CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL AVOGA POR ACENTUAR A COORDINACIÓN E COLABORACIÓN COAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS PARA ERRADICAR A POBREZA E FAVORECER A INCLUSIÓN SOCIAL
- O titular autonómico destacou o traballo e esforzo “diario e a pé de rúa” das entidades sociais, e apostou por incrementar a colaboración para “chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor”
- Rey Varela reiterou o compromiso da Xunta de Galicia nos orzamentos do vindeiro ano 2016 coas persoas e familias que peor o pasaron coa crise, e insistiu en que “o conxunto da sociedade debe sensibilizarse, concienciarse e fomentar a inclusión social”.
Santiago, 19 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe coa nova xunta directiva da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en Galicia (EAPN Galicia), representada por: Antonio Hernández, en calidade de presidente e en representación de FEAFES Galicia; Mónica Permuy, vicepresidenta e membro da Fundación Meniños; Patricia Blanco, tesoureira e pertencente a Autismo Galicia; Eva Vera, secretaria e integrante da Fundación Secretariado Gotano; e os vogais Carlos Villar e Eloina Ingerto, de Ecos do Sur e da Fundación Juan Soñador, respectivamente. Este primeiro encontro de traballo enmárcase na rolda de reunións que Rey Varela está a manter con diversos colectivos e entidades que traballan diariamente no ámbito social co obxectivo de acentuar a colaboración.
Así, esta xuntanza tivo lugar despois de que o titular autonómico de Política Social asistira o pasado venres, día 16, ao acto oficial conmemorativo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza que se desenvolveu na sede da Valedora do Pobo. No mesmo, as plataformas EAPN, CERMI e a Coordinadora ONGND deron a coñecer unha declaración conxunta e un manifesto elaborado polos membros do Grupo de Participación de Persoas en risco de pobreza ou exclusión social.
Rey Varela destacou o traballo e esforzo “diario e a pé de rúa” destas organizacións, indicando que “son coñecedoras das necesidades das persoas e familias que peor o están pasando”. Nesta liña, avogou por acentuar a coordinación e colaboración entre administracións públicas e devanditas entidades para “chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor”. Ao respecto, recordou que a Comunidade conta cunha Estratexia de Inclusión Social para o período 2014-2020 que ten entre os seus principais obxectivos loitar contra a pobreza infantil, reducir as consecuencias da exclusión territorial, dar un novo pulo á inserción no mercado laboral e mellorar a prevención nos casos de vulnerabilidade. Así, neste marco deseñouse o Plan de Loita contra a Desigualdade económica, con 23 medidas concretas que pretende chegar a todos os colectivos en situación de vulnerabilidade ou risco de pobreza, con prioridade para as familias con menores a cargo para cubrir as súas necesidades en materia de sanidade, vivenda e educación. Algunhas das súas medidas son o cheque escolar para a adquisición de material, o ticket eléctrico social, o bono aluguer ou a bonificación de medicamentos.
Compromiso firme
Así mesmo, o conselleiro de Política Social reiterou a firme aposta da Xunta de Galicia pola inclusión e as persoas que serán un dos eixes prioritarios dos orzamentos para o vindeiro exercicio de 2016. “A recuperación das contas públicas centrarase nas familias e en axudar ás persoas que peor o pasaron na crise”, dixo.
Por último, manifestou que a loita contra a pobreza “é unha tarefa a levar a cabo entre todos”. “O conxunto da sociedade debe sensibilizarse, concienciarse e fomentar a inclusión social”, engadiu Rey Varela.
REY VARELA GARANTE O APOIO DA XUNTA DE GALICIA PARA CONSEGUIR UNHA SOCIEDADE MÁIS INCLUSIVA E INTEGRADORA
O conselleiro de Política Social reuniuse hoxe coa directiva de CERMI Galicia
- O titular autonómico avogou por impulsar a participación das persoas con discapacidade e garantir a súa autonomía, erradicando a discriminación e fomentando a igualdade
Santiago, 19 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha primeira xuntanza de traballo con membros da directiva do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI), entre eles o seu presidente, Anxo Antón Queiruga Vila. Esta reunión forma parte da rolda de contactos iniciada polo titular autonómico con colectivos que traballan no ámbito social para coñecer os seus obxectivos e acentuar a coordinación e colaboración.
