Os Global Shapers e ABANCA comparten cos emprendedores os resultados da caravana ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’

Os responsables do proxecto reuniranse durante as vindeiras semanas cos mozos de Galicia, Asturias e León que participaron na ruta para presentarlles as conclusións da investigación empírica realizada 23.10.2015. Os mozos e mozas de Galicia, Asturias e León que participaron no proxecto da caravana ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ coñecerán durante as próximas semanas de primeira man as conclusións da investigación empírica realizada no marco desta iniciativa de emprendemento social impulsada por Global Shaper Madrid en colaboración con ABANCA e a Fundación Universidad Empresa (FUE). Os responsables do proxecto manterán durante as vindeiras catro semanas unha serie de reunións de traballo cos emprendedores novos que se uniron á caravana durante o pasado verán para compartir con eles os resultados preliminares da escoita activa realizada co obxectivo de coñecer a situación real e inquedanzas da súa propia xeración. Os encontros concentraranse en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ourense, Lugo, León e Oviedo cidades nas que a caravana desenvolveu actividades con emprendedores para preguntarlles sobre os seus proxectos de futuro e os obstáculos que atopan para facelos realidade. As conclusións globais das dúas investigacións realizadas –unha cualitativa e outra cuantitativa- cos testemuños dos mozos que foron entrevistados na caravana durante a súa ruta por 30 cidades españolas presentaranse publicamente durante os próximos meses. Ademais desta análise empírica, tamén se estreará un documental audiovisual elaborado coas opinións de emprendedores e mozos participantes, que pon cara e voz a unha xeración que quere tomar as rendas do seu futuro e emprender, desmentindo o mito da denominada ‘xeración perdida’. ‘Palabras para Galicia’ ABANCA apoia o proxecto da caravana de ‘¿Qué quieres hacer en tu vida?’ no marco do seu programa ‘Palabras para Galicia’, unha iniciativa promovida polo banco que para o ano 2015 ten o obxectivo de promover o debate sobre a importancia da educación e o 2 emprendemento no futuro dos mozos e a construción dunha sociedade máis igualitaria. ‘Palabras para Galicia’ comezou en maio deste ano coa visita a Galicia de Kailash Satyarthi, Premio Nobel de la Paz 2014, quen impartiu na Coruña a conferencia ‘Educación para unha sociedade sostible: construíndo alianzas innovadoras’. ABANCA pretende agora empregar as conclusións xurdidas da escoita activa realizada pola caravana á mocidade de distintas cidades españolas para ofrecerlles apoio personalizado nos seus proxectos de emprendemento. Primeiras reunións Vigo e Pontevedra abrirán esta fin de semana o calendario de reunións cos emprendedores. Ésta é a axenda prevista en cada unha das cidades: VIGO DATA 24 de outubro de 2015 HORA 13.00 horas LUGAR La Estación de Coworking María Berdiales, 39 — baixo — Vigo PONTEVEDRA DATA 24 de outubro de 2015 HORA 17.00 horas LUGAR Sala de reunións da Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2 – Pontevedra

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: