OBRAS DE REFORMA E REHABILITACIÓN DO ENTORNO DO MERCADO

O Porriño, mércores 14 outubro.- O Goberno local do Porriño empezará a finais desta semana, ou principios da que ven, a reforma e rehabilitación do entorno do Mercado. Nesta primeira fase, segundo o concelleiro de Vías e Obras e primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, se reformarán as partes norte e sur do aparcadoiro.

“A obra suporá rediseñar completamente o entorno, respectando o deseño
particular e orixinal da praza”, indica Carrera, quen subliña que se
remodelará o pavimento exterior, “se substituirán os servizos de
saneamento e se procederá ao soterramento de parte do tendido eléctrico
e das liñas telefónicas”.

Ademais, está deseñada unha ‘illa de reciclaxe’, a colocación dun panel
publicitario dixital e se procederá a “reordenar a entrada e saída de
vehículos, de xeito que haxa un vieiro de saída e outro de entrada,
acabando coa dobre dirección, de entrada e saída, existente ata o de
agora”. A duración prevista das obras é dun mes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: