A XUNTA INVESTIRÁ EN LUGO E OURENSE CASE UN 50% MÁIS QUE NAS PROVINCIAS ATLÁNTICAS PARA AFONDAR NO REEQUILIBRIO TERRITORIAL

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martnez, far entrega presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Nogueira, do Proxecto de orzamentos de Galicia para 2016.
A Administración galega investirá 725 euros por habitante en Lugo e 688 euros en Ourense, fronte ao 502 na Coruña e 460 de Pontevedra
- Os beneficios fiscais aumentan un 13,3% e chegan ata os 364 millóns de euros, o que permitirá incrementar a renda dispoñible das familias galegas
- O conselleiro de Facenda entregou hoxe no Parlamento os proxectos de Lei de Orzamentos para 2016 e de Medidas Fiscais e Administrativas
- A Xunta disporá o vindeiro ano de 430 millóns de euros máis, polo incremento do gasto non financeiro e polo aforro nos xuros da débeda
- A previsión macroeconómica do Goberno galego inclúe unha revisión á alza da taxa de PIB para 2016 e unha baixada de 1,8 puntos na taxa de paro
- Os investimentos medran un 14% e o gasto social aumenta en case 300 millóns
- A rebaixa fiscal será a máis importante da historia da Autonomía