Rey Varela sinalou que “avanzar cara unha sociedade máis inclusiva e integradora ten que ser unha tarefa compartida por todos”, ao tempo que salientou o traballo de entidades e plataformas como CERMI, que “son as que mellor coñecen as necesidades e o importante camiño que aínda resta para conseguir a plena integración e a accesibilidade universal”, dixo. Nesta liña, avogou por impulsar a participación das persoas con discapacidade e garantir a súa autonomía, erradicando a discriminación e fomentando a igualdade. E, ao fío, adiantou que as propostas presentadas polo CERMI relativas aos criterios de reparto das achegas para financiar o mantemento dos programas e entidades que a integran sairán para adiante. Unha medida que suporá a incorporación das asociacións de parálise cerebral e alzheimer.
Así mesmo, o conselleiro de Política Social referiuse aos instrumentos normativos e medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para favorecer a plena integración das persoas con discapacidade. Así, sinalou a Estratexia Galega de Discapacidade 2015-2020, folla de ruta para os próximos anos elaborada conxuntamente coas entidades e que recolle seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais. Tamén recordou a nova Lei de accesibilidade de Galicia, xa en vigor, que modernizou unha normativa de vinte anos de antigüidade que non se adaptaba ás novas necesidades do colectivo e da que se inicia xa o seu desenvolvemento normativo.
Por último, Rey Varela garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego ás entidades que diariamente se esforzan por axudar ás persoas que máis o necesitan, apostando por concienciar e sensibilizar ao conxunto da sociedade e comprometendo a ampliando do seu financiamento no 2016.
A XUNTA RESERVA MÁIS DE 24 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO
- O inicio das obras depende da cesión dos terreos por parte do Concello, que xa leva seis anos de retraso
- Está previsto que a execución do edificio teña unha duración máxima de dous anos e catro meses
Santiago, 19 de outubro de 2015.- A Xunta de Galicia vén de reservar nos seus orzamentos para os vindeiros anos máis de 24 millóns de euros para o novo edificio xudicial de Vigo, incluída unha partida de máis de 3 millóns de euros consignada no 2016, aínda que segue sen contar cos terreos que debe ceder o Concello de Vigo e sen os cales é imposible levar a cabo a actuación.
A Xunta de Galicia leva seis anos agardando polos terreos e unha vez máis en 2016 volve a consignar máis de tres millóns para poder iniciar as obras, aos que se suman otros 11,5 en 2017 e 9,5 máis en 2018, segundo o ritmo previsto de execución para unha obra desta envergadura, que ten previsto que sexa como máximo de 28 meses.
En todo caso, e por si se puidese avanzar a maior velocidade -sempre que a Xunta conte por fin cos terreos-, os propios orzamentos de 2016 recollen na memoria que a partida para o vindeiro ano podería ampliarse adiantando Investimentos previstos inicialmente para os seguintes exercicios.
A XUNTA DISPORÁ EN 2016 DE 430 MILLÓNS DE EUROS MÁIS PARA ELEVAR INVESTIMENTOS, AUMENTAR GASTO SOCIAL E LEVAR A RECUPERACIÓN A TODOS OS FOGARES
Os Orzamentos medran un 4,3% e ascenden ata os 8.804 millóns de euros
- A maior baixada fiscal da Autonomía terá un impacto de arredor de 140 millóns
- O gasto non financeiro aumenta en 365 millóns, ao que se suman os 65 millóns de euros de aforro en xuros da débeda grazas á boa xestión
- O Goberno galego revisa á alza o crecemento da economía galega para 2016, que será do 2,5%, mentres que a taxa de paro baixará case 2 puntos
- Os investimentos medran un 14%, o gasto en sanidade e educación aumenta en case 200 millóns de euros, e os fondos para políticas de emprego crecen un 15%
- No eido social, a Xunta destinará 324 millóns á Dependencia para incorporar 10.000 novos beneficiarios, e adica 20 millóns ao plan de loita contra a desigualdade
- Os Orzamentos inclúen unha tarxeta familiar de 100 euros mensuais por neno nado dende o 1 de xaneiro de 2016
- A rebaixa do IRPF beneficiará ao 98,5% dos contribuíntes e permitirá un aforro de ata 380 euros por persoa
- Os empregados públicos terán un incremento salarial do 1% e recuperarán o 50% restante da paga extra de 2012
- As contas aprobadas hoxe polo Executivo galego garanten de novo a redución do déficit e o cumprimento do obxectivo de estabilidade para 2016, fixado no 0,3%
Concello de Vigo
Vigo contará con 17 novos parques biosaudables cos que elevará a 63 o total na cidade |
O Concello conmemorará os oito séculos de vida da Igrexa de Castrelos en 2016 |
O goberno local colaborará coa Olimpiada de Bioloxía que se celebra en Vigo o próximo ano |
Vigo súmase con todo «o seu apoio» ao Día Mundial contra o Cancro de Mama |
Homenaxe a dúas das nosas mulleres: María Josefa Wonenburger e María do Carme Kruckenberg![]() O Centro de Documentación e Recursos Feministas quere render homenaxe a dúas mulleres que coas súas experiencias vitais e profesionais abriron camiño para que poidamos continualo. Unha pequena pero emotiva homenaxe a dúas mulleres que nos deixaron recentemente: María Josefa Wonenburger Planells e María do Carme Kruckenberg Sanjurjo. |
PLADESEMAPESGA denuncia que el Director de la DGMM Sr Rodríguez Valero antes de su despedida del Gobierno induce a una gravísima infracción administrativa del Sistema Mundial de Socorro en la Mar
El pasado día 15 de octubre, en el marco del Salón Náutico de Barcelona, se desarrolló la ya tradicional rueda de prensa ofrecida por la patronal ANEN y a la que junto al secretario general de la patronal del sector náutico, Carlos Sanlorenzo, intervino el director general de la Marina Mercante, Rafael Rodríguez Valero –en modo de despedida y sin lucir la medallita que le regalaron los ANEN después de enviar unas cuantas subvenciones- para abordar los avances legislativos alcanzados para el sector en los últimos dos años, y adelantando la hoja de ruta de la asociación para los próximos meses.
En relación con otros apartados de la actividad náutica, como es la seguridad para las embarcaciones de recreo, entre otros, y cuya regulación está en fase de desarrollo por parte de la Dirección General de la Marina Mercante, Rafael Rodríguez Valero propuso la creación de una comisión de trabajo constituida por técnicos de esta Administración y por profesionales del sector que trabajen conjuntamente para impulsar este tipo de normativas que son prioritarias para el sector.
Pladesemapesga, le recuerda al Director General de la Marina Mercante, que :
TODOS LOS TITULADOS DE LA NAUTICA DE RECREO, QUE MANEJEN FRECUENCIAS DEL SISTEMA MUNDIAL DE SOCORRO, ESTAN OBLIGADOS A SER TITULARES DE LOS CERTIFICADOS DE LARGO Y CORTO ALCANCE DEL GMDSS TAMBIEN CONOCIDOS INTERNACIONALMENTE COMO LONG AND SHORT RANGE CERTITIFICATE PARA BUQUES NO SOLAS O MENORES DE 24 METROS DE ESLORA.
El señor Rodríguez Valero, está consintiendo una gravísima infracción administrativa, al permitir la formación del Sistema Mundial de Socorro como asignatura dentro del título acreditativo de la Náutica de Recreo.
El Grupo de Expertos No Gubernamentales del Sistema Mundial de Socorro, integrado en Pladesemapesga, no acaba de » interpretar » el mensaje del Director General de la Marina Mercante en el Salón Náutico de Barcelona cuando habla de » profesionales del sector » que trabajen conjuntamente para impulsar nuevas normativas.
Pladesemapesga, le recuerda al Director General de la Marina Mercante, que el Congreso de los Diputados en la Subcomisión del Prestige, ya había aprobado una serie de medidas y grupos de trabajo para la mejora de la seguridad marítima y de la vida humana en la mar.
La Organización Marítima Internacional por medio del Subcomité de Radiocomunicaciones, Búsqueda y Salvamento ( COMSAR ) ha dejado muy claras las premisas para un eficaz funcionamiento de los Planes de Salvamento ; comunicación, medida y respuesta.
La formación del Sistema Mundial de Socorro, se ha convertido en un auténtico coladero y los centros que la imparten un » grifo abierto » de alumnos » siempre aptos «.
El despilfarro de dinero público es más que evidente (NO SE CORTAN NI SALIENDO EN LOS NOTICIARIOS DE LA TV).
Los chiringuitos continúan activos y una prueba más que evidente es el colofón de la rueda de prensa del Director General de la Marina Mercante, que por lo transmitido, poco o más bien nada sabe de lo que habla.
«Noiteboa» en Lalín
PREVISIÓN INFORMATIVA para el viernes 23 de octubre
La “Noiteboa” de Alex Sampayo en el Novo Salón Teatro de Lalín.
Está protagonizada por Mela Casal, Ernesto Chao y Guillermo Carbajo bajo la dirección del lalinense Alex Sampayo sobre un texto de su propia autoría compartida con Borja F. Caamaño.
Este viernes 23 de octubre, el Novo Salón Teatro del Auditorio de Lalín acogerá, a partir de las 21:30 h, una representación del espectáculo “Noiteboa”, de la compañía Redrum Teatro.
Producido con el apoyo de la Xunta de Galicia y estrenada con un grandísimo éxito el pasado 17 de septiembre en el Teatro Principal de Santiago, “Noiteboa” es una tragicomedia que transcurre durante la noche del 24 de deciembre en Compostela.
“Una fecha marcada por el reincidente robo del niño Jesús de la Plaza del Obradoiro, un hecho que acompañará a nuestros peculiares protagonistas durante la tradicional cena familiar. Una reunión donde priman las aparencias y lo más inesperado puede tornarse realidad. Una noche llena de risas, de ilusiones y de segundas oportunidades que sin duda los cambiará para siempre”.
Está protagonizado por los actores Mela Casal, Ernesto Chao y Guillermo Carbajo, caras bien reconocibles por el público gallego por sus trabajos en teatro y también en series míticas de la TVG como “Mareas Vivas” o “Pratos Combinados”.
La dirección va a cargo del lalinense Alex Sampayo, director también conocido por su trabajo en el sector audiovisual, en el que dirigió series como “El Internado” o “Padre Casares”. En este momento viene de presentar en varios festivales de todo el mundo su ópera prima “Schimbare», un largometraje protagonizado por Candela Peña y Luis Zahera.
Se trata de la sexta producción de Redrum Teatro, una compañía fundada en 2009 que llevó a los escenarios la obra de suspense “A Pensión”, protagonizada por Rosa Álvarez; los espectáculos familiares “Moito Conto» y “Roedores”, así como las comedias “Curriculum Vitae”, con Mónica García y Guillermo Carbajo, y “Amor Flexible”, protagonizada por Mela Casal, Guillermo Carbajo y Tamara Canosa.
Banco Alimentos Vigo, KILOS recogidos Operación Kilo fin de semana Alcampo
El Banco de Alimentos recoge cerca de 5.000 kilos de comida en su Operación Kilo del fin de semana
La solidaridad demostrada por la ciudadanía volvió a ser la tónica general durante las dos jornadas de esta iniciativa desarrollada en el Alcampo de la Avenida de Madrid
Desde la ONG se agradece la implicación de los donantes de alimentos, así como las facilidades del hipermercado para que los cerca de 50 voluntarios realizaran correctamente la recogida de comida
Esta Operación Kilo fue la última que organizó la Fundación Provincial Banco de Alimentos antes de de la celebración de la Gran Recogida Solidaria prevista para el 27 y 28 de noviembre
Vigo, 19/10/15.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recogió cerca de 5.000 kilos de comida durante las dos jornadas de Operación Kilo desarrolladas este fin de semana en el Alcampo de la Avenida de Madrid, según el cómputo llevado a cabo este lunes en el almacén de San Pedro de Sárdoma.
De nuevo, la ciudadanía respondió solidariamente al llamamiento que realizó la ONG ante las dificultades que siguen teniendo las 25.000 familias a las que llega a través de los 150 colectivos con los que trabaja.
Cerca de 50 voluntarios facilitaron las donaciones que fueron un ir y venir tanto el viernes como el sábado.
Esta Operación Kilo fue la última organizada por el Banco de Alimentos antes de la celebración de la Gran Recogida Solidaria (GRS2015), prevista para el 27 y 28 de noviembre. Precisamente, en próximas fechas, se presentará de manera oficial la campaña de esta nueva edición en la que decenas de centros comerciales de Vigo y Pontevedra volverán a sumarse en esta acción simultánea en todo el país.
Desde la entidad se agradece públicamente tanto a los ciudadanos como al hipermercado que permitió esta recogida de alimentos.
Actividad del Banco de Alimentos
En lo que va de año, el Banco de Alimentos de Vigo distribuyó un total de 993.550 kilos de alimentos. De los 70.000 kilos de alimentos que se entregaban de media en 2014 se ha pasado en la actualidad a los 100.000 kilos.
Durante el año pasado, la ONG, fundada en Vigo en 1994, repartió más de 1,3 millones de kilos de alimentos en la provincia.
La M.O.D.A. abre a programación cultural da UVigo cun variado cartel cheo de música, teatro e cine
La Maravillosa Orquesta del Alcohol inicia a súa xira galega no teatro de Cidade Universitaria
- Volve a Anecoica con propostas máis clásicas
- O teatro protagonizarano o humor absurdo de Pez en Raya e a produción de gran tamaño de Sarabela coa adaptación de Ensaio sobre a cegueira de Saramago
Vigo, 19 de outubro.- La M.O.D.A. (La Maravillosa Orquestra del Alcohol) abre a programación cultural da Universidade de Vigo nun concerto co que a banda burgalesa inicia a súa xira por terras galegas. La M.O.D.A. é un sexteto que fai folk-rock e que destaca polo seu directo, froito de catro intensos anos pisando todo tipo de escenarios co seu primeiro traballo ¿Quién nos va a salvar? Agora, e logo de triunfar en Benicássim co seu segundo traballo, La primavera del invierno, consolídanse como grupo cun álbum que bebe da literatura (o seu título fai referencia a Primavera con una esquina rota de Mario Benedetti) e mesmo do paso do tempo, con letras que abundan nas lembranzas e o cambio entre a idade adulta e a nenez. Tocarán na Universidade de Vigo o vindeiro 22 de outubro, ás 18.30 horas.
No eido musical, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVIgo inclúe na programación deste outono-inverno a Sés o 19 de novembro ás 18.30 horas. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, coma se define Sés, tocará cancións do seu terceiro álbum, Tronzar o valos, con temas que responden con música e ideas a un tempo de abatemento. Además do concerto, o día de Sés na UVigo completarase cun relatorio na Facultade de Filoloxía dentro das actividades organizadas pola Comisión de Normalización de dito centro.
A terceira cita musical será na Sala Anecoica do edificio da E.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Os Concertos da Anecoica (música nunha sala sen eco) terán lugar o 13 de novembro e o 18 de decembro da man de Lucía Lugrís e Raúl Reyes, interprétes do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e de Su Garrido Pombo e Margarida Mariño, músicas viguesas que interpretarán desde bossa nova ata trip-hop.
Por último, un ano máis, a Universidade de Vigo participará no VertixeVigo15, nesta ocasión coa estrea mundial da obra musical Na procura do Sisili, con Vicente Grau
(percusión) e Pablo Beltrán (electrónica). O concerto terá lugar o 25 de novembro no hall da ETSE de Minas.
Teatro
A adaptación da obra de José Saramago, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, será a primeira proposta teatral desta programación. Trátase da nova produción de gran tamaño deste compañía, con nove intérpretes, da complexa novela do Nobel. A obra relata a pandemia de cegueira dunha sociedade egocéntrica e violenta. É a primeira vez que a novela de Saramago é adaptada ao teatro no estado español. A función da UVigo, prevista para o 28 de outubro, será a segunda vez que se pon en escena esta obra.
A outra cita teatral desta programación será ben distinta, coa proposta de Pez en Raya e o seu Mr. Kebab na que se mistura maxia e humor absurdo da man de Joan Estrader, e en constante interacción co público. Un monólogo para a gargallada que poderá gozarse o 11 de novembro.
Por segunda vez, a programación inclúe un ciclo de Cine e Lingua, no que colabora o Centro de Linguas da Universidade de Vigo, con películas en versión orixinal no edifición Cambión do Casco Vello ás 20.00 horas. Nesta ocasión, serán cinco longametraxes en inglés con subtítulos en castelán. Todas as películas teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven unha situación límite.
A programación cultural da Universidade de Vigo pecha 2015 con dous citas culturais destacadas: a XXV edición da Semana Internacional de Cine Submarino e o concerto de Nadal o 17 de decembro no Auditorio Mar de Vigo. Estes dous eventos serán os encargados, ademais, de pór o colofón ás accións culturais con motivo da celebración do 25 aniversario da Universidade de Vigo.
A entrada a todas as actuacións é de balde ata completar aforamento, agás o Concerto de Nadal que precisa invitación.