O humorista Miguel Lago presenta en Cangas o seu espectáculo Soy un miserable
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, venres 23 de outubro en Cangas, o último espectáculo do monologuista Miguel Lago. Humor, retranca galega e ironía únense en Soy un miserable para crear un mordaz e hilarante retrato das máis baixas miserias humanas. O espectáculo, que xa gozaron máis de 50.000 espectadores na súa xira ao longo de toda España, terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas (Avenida de Lugo, 27) ás 22.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.