Concello de Vigo

 


Cayetano Rodríguez define “vertixeVIGO15” como un “festival de referencia na creación da música contemporánea”

Na presentación da terceira edición deste festiva, o concelleiro de Cultura eloxiou “a capacidade creativa” e o “compromiso” dos organizadores e comprometeu “continuidade a este tipo de eventos no futuro”. VertixeVIGO15 é un festival internacional de creación musical contemporánea que se extenderá durante todo o mes de novembro.

 


O concelleiro de Cultura destaca a tradición e éxito do programa Outono Lírico de Amigos da Ópera

Cayetano Rodríguez presentou este venres xunto con Daniel Diz, director artístico de Amigos da Ópera de Vigo, a programación do Outono Lírico que trae á cidade nos próximos meses 4 espectáculos que poderán gozarse no Teatro Sala de Concertos de Afundación e nos que haberá representación viguesa coa participación do Coro Gaos, o Coro da Universidade e a Orquestra Sinfónica 430. O programa ábrese este sábado día 24 coa ópera Curlew River de Benjamin Britten.

 

A vixésima edición da Maratón Fotográfica Concello de Vigo celébrase o 14 e 15 de novembro

A fin de semana do 14 e 15 de novembro a Agrupación Fotográfica Galega organiza a vixésima edición da Maratón Fotográfica Concello de Vigo. Neste certame, que conta con colaboración municipal, poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos que formalicen a súa inscrición presencial ou telemáticamente.

 


Visita guiada ao Cemiterio de Pereiró

Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así, maniféstase a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez apañadas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte…

 


Curso de escritura creativa para adultos

A Concellaría de Normalización Lingüística propon un novo obradoiro de creación literaria “Aliteraclara”. Obradoiro que se desenvolverá no Centro Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa Oliva, 12) os vindeiros 9,12, 23 e 30 de novembro entre as 19.00 e 21.30 horas.

 

HORARIO NOS CEMITERIOS MUNICIPAÍS CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DE TÓDOLOS SANTOS

Comunicámoslle a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.

 

Medidas de tráfico por obras

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 25/10/2015 dende as 07:30 a 14:00.

 

Pleno da Corporación

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: