CIG-Saúde Anatomía Patolóxica.

anatomia1CIG-SAÚDE denuncia a situación que atravesa o servizo de anatomía patolóxica do novo hospital de Vigo. Esta semana houbo que tomar a decisión por parte do persoal de paralizar temporalmente o traballo na sala de corte e teñido de mostras polo insoportable que resultaba respirar en dita sala, este motivo provocou indisposicións do persoal, mareos, dores de cabeza e malestar en xeral. Este asunto foi posto en coñecemento da unidade de riscos laborais que se presentou no servizo e fixo un informe ao respecto. Ante esta situación, que xa foi denunciada entre outras anomalías pola CIG ante inspección de traballo, tomouse a decisión, logo dunha xuntanza urxente da dirección, de dividir o traballo en dous tramos, primeiro se corta logo unha pausa para que se ventile a sala, e logo o teñido. Esta medida é provisional á espera de que se busque unha solución definitiva. Como anécdota comentar que dende o servizo solicitouse que abriran unha ventá na sala para poder ventilar, ao cabo de un rato apareceu persoal da concesionaria cunha chave para abrir a ventá e atopouse que non había ventás para abrir, eran cristaleiras fixas, o que solicitaba o persoal precisamente é que puxeran ventás de apertura. Esta central sindical mantivo onte unha xuntanza co xerente para exporlle estes problemas, a resposta foi que non sabía do tema en concreto, que so sabía das medidas que tiñan que tomar a instancias da inspección de traballo da xuntanza do pasado 15 de outubro que lle deu un prazo de 15 días para solucionar os problemas de ventilación das salas afectadas. CIG-SAÚDE está á espera de que o xerente se digne a enviarnos os informes que lle solicitamos por escrito dos técnicos de riscos laborais sobre o servizo de anatomía, parece que se fai o remolón para envialo porque xa os ten segundo recoñeceu. Unha vez mais dilatando e dando largas. Ante a crítica que CIG-SAÚDE lle fixo ao xerente das dúbidas que tíñamos acerca dos controis de obra por parte do SERGAS á hora da entrega da obra por parte da concesionaria, o xerente acusounos de insidiosos e que iso habería que demostralo, respostámoslle que aos feitos nos remitimos coa cantidade de incidencias que acontecen neste hospital, unha infraestrutura privada que se controla así mesma non nos merece moitas garantías. A irresponsabilidade que manifestou esta dirección en todo este proceso, tanto de traslado como organización, nos leva unha vez mais a pedir a dimisión inmediata da cúpula directiva da EOXI de Vigo. Axuntamos a última denuncia presentada ante inspección de traballo sobre o servizo de anatomía patolóxica En Vigo a 23 de outubro de 2015

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: