Juan Besada presenta o seu libro de poesía La piel encendida nas “Conversas do CDLG”

conversa BesadaA Sección de Historia da Arte (SEHAG) do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e Ciencias de Galicia (CDLG) retoma o formato de Conversas do CDLG que tiveron boa acollida antes do verán. A conversa, que terá formato de presentación-coloquio, será este sábado 17 de outubro na Sede do CDLG en Compostela coa participación de Manuel Quintáns Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015.- En plena era da comunicación, o CDLG debe reformular o xeito de divulgar e facer chegar ao público os seus estudos, investigación e actividades. É necesario reflexionar sobre a conveniencia de redefinir a forma de transmitir os discursos e dunha precisa revisión dos contidos. Adaptar, cambiar o formato e ofrecer contidos plurais, son algunhas das claves da nova etapa do CDLG na que queremos ofrecer novos contidos á sociedade. O vindeiro 17 de outubro, ás 12 horas, a Sehag retoma as súas “Conversas do CDLG”, unha cita mensual que tivo unha boa acollida durante o 2015, aportando un espazo para o encontro e a reflexión multidisciplinar entre historiadores da arte e profesionais das humanidades para interactuar, intercambiar experiencias e dar a coñecer proxectos actuais de interese nun ambiente distendido. Neste caso, a conversa estará a cargo de Juan Besada, que presentará o seu libro de poesía La piel encendida, un poemario composto por un introito, catorce poemas e unha adenda que en realidade son un único poema, unha viaxe do autor pola paisaxe do corpo da muller amada que comeza no nacemento do desexo e vai ata a súa culminación camiñando de vagar nun percorrido pola súa pel. O desexo, esa forza motora que move os cimentos da literatura e da arte na busca constante do amor e da beleza inherente ao ser humano, é o centro desta composición. Presentará o libro e participará no coloquio posterior Manuel Quintáns. Ao remate, ofrecerase un viño ós asistentes, cortesía de “Alberte Ribeiro”, para intercambiar impresións sobre o libro. O evento terá lugar o sábado 17 de outubro ás 12 h. na sede do CDLG (no número 30 da Rúa San Clemente) en Compostela. Como o aforo é limitado, recoméndase reservar un lugar no seguinte enderezo electrónico: sehag@cdlg.es

Sección de Historia da Arte Esta actividade – de asistencia libre e gratuíta- está organizada sección de Historia da Arte do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia. A creación desta sección no 2014 equiparou os servizos ofrecidos aos profesionais da Historia da Arte ao do resto de Colexios estatais que xa contan cunha sección propia. Conversas do CDLG: Presentación-coloquio do libro “La Piel Encendida” De Juan Besada, coa participación de Manuel Quintáns Data e hora: Sábado 17 de outubro – 12 h. Lugar: Compostela. Sede do CDLG Rúa San Clemente, 30, baixo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: