O conselleiro de Política Social entrevistouse hoxe cos responsables da Federación de Asociacións Galegas de Familiares Enfermos de Alzhéimer (FAGAL)

REY VARELA FÍXASE COMO OBXECTIVOS AUMENTAR O NÚMERO DE PERSOAS DEPENDENTES ATENDIDAS POLO SISTEMA E IMPLANTAR NOVOS SERVIZOS ESPECÍFICOS PARA OS DOENTES E AS SÚAS FAMILIAS

 

  • O titular autonómico avogou por intensificar a prevención e formación para facer fronte ao alzhéimer, ao tempo que recoñeceu o traballo fundamental de apoio, información e orientación que leva a cabo FAGAL

 

  • Actualmente, Galicia conta con 412 prazas públicas para persoas con alzhéimer repartidas en 13 centros que forman unha rede de atención que chega ás catro provincias

 

Santiago, 21 de outubro de 2015.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Federación de Asociacións Galegas de Familiares Enfermos de Alzhéimer (FAGAL), Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. Esta reunión enmárcase na serie de entrevistas que Rey Varela está a manter coas organizacións e entidades que conforman o tecido social de Galicia co obxectivo de coñecer de primeira man as súas iniciativas e fomentar a colaboración para así poder axudar a un maior número de persoas e familias.

 

O titular autonómico recalcou que a prioridade “é mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e avanzando na mellora das condicións de vida das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”. Nesta liña, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación frente o alzhéimer; ao tempo que recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo FAGAL, que “presta un apoio fundamental, non soamente aos doentes, senón tamén aos seus familiares”.

 

Ademais, Rey Varela avanzou que o impulso social que se recolle nas novas contas da Xunta de Galicia para o vindeiro ano permitirá un aumento no número de persoas dependentes atendidos polo sistema; así como a implantación de novos servizos de atención recollidos na Carteira de Servizos Sociais, que inclúe unha carteira específica para o alzhéimer. Galicia conta actualmente con 412 prazas públicas para persoas con alzhéimer repartidas en 13 centros que forman unha rede de atención que chega ás catro provincias. O 43% destas prazas foron creadas nos últimos catro anos.

 

Finalmente, o encontro serviu tamén para que o responsable das políticas sociais do Goberno galego recollese as propostas que lle fixeron chegar dende a Federación co obxecto de seguir avanzado na liña de traballo marcada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: