PORRIÑO MELLORAS ACCESOS POLIGONO AS GANDARAS
O Porriño, venres 23 outubro.- Como avanzaron a alcaldesa, Eva García de la Torre, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, no encontro cos veciños de Budiño, hai dez días, o Concello xa acometeu esta mesma semana as obras na rotonda e a construcción de beirarrúas, na zona norte do Polígono de As Gándaras e unha obra semellante no acceso sur.
As melloras “imprescindibles para garantir a seguridade dos peóns e
reclamadas polas empresas” deste polígono industrial de más de 150
hectáreas, acometerán a mellora do firme do vial principal de Acceso
Sur, “que polo intenso tráfico estaban en moi mal estado” e, ao mesmo
tempo, se fará unha reordenación completa das dúas marxes.
Uhha das beirarrúas se reservará á circulación dos peóns e dos
ciclistas, delimitada con faixas verdes que impidan que os vehículos
invadan o espazo reservado aos camiñantes. As devanditas beirarrúas, de
3 metros de ancho, disporán de arbolado natural, composto por carballos,
incorporando bancos macizos e papeleiras. Ao tempo, dotaranse con dous
sumideiros, non sinfónicos, de augas pluviais con unha nova tubaxe.
Polo que atingue ao pavimento de rodaxe, se reasfaltarán un total de 279
metros de lonxitude, cun ancho de 7 metros, “2.000 metros cadrados en
total”, engadindo unha nova sinalización horizontal, xardineiras e
mobiliario urbán.
No Acceso Norte, se levantará unha nova rotonda de xiro, no cruzamento
que conecta coa autovía A-55, dende o nudo de A Casilla que da entrada
dende o núcleo urbán, e os desvíos a Salvaterra e Salceda, engadindo
dúas beirarrúas, dende a rotonda.
Ademáis, como adiantara o concelleiro de Obras, se procederá á
renovación do firme, se “dotarán a todos os accesos de bocas de rego que
permitan a súa limpeza en caso de accidente ou por necesidades de
baldeo”, nunha superficie total de 430 metros de lonxitude, e se fará
unha limpeza completa da zona.