JØRGEN LETH: “O MÁIS IMPORTANTE PARA UN CINEASTA É A CURIOSIDADE”‏

47e34fb3-d603-4adf-b069-d87157acaa40Esta mañá foi presentada en rolda de prensa, a retrospectiva que o festival Curtocircuíto lle dedica ao cineasta danés Jørgen Leth. Abriu a mesa a tenente de alcalde María Rozas, quen destacou o privilexio de contar cunha figura tan importante do cinema europeo na cidade; o Buñuel danés, un artista referencial entre os realizadores do país escandinavo. Pola súa banda, o director do festival, Pela del Álamo, mostrouse feliz por contar cun cineasta que levaba intentando traer ao festival dende que se fixera coa dirección hai dous anos, como reto persoal pola admiración que lle profesa ao danés. Á terceira edición foi a vencida.

Jørgen Leth, coñecido sobre todo polos seus documentais deportivos, algúns revolucionarios, como A Sunday in Hell, sobre o Tour de Francia – que podería verse mañá en Curtocircuíto – tivo o seu particular reencontro coa catedral. Esta non era a súa primeira visita a Compostela: “estiven moitas veces en España, veño a miúdo coa miña familia e adoro Galicia”. Dixo coñecer a rexión especialmente “polo famoso peregrinaxe a Compostela” e “pola súa lendaria cociña”. Grazas ao seu colega, o poeta Ebbe Traberg, que residiu en España, Leth coñece boa parte da nosa xeografía. Ten acompañado ao seu amigo, cámara en man, a moitos lugares. Nunha destas recalou no País Vasco, onde quedou namorado da pelota vasca: “é un deporte exótico, pero interesoume tamén todo o que o rodea”. E aquí ofrece unha frase que sempre lle di aos seus estudantes: “o máis importante para un cineasta é a curiosidade”. O resultado deste interese é o filme Pelota, que presenta tamén no festival. Nel, fai un retrato do deporte, máis tamén de toda a cultura que o rodea, un fondo retrato da identidade vasca, “porque ao cabo son coma un vello antropólogo, e interésame observar a xente”, engadiu. Vinte anos despois, decidiu filmar recentemente a segunda parte, xunto con Olatz González, cineasta e antropóloga vasca coa que presentará un work in progress do filme o sábado, na sala NUMAX, logo de mostrar esta noite a primeira parte. O estudo do movemento, ao estilo dos experimentos primixenios do cinema, da man de xente como Muybridge; é o tema central da sesión desta noite, que conta tamén con Motion Picture e Chinese Ping-Pong no programa.

Mañá, no marco da retrospectiva, haberá un encontro con el, no Teatro Principal, ás 5 da tarde. Moderado polos artistas Usue Arrieta e Vicente Vázquez, bos coñecedores da súa obra, a entrada é de balde, previa retirada do convite no despacho de billetes. Nesta charla co director, abordaranse os aspectos máis importantes do seu cinema, a modo de preparación e complemento para proxeccións como a de As cinco condicións, o filme que dirixiu con Lars von Trier. Xogo proposto polo seu popular discípolo, que adora a película orixinal sobre a que esta se basea, The Perfect Human, tanto a curta como a longa están incluídas no pase de Curtocircuíto.

Falando de famosos, Leth ten retratado a algún que outro nos seus filmes. A Michael Laudrup, seguiuno toda unha tempada no F.C. Barcelona, na época dourada de Johan Cruyff. “É unha bela persoa, que xogaba gracimente, como un bailarín”, opina do mítico xogador, e engade sobre a forma da película: “gustábame estudar o seu movemento, tanto dentro como fóra do campo”. Outra lenda inmortalizada por el, é o artista do pop art Andy Warhol, a quen filmou parsimoniosamente comendo unha hamburguesa en66 Scenes From America, un dos seus filmes de viaxes, que pecha o domingo o programa. Os espectadores terán a ocasión de coñecer o seu cinema ao longo de sete sesións de aquí ao día 11, e de charlar con el en cada unha delas. Leth dixo estar desexoso de ter estes debates, nunha selección feita polo festival, na que el non meteu man: “é moi difícil elixir filmes propios entre case cincuenta, pero estou moi contento co programa, que dá sentido á miña obra”.

A retrospectiva puido realizarse tamén grazas á colaboración de Acción Cultural Española (AC/E), o Instituto Danés do Cinema e a Embaixada de Dinamarca en España.

Mañá chega ao festival o segundo homenaxeado deste ano, Aki Kaurismäki, que contará tamén cun encontro co público o sábado, amais de presentar os seus primeiros filmes musicais e unha sesión deseñada por el, como programador convidado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: