concello de Vigo

 


O Concello decreta tres días de loito en sinal de dó pola morte dunha muller vítima da violencia de xénero

A Corporación Municipal gardou este martes tres minutos de silencio na memoria de Silvina de Oliveira, a muller vítima da violencia machista asasinada en Vigo a pasada noite, e decretou tres días de loito oficial. O alcalde falou dun “crime execrable, rexeitable e terrible ante o que Vigo se rebela e amosa a súa rabia e rexeitamento permanente á violencia machista”. Ademais, enviou unha mensaxe de aprezo á familia e puxo o Concello á súa disposición para todo o que precise. Abel Caballero manifestou que Vigo segue erguendo a bandeira da liberdade e reclamando que “recaia todo o peso da lei sobre os asasinos”

 


Caballero avala o interese de Mondariz por formar parte da área metropolitana de Vigo

Os alcaldes de Vigo e Mondariz mantiveron esta mañá un encontro no que, Xoán Carlos Bugarín lle trasladou ao rexedor de Vigo o interese deste municipio por formar parte da área metropolitana. Tal e como lle explicou, integrarse neste ente supramunicipal é a mellor ferramenta para facilitar as comunicacións.

 

Comeza un novo curso no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV-

O Concello de Vigo creou no ano 2013 o CIOV cun dobre obxectivo: achegarlle á cidadanía a improvisación e a tradición oral galega e formar persoas que estuden a improvisación, sexan quen de improvisar e continúen con esta tradición. Asemade organiza actividades como contadas, regueifadas, rap…

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: