La M.O.D.A. abre a súa xira galega na Universidade de Vigo

Vigo, 21 de outubro de 2015.- La Maravillosa Orquesta del Alcohol, coñecidos co acrónimo La M.O.D.A., abrirán a súa xira galega na Universidade da Vigo. O concerto terá lugar no teatro de Cidade Universitaria da UVigo mañá 22 de outubro ás 18.30. Trátase da primeira cita cultural da programación de outono-inverno da Universidade de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

lamoda2

O sexteto burgalés vén de recibir o aplauso da crítica e o público en escenarios tan importantes como o do pasado Festival de Benicássim. A banda, que mistura música acústica con acordeón, banjo, mandolina e saxofón; móvese entre o folk, country e blues sen afastarse doutros estilos como o punk e o rock.

 

La M.O.D.E. conseguiu en catro anos tocar en festivais, salas de concertos, bares e a rúa, co seu primeiro álbum ¿Quién nos va a salvar? ata conseguir encher tres noites consecutivas a mítica sala Sol de Madrid. Agora inician unha nova xira co seu segundo traballo, La primavera del invierno. Este segundo álbum supón un paso decisivo para a consolidación do grupo. La M.O.D.A soa máis que nunca a conxunto, froito das infinitas horas de estrada e local de ensaio. O título do LP está inspirado na novela Primavera con una esquina rota de Mario Benedetti e fai referencia á dualidade entre as cousas boas e as malas que suceden na vida de calqueira persoa. En canto ás letras, falan dos sentimentos, pensamentos e lembranzas de alguén cada vez máis próximo á idade adulta e máis afastado da nenez.

 

 

 

La M.O.D.A.

La Maravillosa Orquesta del Alcohol

 

Data:    Xoves, 22 de outubro

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

               

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: