MARCELINO COTO: “O noso obxectivo é recuperar O Porriño para os veciños”

Marcelino1O Porriño, sábado 24 de outubro.- Desenrolar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) é a primeira e máis importante laboura que debe acometer, este mandato, o concelleiro de Urbanismo, Comercio e Industria do Porriño, Marcelino Coto. O plan,
aprobado hai 12 anos “ten que adaptarse ao Lei do Solo de Galicia”, algo
para o que o concelleiro buscará “o consenso con todos os partidos
municipais, dado que un plan xeral ten que ser o proxecto no dun
goberno, senon de toda unha corporación”.

Neste momento, o pantexamento inicial da adaptación do mesmo xa recibiu
o visto bo do Goberno de Galicia e “agora é o momento de iniciar as
conversas entre os grupos municipais e buscar o acordo moi amplio”.

Tamén subliña como esencial que o Ministerio de Fomento ceda ao Concello
o treito de la N-120, dende o núcleo de Cans, “estamos falando dun
núcleo importante no que calquera veciño que queira acometer unha obra
ten que solicitar autorización do ministerio, isto e un contrasentido e
un atranco para o desenrolo desta parte do concello”. A solicitude desta
cesión levarase a Pleno o vindeiro mércores, día 28 e, máis adiante a
petición de que a parte da N-550, á altura de Carracido, pase a ser,
tamén de titularidade municipal.

Ademáis, o novo goberno, como xa adiantou a alcaldesa, Eva García de la
Torre, quere afrontar, de forma definitiva, a solución do paso do tren,
“e facelo de xeito que posibilite a integración do casco de Torneiros co
do centro o que é esencial”.

Marcelino Coto aposta por un urbanismo “que pensé nos veciños e, non
como ata o dagora, nas especulación… aquí practicouse o terrorismo
urbanístico, necesitamos zonas verdes, prazas, un Porriño aberto que,
son moi consciente de que é unha laboura para moitos anos e que temos
que empezar a desenrolar”.

Un bo exemplo delo podería se a planificación, na Ribeira de Louro, dun
gran parque de ocio, preto de Frigolouro, “onde esperamos facernos cunha
importante cantidade de terreo que permita dispor de pistas ao aire
libre, unha zona de deporte, para as familias, que sexa un sinal de
identidade de Porriño”.

Polo que se refire ao eido industrial, Coto recoñece que Porriño “está
forte, moi forte” e que aos polígonos públicos de A Granxa e As
Gándaras, súmanse outros de iniciativa privada que, ou ben está xa
completamente desenrolados, ou empezan agora a despegar. Este é o caso
do Ppi 7, “cun nivel moi alto de ocupación”; o Ppi 6, “que está totalmente urbanizado en no que xa se están a instalar media ducia de empresas”; o Ppi-2, onde están funcionando varias empresas, algunhas  da importancia
de Aimen; o Ppi-5, que empeza a nutrirse de firmas e o Ppi-1, en
Cataboi, “do que se debatirá no vindeiro Pleno para autorizar o seu
desenrolo”.

O concelleiro tamén subliña o acerto da colaboración entre o Concello e
o Clúster do Granito, que “é un dos sinais de Porriño, cunha proxección
nacional e internacional de primeira magnitude, cunha presenza en
prácticamente todos os lugares do mundo” . Hai que lembrar a recente
xuntanza da alcaldesa co presidente do clúster para iniciar unha
colaboración na formación para a creación de postos de traballo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: