CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL AVOGA POR ACENTUAR A COORDINACIÓN E COLABORACIÓN COAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS PARA ERRADICAR A POBREZA E FAVORECER A INCLUSIÓN SOCIAL

  • O titular autonómico destacou o traballo e esforzo “diario e a pé de rúa” das entidades sociais, e apostou por incrementar a colaboración para “chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor”
  • Rey Varela reiterou o compromiso da Xunta de Galicia nos orzamentos do vindeiro ano 2016 coas persoas e familias que peor o pasaron coa crise, e insistiu en que “o conxunto da sociedade debe sensibilizarse, concienciarse e fomentar a inclusión social”.

Santiago, 19 de outubro de 2015.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe coa nova xunta directiva da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en Galicia (EAPN Galicia), representada por: Antonio Hernández, en calidade de presidente e en representación de FEAFES Galicia; Mónica Permuy, vicepresidenta e membro da Fundación Meniños; Patricia Blanco, tesoureira e pertencente a Autismo Galicia; Eva Vera, secretaria e integrante da Fundación Secretariado Gotano; e os vogais Carlos Villar e Eloina Ingerto, de Ecos do Sur e da Fundación Juan Soñador, respectivamente. Este primeiro encontro de traballo enmárcase na rolda de reunións que Rey Varela está a manter con diversos colectivos e entidades que traballan diariamente no ámbito social co obxectivo de acentuar a colaboración.

 

Así, esta xuntanza tivo lugar despois de que o titular autonómico de Política Social asistira o pasado venres, día 16, ao acto oficial conmemorativo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza que se desenvolveu na sede da Valedora do Pobo. No mesmo, as plataformas EAPN, CERMI e a Coordinadora ONGND deron a coñecer unha declaración conxunta e un manifesto elaborado polos membros do Grupo de Participación de Persoas en risco de pobreza ou exclusión social.

 

Rey Varela destacou o traballo e esforzo “diario e a pé de rúa” destas organizacións, indicando que “son coñecedoras das necesidades das persoas e familias que peor o están pasando”. Nesta liña, avogou por acentuar a coordinación e colaboración entre administracións públicas e devanditas entidades para “chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor”. Ao respecto, recordou que a Comunidade conta cunha Estratexia de Inclusión Social para o período 2014-2020 que ten entre os seus principais obxectivos loitar contra a pobreza infantil, reducir as consecuencias da exclusión territorial, dar un novo pulo á inserción no mercado laboral e mellorar a prevención nos casos de vulnerabilidade. Así, neste marco deseñouse o Plan de Loita contra a Desigualdade económica, con 23 medidas concretas que pretende chegar a todos os colectivos en situación de vulnerabilidade ou risco de pobreza, con prioridade para as familias con menores a cargo para cubrir as súas necesidades en materia de sanidade, vivenda e educación. Algunhas das súas medidas son o cheque escolar para a adquisición de material, o ticket eléctrico social, o bono aluguer ou a bonificación de medicamentos.

 

Compromiso firme

 

Así mesmo, o conselleiro de Política Social reiterou a firme aposta da Xunta de Galicia pola inclusión e as persoas que serán un dos eixes prioritarios dos orzamentos para o vindeiro exercicio de 2016. “A recuperación das contas públicas  centrarase nas familias e en axudar ás persoas que peor o pasaron na crise”, dixo.

 

Por último, manifestou que a loita contra a pobreza “é unha tarefa a levar a cabo entre todos”. “O conxunto da sociedade debe sensibilizarse, concienciarse e fomentar a inclusión social”, engadiu Rey Varela.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: