A XUNTA DE GALICIA DESTINARÁ EN 2016 MÁIS RECURSOS ÁS ENTIDADES QUE APOIAN A PERSOAS CON DANO CEREBRAL E AS SÚAS FAMILIAS

  • A Consellería de Política Social aumentará o vindeiro ano o convenio de colaboración coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) nun 26%, chegando así aos 211.500 euros
  • Coincidindo coa conmemoración o vindeiro luns do Día do Dano Cerebral, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, visitou hoxe en Vigo o Centro de día “Alento” e a Residencia para persoas con Parálise Cerebral de APAMP

Vigo, 23 de outubro de 2015.-  A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, aumentará en 2016 o apoio da Xunta de Galicia ao mantemento e desenvolvemento de programas de atención ambulatoria de persoas afectadas por dano cerebral adquirido. Así, e a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, o vindeiro ano se reforzará o convenio de colaboración coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), subindo a súa contía un 26% con respecto ao acordo vixente até chegar aos 211.511 euros.

 

Precisamente, e coincidindo coa próxima conmemoración o luns 26 de outubro do Día do Dano Cerebral, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, visitou hoxe en Vigo o Centro de día “Alento” da Asociación de Dano Cerebral da cidade olívica e a residencia para persoas con parálise cerebral da Asociación de Familias de persoas con Parálise Cerebral (APAMP). A responsable autonómica salientou o interese do Goberno galego en continuar apoiando a este colectivo, e salientou o esforzo diario que fan as entidades que traballan neste ámbito. Neste sentido, asegurou a colaboración permanente e o diálogo aberto da administración autonómica coas asociacións deste sector.

 

Galicia conta na actualidade cun total de 143 prazas para este colectivo -entre atención diúrna e residencial- nunha rede de centros de atención distribuídos nas catro provincias. Ademais, a Comunidade Autónoma é pioneira en dotarse dunha carteira específica de Servizos Sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Este modelo permite unha maior especialización, definindo programas e servizos atendendo aos colectivos aos que se dirixen, como por exemplo: alzhéimer, discapacidade física ou intelectual, dano cerebral ou parálise cerebral.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: