REY VARELA GARANTE O APOIO DA XUNTA DE GALICIA PARA CONSEGUIR UNHA SOCIEDADE MÁIS INCLUSIVA E INTEGRADORA

O conselleiro de Política Social reuniuse hoxe coa directiva de CERMI Galicia

  • O titular autonómico avogou por impulsar a participación das persoas con discapacidade e garantir a súa autonomía, erradicando a discriminación e fomentando a igualdade

 

Santiago, 19 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha primeira xuntanza de traballo con membros da directiva do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI), entre eles o seu presidente, Anxo Antón Queiruga Vila. Esta reunión forma parte da rolda de contactos iniciada polo titular autonómico con colectivos que traballan no ámbito social para coñecer os seus obxectivos e acentuar a coordinación e colaboración.

 

Rey Varela sinalou que “avanzar cara unha sociedade máis inclusiva e integradora ten que ser unha tarefa compartida por todos”, ao tempo que salientou o traballo de entidades e plataformas como CERMI, que “son as que mellor coñecen as necesidades e o importante camiño que aínda resta para conseguir a plena integración e a accesibilidade universal”, dixo. Nesta liña, avogou por impulsar a participación das persoas con discapacidade e garantir a súa autonomía, erradicando a discriminación e fomentando a igualdade. E, ao fío, adiantou que as propostas presentadas polo CERMI relativas aos criterios de reparto das achegas para financiar o mantemento dos programas e entidades que a integran sairán para adiante. Unha medida que suporá a incorporación das asociacións de parálise cerebral e alzheimer.

 

Así mesmo, o conselleiro de Política Social referiuse aos instrumentos normativos e medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para favorecer a plena integración das persoas con discapacidade. Así, sinalou a Estratexia Galega de Discapacidade 2015-2020, folla de ruta para os próximos anos elaborada conxuntamente coas entidades e que recolle seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais. Tamén recordou a nova Lei de accesibilidade de Galicia, xa en vigor, que modernizou unha normativa de vinte anos de antigüidade que non se adaptaba ás novas necesidades do colectivo e da que se inicia xa o seu desenvolvemento normativo.

 

Por último, Rey Varela garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego ás entidades que diariamente se esforzan por axudar ás persoas que máis o necesitan, apostando por concienciar e sensibilizar ao conxunto da sociedade e comprometendo a ampliando do seu financiamento no 2016.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: