La M.O.D.A. abre a programación cultural da UVigo cun variado cartel cheo de música, teatro e cine

  • ovidio aldegunde lamoda2La Maravillosa Orquesta del Alcohol inicia a súa xira galega no teatro de Cidade Universitaria
  • Volve a Anecoica con propostas máis clásicas
  • O teatro protagonizarano o humor absurdo de Pez en Raya e a produción de gran tamaño de Sarabela coa adaptación de Ensaio sobre a cegueira de Saramago

Vigo, 19 de outubro.- La M.O.D.A. (La Maravillosa Orquestra del Alcohol)   abre a programación cultural da Universidade de Vigo nun concerto co que a banda burgalesa inicia a súa xira por terras galegas. La M.O.D.A. é un sexteto que fai folk-rock e que destaca polo seu directo, froito de catro intensos anos pisando todo tipo de escenarios co seu primeiro traballo  ¿Quién nos va a salvar? Agora, e logo de triunfar en Benicássim co seu segundo traballo, La primavera del invierno, consolídanse como grupo cun álbum que bebe da literatura (o seu título fai referencia a Primavera con una esquina rota de Mario Benedetti) e mesmo do paso do tempo, con letras que abundan nas lembranzas e o cambio entre a idade adulta e a nenez. Tocarán na Universidade de Vigo o vindeiro 22 de outubro, ás 18.30 horas.

No eido musical, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVIgo inclúe na programación deste outono-inverno a Sés o 19 de novembro ás 18.30 horas. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, coma se define Sés, tocará cancións do seu terceiro álbum, Tronzar o valos, con temas que responden con música e ideas a un tempo de abatemento. Además do concerto, o día de Sés na UVigo completarase cun relatorio na Facultade de Filoloxía dentro das actividades organizadas pola Comisión de Normalización de dito centro.

A terceira cita musical será na Sala Anecoica do edificio da E.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Os Concertos da Anecoica (música nunha sala sen eco) terán lugar o 13 de novembro e o 18 de decembro da man de Lucía Lugrís e Raúl Reyes, interprétes do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e de Su Garrido Pombo e Margarida Mariño, músicas viguesas que interpretarán desde bossa nova ata trip-hop.

Por último, un ano máis, a Universidade de Vigo participará no VertixeVigo15, nesta ocasión coa estrea mundial da obra musical Na procura do Sisili, con Vicente Grau

 

 

 

 

 

(percusión) e Pablo Beltrán (electrónica). O concerto terá lugar o 25 de novembro no hall da ETSE de Minas.

Teatro

A adaptación da obra de José Saramago, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, será a primeira proposta teatral desta programación. Trátase da nova produción de gran tamaño deste compañía, con nove intérpretes, da complexa novela do Nobel. A obra relata a pandemia de cegueira dunha sociedade egocéntrica e violenta. É a primeira vez que a novela de Saramago é adaptada ao teatro no estado español. A función da UVigo, prevista para o 28 de outubro, será a segunda vez que se pon en escena esta obra.

A outra cita teatral desta programación será ben distinta, coa proposta de Pez en Raya e o seu Mr. Kebab na que se mistura maxia e humor absurdo da man de Joan Estrader, e en constante interacción co público. Un monólogo para a gargallada que poderá gozarse o 11 de novembro.

Por segunda vez, a programación inclúe un ciclo de Cine e Lingua, no que colabora o Centro de Linguas da Universidade de Vigo, con películas en versión orixinal no edifición Cambión do Casco Vello ás 20.00 horas. Nesta ocasión, serán cinco longametraxes en inglés con subtítulos en castelán. Todas as películas teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven unha situación límite.

A programación cultural da Universidade de Vigo pecha 2015 con dous citas culturais destacadas: a XXV edición da Semana Internacional de Cine Submarino e o concerto de Nadal o 17 de decembro no Auditorio Mar de Vigo. Estes dous eventos serán os encargados, ademais, de pór o colofón ás accións culturais con motivo da celebración do 25 aniversario da Universidade de Vigo.

A entrada a todas as actuacións é de balde ata completar aforamento, agás o Concerto de Nadal que precisa invitación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: