Archivo | octubre 21, 2015

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE RENOVA AS POLÍTICAS AUTONÓMICAS PARA A MOCIDADE A TRAVÉS DA COORDINACIÓN COA REDE GALEGA DE INFORMACIÓN XUVENIL E AS CORPORACIÓNS LOCAIS

  • A Delegación Territorial de Vigo e o Espazo Xove de Ourense acolleron no día de hoxe senllos Encontros territoriais nos que se deron cita os concelleiros de Xuventude e os profesionais da Rede Galega de información xuvenil
  • Os sete Encontros que se manterán este ano afondarán na participación activa e o intercambio de experiencias entre entidades
  • Os Encontros xiran en torno a cinco temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Correspondentes xuvenís, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativas Xove

 

Vigo e Ourense, 20 de outubro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidiu no día de hoxe os Encontros territoriais de información xuvenil celebrados nas cidades de Vigo e Ourense. Estes encontros enmárcanse nas reunións que a Dirección Xeral está a manter cos concelleiros de Xuventude e os profesionais da Rede Galega de información xuvenil co obxectivo de facilitar a participación activa e o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes que traballan de xeito directo coa xuventude galega. Este ano celebraranse tres encontros máis nos Espazos Xoves de Carballo e Pontedeume así como na Delegación Territorial de Lugo que se sumarán aos xa celebrados nos Espazos Xoves de Curtis e de Noia, mais os dous de hoxe, que tiveron lugar no Espazo Xove de Ourense e na Delegación Territorial de Vigo.

 

Deste xeito, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está a renovar as políticas autonómicas para a mocidade. A xestión da Xunta de Galicia abarca desde accións baseadas no ocio e no tempo libre ata programas pioneiros en todo o Estado desenvoltos nos últimos anos e que se sustentan na utilización da educación non formal como método de adquisición de novas habilidades e competencias.

 

Rede galega de Información Xuvenil

A Rede Galega de información xuvenil está composta por por 248 Oficinas Municipais de Información Xuvenil, 69 Puntos de Información Xuvenil e 12 Espazos Xoves dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, emprazadas en Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui, Vilagarcía e Ourense.

 

Este ano os Encontros xiran en torno a cinco temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Correspondentes xuvenís, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativas Xove.

 

Por outra banda, hai que sinalar que os profesionais da Rede Galega de Información Xuvenil contan co certificado profesional de Informador Xuvenil. Neste sentido, Galicia foi pioneira en por en marcha tres procedementos de recoñecemento de competencias profesionais en información xuvenil a través da acreditación das súas competencias, adquiridas pola súa experiencia laboral e/ou pola formación obtida a través da educación non formal.

Ampliação do Parque Eólico vai deixar mais Dinheiro em Valença Investimento de 25 Milhões de Euros

SONY DSC

SONY DSC

Oito novos aerogeradores estão a ser instalados no Parque Eólico de Valença, num investimento de 25 milhões de euros que duplica a capacidade instalada no concelho.

Um investimento que potencia uma melhor exploração dos recursos locais e vai duplicar as fontes de receita das eólicas para Valença.

A ampliação do Parque Eólico de Valença, a cargo da Ventominho, reforça a capacidade instalada com os novos aerogeradores que estão a ser implantados nos cumes dos montes das freguesias de Boivão, Sanfins e Taião, em três polos o de Alto de Teares, Fortes e o de Chão das Pipas, a uma altitude entre os 500 e os 700 metros.

Este investimento para além de potenciar a criação de energia limpa para o pais traz compensações económicas para o concelho de Valença e em particular para as freguesias de Taião, Boivão e Sanfins, detentoras dos terrenos baldios onde estão a ser instaladas as torres eólicas. Entre as compensações diretas financeiras o Município de Valença e a freguesia de Taião receberam desde 2008 mais de 1 milhão de euros. Valores que se espera agora ver duplicados e alargados às freguesias de Boivão e Sanfins.

As novas torres tubulares, de última geração, tem 85 metros de altura, com três pás, com 40 metros de largura que permitem um melhor aproveitamento dos ventos das cumeadas dos montes de Valença.

A empreitada contempla, ainda, a construção de 5,5 Kms de novos acessos e a reabilitação de 22,3 Kms de acessos já existentes. Estruturas que, para além de servir o parque eólico, serão fundamentais para o controle dos incêndios no concelho bem como permitem na potenciação do turismo de natureza, nomeadamente os miradouros e os trilhos de montanha, como por exemplo Miradouro da Capela de São Lourenço em Taião.

A ampliação do Parque Eólico do Alto Minho, em Valença, mereceu o reconhecimento de interesse municipal por parte do Município de Valença.

www.cm-valenca.p

The Soul Jacket on the road again con Girando por Salas: Jaén y Almería

unnamedThe Soul Jacket on the road again con Girando por Salas

Los vigueses, que cumplen 10 años sobre los escenarios, presentan su tercer disco: Black Cotton Limited(2014)

Viernes 23, 22h. 50 Sombras, Jaén. 7€ en taquilla
Sábado 24, 22h. Madchester, Almería (+ La Factoría del Cosmos). 7€ en taquilla

“Estamos ante un paso adelante BRUTAL […] Mejor disco nacional del pasado año para el que esto firma. Con diferencia”. Ruta66

 “Quince canciones que los sitúan A LA CABEZA del rock patrio […] no busquen NADA MEJOR para que les devuelvan el dinero: no lo van a encontrar”. EfeEme.com

“En este momento no hay NADIE en España capaz de igualar la CALIDAD compositiva e instrumental de esta banda. Y si hablamos de asimilación de influencias, ahí ya se les puede calificar de MAESTROS”. Popular1

“Toño  es un hijo bastardo de JOE COCKER, un sobrino lejano de Van Morrison, un tipo de voz rota capaz de incendiar una sala de conciertos con una música que se mueve entre el rock del sur del Misisipi, el blues rural y el soul de Alabama”. Cadena SER

Con esta carta de presentación poco nos queda que añadir… pero os contamos algunos datos:

En noviembre de 2014, y motivados por el buen sabor de boca que dejó Wood Mama (2012) tanto a público como a prensa especializada, The Soul Jacket publicaron su esperado tercer disco de estudio:  Black Cotton Limited, también producido por Hendrik Röver.

15 cortes que se deslizan libremente entre los estilos de esa Norte América mítica que tan bien han sabido absorber e incorporar a un registro propio ya de por sí rico en matices. Pero si algo diferencia a la banda viguesa de la mayoría de sus coetáneos y colegas de profesión es que no tienen reparo en alejarse de la obviedad del rock & roll para mostrar todas sus inquietudes. Su facilidad para incluir sonidos afro-latinos o incluso algo de aquellapsicodelia californiana de finales de los 60 en temas que sobrepasan los 8 minutos es para la banda viguesa algo natural y hasta necesario.

Esa búsqueda de una identidad propia y de un sonido único y personal tiene su mayor exponente en este nuevo disco: Black Cotton Limited. Hay temas instantáneos empujados por arreglos de viento afilados y reverberantes, suites instrumentales entrelazadas con armonías vocales, medios tiempos pegajosos como la melaza, tonadas marineras de taberna de medianoche cantadas a dos voces, desarrollos inquietantes arropados por una percusión afro-latina e incluso una trilogía central donde el fantasma de un affaire sobrevuela las conciencias de una pareja de hermanos separados por el tiempo y la distancia.

El último trabajo de la banda gallega es, en definitiva, un disco redondo, que sobrepasa el listón dejado por sus predecesores y que nos muestra a unos The Soul Jacket más expuestos, honestos e inspirados que nunca.

The Soul Jacket en directo

Escúchalos aquí: thesouljacket.bandcamp.com

O XOVES 22 DE OUTUBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “CEOS E MAREAS” DE FELIPE ARANDA

Vigo, 21 de outubro de 2015. O xoves 22 de outubro (20:00 horas) celebraremos en Detrás do Marco (R/ Londres s/n) o acto de inauguración da exposición de pintura “Ceos e Mareas” de Felipe Aranda.

O vigués Felipe Aranda comezou na pintura de forma autodidacta para posteriormente recibir formación xunto a Cristina Núñez e Ruth Martínez. Na actualidade traballa principalmente a acuarela e o óleo.

Día: 22 de outubro

Hora: 20:00 horas

Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres, s/n)

O galego Diego García dirixirá mañá a Real Filharmonía de Galicia en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a vindeira semana en Vigo o seu segundo concerto da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida polo boirense Diego García e con Julián Hernández como cantante solista. O recital, composto por obras de Musgrave, Antheil e Gruber, terá lugar o xoves 22 de outubro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Previamente, ás 20h, terá lugar a charla Encontro co maestro, dirixida a todos aqueles asistentes ao concerto que estean interesados, e protagonizada por Diego García y Julián Hernández. As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

A VENDA DE PARCELAS NA PLISAN COMEZARÁ O VINDEIRO ANO MEDIANTE UNHAS CONDICIÓNS VANTAXOSAS QUE ATRAERÁN A INSTALACIÓN DAS EMPRESAS EN 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, supervisou hoxe o inicio dos traballos de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves

 

  • Este mesmo ano iniciarase a promoción comercial da Plataforma Loxística e as empresas demandantes de parcelas poderán beneficiarse da posibilidade de acceder á superficie empresarial a través do dereito de solo ou da concesión administrativa
  • As obras de urbanización teñen un prazo de execución de 18 meses e un investimento de 13,5 millóns de euros, financiados pola Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca de Vigo
  • A urbanización da primeira fase que hoxe comeza deixará habilitada a zona máis próxima ao enlace coa autovía e dará servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da plataforma
  • Estanse a realizar os traballos técnicos previos á licitación da construción da depuradora e potabilizadora para garantir estes servizos ás empresas que se establezan
  • O obxectivo compartido polas tres administracións é lograr que a PLISAN, á que se destinarán máis de 20 millóns de euros, se converta, canto antes nun polo de atracción de empresas que contribúan ao dinamismo económico de Galicia e a xerar emprego e riqueza na comunidade

 

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 21 de outubro de 2015.- A venda de parcelas na PLISAN comezará o vindeiro ano mediante unhas condicións vantaxosas que atraerán a instalación das empresas en 2017. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, supervisou hoxe o inicio dos traballos de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves.

Nesta visita tamén estiveron presentes os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e Pontevedra, José Manuel Cores Tourís;  a delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; e os alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves, Arturo Grandal e Xosé Manuel Rodríguez.

Este mesmo ano iniciarase a promoción comercial da Plataforma Loxística e no próximo exercicio as empresas demandantes de parcelas poderán beneficiarse de condicións atractivas que inclúen a posibilidade de acceder á superficie empresarial a través do dereito de solo ou da concesión administrativa.

O comezo das obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais certifican que o avance e o desenvolvemento da PLISAN é xa un feito incuestionable que non ten volta atrás. Neste sentido, esta infraestrutura está chamada a ser a área loxística de referencia do sur de Galicia.

As obras de urbanización teñen un prazo de execución de 18 meses e contan cun investimento de 13,5 millóns de euros, que serán financiados polos tres organismos que participan no proxecto: Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca de Vigo.

Os traballos de urbanización da primeira fase que hoxe comezan deixarán habilitada a zona máis próxima ao enlace coa autovía e darán servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da plataforma.

No que se refire ás características técnicas desta actuacións, cómpre destacar que a lonxitude do viario e das conducións superan os 3.700 metros lineais; a superficie do vial pasa dos 110.000 metros cadrados (entre zonas de circulación, beirarrúas e medianeiras axardinadas); e as zonas verdes do borde da vía ocupan unha superficie total de preto de 200.000 metros cadrados.

Na actualidade estanse a realizar os traballos técnicos previos á licitación das obras de construción das estacións depuradora e potabilizadora de augas, para garantir estes servizos ás empresas que se establezan. Estas actuacións contarán cunha achega próxima aos 6,4 millóns de euros.

A vontade compartida polas tres administracións é lograr que a plataforma loxística e industrial Salvaterra-As Neves, á que se destinarán máis de 20 millóns de euros, se converta, canto antes nun polo de atracción de empresas que contribúan ao dinamismo económico de Galicia e a xerar emprego e riqueza na comunidade.

 

 

CONVOCATORIA JORNADAS VICTIMAS TERRORISMO

8ª JORNADA “DÍA DE LA MUJER VÍCTIMA DEL TERRORISMO”

El Hotel NH Palacio de Vigo albergará el próximo sábado, 24 de octubre, a partir de las 10,00, la 8ª Jornada “Día de la Mujer Víctima del Terrorismo”, organizada por ACFSEVT (Asociación de Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado Víctimas del Terrorismo”.

 

ACFSE_vigo_mujer_diptic

 

 

8ª Jornada “Día de la Mujer Víctima del Terrorismo”

 

Lugar: Hotel NH Palacio de Vigo (Avda. De García Barbón, 17-19). VIGO

 

Día: Sábado, 24 de octubre de 2015

 

Hora: 10,00 h.

 

ORGANIZA PATROCINAN
COLABORAN
Dirección General de Apoyo a Víctimas del Terrorismo
sábado, 24 de octubre 2015 • 10:00h
Hotel NH Palacio de Vigo
“La Asociación Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado Víctimas del Terrorismo (ACFSEVT) dedica la celebración de estas Jornadas de Atención Social especialmente a las mujeres, las que sufrieron atentados terroristas y las que tuvieron que atender a los que los habían sufrido. Víctimas ocultas, víctimas en la sombra, víctimas sin voz.
Queremos ofrecerles nuestro humilde homenaje a su callada labor,entrega, coraje y sacrificio, y a la vez oír sus testimonios en los que queda reflejado un aspecto oculto y desconocido de los daños colaterales del terrorismo, una de las secuelas ocultas que han provocado los atentados terroristas y que la sociedad española desconoce.”
INTERVIENEN
TESTIMONIOS
Mª Luisa Mosquera González
Mª del Prado Encinas Hernández
Mª Olvido del Valle Barrios
ESPECIALISTA
María Santos García
Marimar Blanco Garrido
PROGRAMA
24 OCTUBRE
09:30 h.
Recepción autoridades e invitados
10:00 h.
Inauguración Jornadas
10:05 h.
Intervención Autoridades
CLAUSURA
Sonia Ramos Piñeiro
Directora General de Apoyo
a Víctimas del Terrorismo
11:00 h.
Intervención Testimonios
11:45 h.
Descanso
12:30 h.
Intervención especialistas
13:45 h.
Clausura Jornadas

LÓPEZ-CHAVES TILDA DE “MAGNÍFICAS” AS PARTIDAS DO ORZAMENTO DA XUNTA PARA VIGO E PIDE AO CONCELLO QUE “COLABORE E NON SEXA OBSTÁCULO” PARA PODER EXECUTALAS

  • 21102015_RdPDelegadoVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, valorou hoxe os Orzamentos que o Goberno autónomico destina á cidade e a súa área territorial
  • Considerou que “crecen considerablemente” sendo a cidade de Galicia que “máis investimento percibe por habitante” con case 160 millóns de euros
  • Recorda que a execución das partidas para a Cidade da Xustiza, estación intermodal e ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia “dependen exclusivamente de que o Concello ceda os terreos”

 

Vigo, 21 de outubro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para realizar unha valoración dos Orzamentos da Xunta de Galicia para Vigo e a súa área metropolitana que cualificou de “magníficos”. “Cando tomei posesión coma delegado dixen que era un orgullo porque se trataba da Xunta que máis investimentos fixera na cidade nos últimos anos e estes investimentos confirman esa declaración”, considerou López-Chaves.

 

Segundo dixo, os investimentos que o Goberno autonómico inclúe no documento presentado onte no Parlamento de Galicia para a cidade de Vigo e zona de influencia contan con “partidas para os proxectos máis importantes da nosa cidade que xa son realidades”, sinalou facendo mención aos orzamentos para o Novo Hospital Público Álvaro Cunqueiro ou a EDAR do Lagares ademais de “incluír novas partidas” para a Cidade da Xustiza, a estación intermodal ou para a ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia. Nestes tres casos, coma sinalou o delegado, poder executalas “depende da dispoñibilidade dos terreos por parte do Concello. Fai falla que acelere as xestións”, valorou.

 

Con respecto á Cidade da Xustiza, explicou que se a día de hoxe non está construída é pola falta de cesión da parcela por parte do Concello de Vigo. López-Chaves recordou que a Xunta leva esperando “6 anos e 16 días a que o Concello entregue o solar. Sen isto non se pode construír, polo que lle seguimos a reclamar a Caballero que sexa áxil”, dixo, incidindo no feito de que “nestes momentos a parcela segue a ser titularidade dos seus propietarios”. Neste senso, explicou que aínda tería que pasar ao Concello para cedela despois á Xunta de Galicia. “Esperemos que non tarden outros 6 anos e 16 días”, anhelou. De todos modos, quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade á xudicatura viguesa garantindo que unha vez a Xunta teña dispoñibilidade do solar “se poderá entonces iniciar o proxecto de licitación das obras. Unha vez o teñamos, na ficha de investimento da Cidade da Xustiza hai 24 millóns de euros asignados, máis incluso do que estaba calculado nun inicio”.

 

No tocante á estación intermodal, o delegado destacou que a Xunta destina “a maior partida para calquera cidade de Galicia”. “A conselleira dixo que ía a ser a primeira cidade de Galicia que a tería e a partida asignada así o confirma”, explicando que os 1,3 millóns de euros destinados a este proxecto “amosan a vontade da Xunta para que Vigo sexa a primeira cidade de Galicia en ter a estación intermodal”. Neste senso, esperou que non suceda coma coa Cidade da Xustiza especificando que “hai unha obriga do Concello de ceder os terreos”, referíndose ás fichas do PXOM nas que se contemplaba, incluso, que a cesión e desenrolo do ámbito se fixese no ano 2012. “Descoñezo se o Concello iniciou todo o proceso pero que Vigo sexa a primeira cidade de Galicia en contar coa estación intermodal dependerá exclusivamente de que o Concello ceda os terreos”, considerou.

 

E no que respecta ao CEIP Rodríguez Castelao de Navia, a Xunta reserva máis de 390.000 euros para a súa ampliación. “Hai partida para amplialo e para iso fai falla que o Concello ceda os terreos”, insistiu López-Chaves sinalando que estamos ante a mesma situación que coa Cidade da Xustiza e a estación intermodal.

 

En definitiva, o delegado considerou que as partidas do Orzamento da Xunta “crecen considerablemente na cidade de Vigo” cifrando o dato en case 160 millóns de euros e mantendo a opinión de que “debemos de ser a cidade de Galicia que máis investimento percibe por habitante”. “É unha magnífica aposta pola cidade de Vigo e a súa área metropolitana”, valorou para rematar a súa intervención resumindo que se trata dun investimento “grande”; amosa o compromiso “con proxectos que se están a executar e novos proxectos para traer a cidade”; inclúe “proxectos de carácter metropolitano” e, por último, esperando que “o Concello colabore e non sexa obstáculo” para que se poidan executar.

 

Outras partidas importantes

López-Chaves non se esqueceu doutras importantes partidas que forman parte do Orzamento da Xunta e que, coma cualificou, “son fundamentais para a cidade”. Relatou aquí o investimento para a Plisan (máis de 10 millóns de euros) que considerou “un elemento determinante para o crecemento de Vigo e área e tamén para o futuro do Porto”, matizando que “facía falta un Porto Seco e a reactivación e aposta da Xunta pola Plisan é unha magnífica noticia. Vigo é unha cidade industrial e a aposta para seguir a ser sendo exemplo e modelo de cidade industrial en todo o noroeste de España así o confirma”.

 

Mencionou tamén o investimento para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares, con 8 millóns de euros; o Desdobramento do Corredor do Morrazo (17,9 millóns) “fundamental para o desenrolo das infraestruturas” metropolitanas; as partidas para a ampliación de Navia (2,8 millóns) ou coas políticas sociais e, en materia educativa, coa ampliación do IES de Teis (1,27 millóns) ademais do CEIP Rodríguez Castelao de Navia.

 

O Teatro Afundación de Vigo acollerá en decembro The Hole 2

O Teatro Afundación de Vigo  acollerá o vindeiro xoves 3 de decembro a estrea de The Hole 2,  que dá continuidade ao exitoso The Hole, que puido verse na cidade en 2014, cun total de 9 funcións que terminarán o 8 de decembro. As entradas están xa dispoñibles en www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE CONTINÚA TRABALLANDO EN PROL DA MOCIDADE A TRAVÉS DO QUINTO ENCONTRO TERRITORIAL COA REDE GALEGA DE INFORMACIÓN XUVENIL CELEBRADO EN LUGO

  • A directora xeral valorou a importancia do programa Correspondentes Xuvenís que achega a información “aos mozos e mozas dun xeito máis directo a través dos seus propios compañeiros”
  • Ademais deste programa, os Encontros xiran en torno a outras catro áreas temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativas Xove
  • Os sete Encontros que se manterán este ano afondarán na participación activa e o intercambio de experiencias entre entidades

 

Lugo, 21 de outubro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidiu no día de hoxe o quinto Encontro territorial de información xuvenil celebrado nas cidade de Lugo. Estes encontros enmárcanse nas reunións que a Dirección Xeral está a manter cos concelleiros de Xuventude e os profesionais da Rede Galega de información xuvenil co obxectivo de facilitar a participación activa e o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes que traballan de xeito directo coa xuventude galega. Nas vindeiras datas celebraranse dous encontros máis nos Espazos Xoves de Carballo e Pontedeume que se sumarán aos xa celebrados nos Espazos Xoves de Curtis, Noia e Ourense, na Delegación Territorial de Vigo e ao mantido hoxe no albergue xuvenil ‘Lug II’.

 

Entre outros temas de interese, a directora xeral de Xuventude, animou aos participantes do Encontro a implicar os centros educativos dos seus municipios no programa Correspondentes Xuvenís que “permite descentralizar a información xuvenil para achegala aos mozos e mozas dun xeito máis directo a través dos seus propios compañeiros”.

 

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0, posto en marcha en 2013, ten como principal obxectivo difundir a información xuvenil a través de iguais, entre os estudantes dos institutos de secundaria. Os correspondentes reciben semanalmente un boletín informativo elaborado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con información de interese para a mocidade, que distribúen entre os seus compañeiros a través de diferentes medios.

 

No pasado curso escolar participaron 362 correspondentes xuvenís, distribuídos entre 75 institutos de Galicia e residencias xuvenís. Ademais do programa Correspondentes Xuvenís, os Encontros xiran en torno a outras catro temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativas Xove.

 

 

 

Rede galega de Información Xuvenil

A Rede Galega de información xuvenil está composta por por 248 Oficinas Municipais de Información Xuvenil, 69 Puntos de Información Xuvenil e 12 Espazos Xoves dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, emprazadas en Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui, Vilagarcía e Ourense.

 

Por outra banda, hai que sinalar que os profesionais da Rede Galega de Información Xuvenil contan co certificado profesional de Informador Xuvenil. Neste sentido, Galicia foi pioneira en por en marcha tres procedementos de recoñecemento de competencias profesionais en información xuvenil a través da acreditación das súas competencias, adquiridas pola súa experiencia laboral e/ou pola formación obtida a través da educación non formal.