Archivo | octubre 22, 2015

ASDAN, San Xerome e San Rafael campións galegos de Baloncesto FGDA

FGDA_FinalO polideportivo municipal de Porriño foi escenario hoxe dunha das mellores mostras de xogo limpo na pista a cargo duns 180 xogadores

As dúas pistas do Polideportivo Municipal de O Porriño, acolleron durante toda a mañá os encontros pertencentes á terceira xornada e final da Liga de Baloncesto 2015 para deportistas con discapacidade intelectual.

Deste xeito, ao longo de 20 partidos que daban comezo ás 10.30 h, púidose ver sobre as canchas o gran compañeirismo existente entre os 180 xogadores participantes, que demostraron un grande e exemplar xogo limpo sobre o terreo pero sen deixar de lado as súas ansias por gañar, latentes nas súas emocionadas celebracións.

A concelleira de Benestar Social e de Educación, Soledad Girón, foi a encargada de entregar os premios aos campións e subcampións desta cuarta edición, alentando “a seguir gozando do deporte como o facedes, porque dá gusto vervos xogar e comprobar o gran compañeirismo que vos demostrades”.

Así, os encargados de recoller os seus premios -aínda que todos levaron a súa medalla conmemorativa valorando o seu esforzo e empeño- foron na competición masculina, campión ASDAN e subcampeón, ASPANEX; na competición feminina, campión San Xerome e subcampeón, Escravas Virxe da Dolorosa; en adaptada masculina, campión San Rafael e subcampión, Juan XXIII; e adaptada feminina, campión ASDAN e subcampión, Méndez Núñez.

Xunto ao resto de equipos participantes -Saladino Cortizo, San Rafael, Saiar, Aceesca, Racing Chapela e Prioriño-, todos os seus integrantes demostraron un ano máis que son uns auténticos campións.