A XUNTA DE GALICIA INCREMENTA UN 10% O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN FAMILIAR DA FUNDACIÓN MENIÑOS ATÉ CHEGAR AOS 418.000 EUROS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse hoxe con responsables da entidade

  • Rey Varela abordou as liñas de colaboración que o seu departamento autonómico mantén con Meniños, e que están centradas en programas de intervención familiar e de prevención, así como de promoción da maternidade e paternidade positiva

Santiago, 26 de outubro de 2015.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá co patrón e coa directora da Fundación Meniños, Xosé Manuel Villanueva Prieto e Mónica Permuy López, respectivamente. O obxectivo deste encontro, que se enmarca nas xuntanzas que Rey Varela esta a manter con organizacións e colectivos sociais, foi o de poñerse ao día sobre o traballo que vén realizando a Fundación Meniños en protección á infancia e á familia co apoio da Xunta de Galicia.

 

Neste sentido, o titular do departamento autonómico reiterou o compromiso do Goberno galego en afondar nas liñas de colaboración coas asociacións e entidades de ámbito social. No caso da Fundación Meniños, a administración autonómica participa en diferentes programas de intervención centrados na integración familiar, os puntos de encontro familiar e adopcións especiais; así como en prevención, sensibilización e promoción da paternidade e maternidade positiva en toda a Comunidade.

 

Rey Varela informou da “blindaxe” dos programas e iniciativas que devandita fundación leva a cabo en colaboración con este departamento autonómico, e ademais anunciou un incremento do 10% na financiamento do Programa de Intervención Familiar con respecto ao convenio do presente exercicio e aínda en vigor, chegando así en 2016 aos 418.000 euros. Este programa ten como obxectivo mellorar a situación socio – familiar e persoal dos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados das súas familias e residen en centros de acollida.

 

Máis axudas ás familias e á infancia

 

Así mesmo, a Consellería de Política Social reforza o seu compromiso coas familias e a infancia no orzamento da Xunta para o ano 2016, con máis recursos económicos e novos programas. As contas públicas do vindeiro exercicio permitirán ampliar o “bono gardería” -para que os pais e nais que queren levar ao seu fillo ou filla a unha gardería e non dispoñan de praza nunha escola da Xunta reciban unha axuda para matriculalo na gardería que desexen-, a posta en marcha do “bono coidador” –para que os pais e nais que viven no rural e non teñen unha gardería cerca accedan a un servizo de coidador na casa-, e a axuda directa por nacemento de 100 euros ao mes durante un ano para que as familias poidan afrontar os gastos básicos dos nados a partir do vindeiro 1 de xaneiro. Esta axuda establecerase en función da renda per cápita familiar e a finalidade é que se poidan beneficiar da mesma oito de cada dez familias.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: