaime Isla e anima á cidadanía a visitar a mostra que divulga a súa vida e obra

A Casa Galega da Cultura acolleu este venres a inauguración da exposición “Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia”, que quere divulgar a vida e obra do pensador galeguista no centenario do seu nacemento. A mostra organizada pola Fundación Isla Couto conta coa colaboración do Concello de Vigo e permanecerá aberta ata o 2 de novembro.

 

Medidas de tráfico por obras

 

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO ANO 2015

Lugar : Na oficina do Imposto de Actividades Económicas de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina http://www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital

 

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E DE BENS DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO ANO 2015

Lugar : Na oficina do Imposto sobre Bens Inmobles de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina http://www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: