A Colección de Arte de Afundación, recoñecida como «Ben de Interese Cultural»

A Colección de Arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) é desde hoxe «Ben de Interese Cultural» (BIC), segundo aprobou o Consello da Xunta na súa reunión celebrada esta mañá. A declaración certifica o compromiso de ambas as institucións para a súa conservación e difusión.

08.10.2015 A Colección de Arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) é desde hoxe «Ben de Interese Cultural» (BIC), segundo aprobou o Consello da Xunta na súa reunión celebrada esta mañá. A declaración certifica o compromiso de ambas as institucións para a súa conservación e difusión.  Afundación tomou a iniciativa de incluír na declaración BIC, aínda que a normativa non obriga a iso,  os autores vivos que figuran na colección, que suman un total de 1123 obras, para dar así unha maior dimensión aos bens protexidos. O expediente non recolle outras pezas, que formando parte dos fondos de arte de Afundación, non foron declaradas BIC, como sucede coas obras que participaron anualmente na Bienal Internacional de Gravado, que pertencen a artistas foráneos, sen relación con Galicia e sen obra representativa ou recoñecida.

 

Afundación, que entende que esta resolución ratifica o valor da súa colección de arte,  traballa xa desde hai tempo nun rigoroso proxecto de conservación, catalogación e difusión dos seus fondos que garante a continuidade futura deste patrimonio artístico e cultural. Con esta liña de traballo, a entidade reafirma o seu compromiso  firme coa sociedade galega de manter e enriquecer a súa colección, dándolle visibilidade a través das diversas exposicións que percorren anualmente as principais localidades de Galicia. Así a entidade desenvolve actualmente 18 proxectos expositivos da súa colección, que foron visitados por máis de 90.000 persoas. Ademais, as obras de arte de Afundación foron cedidas para 25 exposicións desenvolvidas por outras institucións como o Museo de Belas Artes da Coruña, o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Cidade da Cultura, o Centro Cultural Conde Duque de Madrid ou a Universidade de Zaragoza.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: