Archive | octubre 14, 2015

O humorista Miguel Lago presenta en Cangas o seu espectáculo Soy un miserable

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro venres 23 de outubro en Cangas o último espectáculo do monologuista Miguel Lago. Humor, retranca galega e ironía únense en Soy un miserable para crear un mordaz e hilarante retrato das máis baixas miserias humanas. O espectáculo, que xa gozaron máis de 50.000 espectadores na súa xira ao longo de toda España, terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas (Avenida de Lugo, 27) ás 22.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.

 

PRESENTACIÓN LIBRO Reflexións arredor de Galiza para o debate

mañá xoves 15 de outubro ás 20:15 horas presentarase na Libraría Cartabón de Vigo o libro recentemente publicado pola Fundación Moncho Reboiras, Reflexións arredor de Galiza para o debate.ihbbbhef

Esta obra multidisplinar que abrangue campos tan diversos como a economía, a historia, a política, a xeografía, etc., pretende xerar a reflexión para o debate arredor de Galiza, a partir da contribución de varios autores/as, especialistas recoñecidos/as en cada unha das materias abordadas.

 

A presentación do libro estará a cargo de:

  • Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG e Presidente da Fundación Moncho Reboiras.
  • Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras.
  • Uxío-Breogán Diéguez, coautor do libro e profesor de historia na Universidade da Coruña.

 

Facilitamos a seguir o índice dos contidos do libro:

 

PRÓLOGO

Suso Seixo Fernández

 

APUNTAMENTOS PARA O ESTUDO XEOGRÁFICO (NACIONAL) DE GALICIA

Rubén C. Lois González

 

COÑECERMOS E VALORIZARMOS A HISTORIA DE NOSO. DO ESTADO GALEGO (1931) Á QUEBRA DEMOCRÁTICA (1975-76…)

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel

 

PRINCIPIOS REITORES DUNHA PLANIFICACIÓN LINGÜíSTICA

María Pilar García Negro

 

PROBLEMAS AMBIENTAIS: RETOS NA GALIZA DO 2015

Ramón Varela Díaz

 

MEDIO NATURAL: DECONSTRUCIÓN Á CARTA COA ESCUSA DA CRISE

Fins Eirexas Santamaría

 

MUDARMOS AS POLÍTICAS PARA QUEBRAR A DEPENDÊNCIA AGROALIMENTAR EXTERIOR DA GALIZA

Bernardo Valdês Paços e Mª do Mar Pérez Fra

A CRISE ECONÓMICA E A UNIOM EUROPEIA. A NECESSIDADE DE SOBERANIA PARA UM DESENVOLVIMENTO EM BENEFÍCIO DO POVO GALEGO

Bernardo Valdês Paços

 

AS “NOVAS” BALANZAS FISCAIS DO GOBERNO DO PP. A EXPLOSIÓN DO ESPAÑOLISMO

Xosé Díaz Díaz

AIMEN participa en un novedoso proyecto para mejorar la eficiencia de los procesos de soldeo en la industria naval

Máquina prototipo FSHIP_El proyecto F-SHIP, enmarcado en el Programa FEDER-INNTERCONECTA, está liderado por Factorías Vulcano y en él participan, además de AIMEN, las empresas gallegas Nodosafer, Herlayca, Elinsa y Esypro; y la Universidade de Vigo.

ð      Gracias a esta iniciativa, se ha desarrollado un novedoso equipo de soldadura por fricción batida de paneles de acero naval con el cual se prevé reducir en un 90% las distorsiones que se producen mediante los procesos de soldeo actuales.

ð      El sistema permitirá acortar significativamente los tiempos productivos al reducir en un 75% las operaciones de reparación necesarias, además de conseguir la fabricación de estructuras navales más ligeras y de mejores prestaciones.

 

Pie de foto: máquina prototipo desarrollada en el marco del proyecto F-SHIP

A EDITORIAL ELVIRA PRESENTA MAÑÁ LA VERDAD JURÍDICA, EL PENSAMIENTO ZOMBI Y LA TRADICIÓN REPUBLICANA DE ANTÓN BEIRAS

Vigo, 15 de outubro de 2015. Mañá 15 de outubro (20:00 horas) celebraremos en Detrás do Marco (R. Londres s/n) a presentación do libro LA VERDAD JURÍDICA, EL PENSAMIENTO ZOMBI Y LA TRADICIÓN REPUBLICANA de Antón Beiras da Editorial Elvira, No acto contaremos coa presenza do autor, o editor Javier Romero e o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela César García Novoa, que realizou o prólogo da obra.

Esta semana en La Fábrica: Villanueva + Ari Magritte y Su Garrido Pombo

VILLANUEVA + ARI MAGRITTE + DJ FLOR

Concierto defin de gira

Anticipada: 8€ en Elepé y Cafetería Tambo de Pintor Lugrís

Taquilla: 10 €

 

Viernes 16 de octubre, 22.00 h.

 

 

Decenas de conciertos, carretera y madurez separan aquel directo en Madrid de hace año y medio del de Vigo de este próximo viernes. Villanueva volverá a pisar las tablas de la ciudad que le vio nacer para recoger el billete de vuelta de sus Viajes de ida (Esmerarte, 2014), un álbum debut que ha superado con creces las expectativas, convirtiéndole en la banda revelación del pasado año y el reconocimiento al disco del año por parte del Maketón, programa de la Cadena SER Vigo.

En la cita del próximo viernes nos hará disfrutar una vez más de sus canciones aprovechando también las últimas noches benignas que nos está dejando el otoño por la ciudad olívica, justo antes de centrarse por completo en la producción de su segundo trabajo.

Arancha Vilas, ARi Magritte, nos ofrecerá con su guitarra acústica un repertorio de versiones de todos los tiempos en inglés y castellano.

 

 

SU GARRIDO POMBO+ OLIVER & ANELKA DJs

Concierto Rede Galega Música Ao Vivo

Taquilla: 4 €

 

Sábado 17 octubre, 22:00 h.

 

 

Susana Garrido Pombo es una cantante, músico ycompositora gallega. Su estilo músical abarca diversos géneros con matices de bossa, folk, jazz o latin.

 

 

O Concello demora a concesión do «cheque social» deixando na miseria a miles de persoas

O pasado 13 de maio de 2015 o Concello de Vigo publicaba a convocatoria do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, o coñecido como “cheque social”.

O Concello tiña un prazo de tres meses para resolver as 2800 solicitudes que se fixeron nesta convocatoria. Dito prazo rematou o 9 de setembro, e, como sucedeu nas anteriores convocatorias e pasado máis dun mes, aínda non foron concedidas as axudas. O máis grave é que desde o Departamento de Benestar Social din que a demora será, como mínimo, dun mes máis.

Como xa denunciáramos no seu día, estas axudas constitúen a resposta precaria e miserenta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a cidadanía, por resultar un programa totalmente insuficiente e inxusto, non só pola insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo. E agora, non contento con perpetuar esta caridade institucional á que nos ten acostumadas, permítese ter agardando a miles de familias na incerteza e na precariedade, demorando meses a concesión dunhas axudas mínimas e insuficientes.

Mentres concesionarias privadas enchen os petos coa xestión dos servizos sociais municipais para nós queda aturar a “cantinela” de que “non hai cartos” para dotar ao departamento, o cal non é quen de dar curso aos expedientes atascados na tramitación por falla de recursos.

Estamos fartas de que nos neguen os dereitos e nos ofrezan esmola. Estamos fartas do colapso dun departamento municipal ineficaz e caótico. Estamos fartas de agardar meses por axudas que nunca chegan. Estamos fartas da propaganda do Alcalde que mente e manipula as cifras sen amosar un mínimo de rubor antes as carencias que padecen moitas veciñas.

Fronte a isto, esiximos medidas que desborden o sistema. Esiximos, e traballamos, pola Renda Básica das iguais e por moitísimo máis. As súas políticas o único que procuran é maquillar a crúa realidade, perpetuar a desigualdade e a inxustiza, desmobilizarnos e confundirnos dos vieiros que debemos camiñar para parir unha vida digna e plena.

Juan Besada presenta o seu libro de poesía La piel encendida nas “Conversas do CDLG”

conversa BesadaA Sección de Historia da Arte (SEHAG) do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e Ciencias de Galicia (CDLG) retoma o formato de Conversas do CDLG que tiveron boa acollida antes do verán. A conversa, que terá formato de presentación-coloquio, será este sábado 17 de outubro na Sede do CDLG en Compostela coa participación de Manuel Quintáns Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015.- En plena era da comunicación, o CDLG debe reformular o xeito de divulgar e facer chegar ao público os seus estudos, investigación e actividades. É necesario reflexionar sobre a conveniencia de redefinir a forma de transmitir os discursos e dunha precisa revisión dos contidos. Adaptar, cambiar o formato e ofrecer contidos plurais, son algunhas das claves da nova etapa do CDLG na que queremos ofrecer novos contidos á sociedade. O vindeiro 17 de outubro, ás 12 horas, a Sehag retoma as súas “Conversas do CDLG”, unha cita mensual que tivo unha boa acollida durante o 2015, aportando un espazo para o encontro e a reflexión multidisciplinar entre historiadores da arte e profesionais das humanidades para interactuar, intercambiar experiencias e dar a coñecer proxectos actuais de interese nun ambiente distendido. Neste caso, a conversa estará a cargo de Juan Besada, que presentará o seu libro de poesía La piel encendida, un poemario composto por un introito, catorce poemas e unha adenda que en realidade son un único poema, unha viaxe do autor pola paisaxe do corpo da muller amada que comeza no nacemento do desexo e vai ata a súa culminación camiñando de vagar nun percorrido pola súa pel. O desexo, esa forza motora que move os cimentos da literatura e da arte na busca constante do amor e da beleza inherente ao ser humano, é o centro desta composición. Presentará o libro e participará no coloquio posterior Manuel Quintáns. Ao remate, ofrecerase un viño ós asistentes, cortesía de «Alberte Ribeiro», para intercambiar impresións sobre o libro. O evento terá lugar o sábado 17 de outubro ás 12 h. na sede do CDLG (no número 30 da Rúa San Clemente) en Compostela. Como o aforo é limitado, recoméndase reservar un lugar no seguinte enderezo electrónico: sehag@cdlg.es

Sección de Historia da Arte Esta actividade – de asistencia libre e gratuíta- está organizada sección de Historia da Arte do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia. A creación desta sección no 2014 equiparou os servizos ofrecidos aos profesionais da Historia da Arte ao do resto de Colexios estatais que xa contan cunha sección propia. Conversas do CDLG: Presentación-coloquio do libro “La Piel Encendida” De Juan Besada, coa participación de Manuel Quintáns Data e hora: Sábado 17 de outubro – 12 h. Lugar: Compostela. Sede do CDLG Rúa San Clemente, 30, baixo