Archive | octubre 27, 2015

O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO ENTREGA AO XOVE EMPRENDEDOR PABLO ALBERTE O SEU DIPLOMA COMA GAÑADOR DO PROGRAMA YUZZ

  • 27102015_DelegDiplomasYuzzVigo2O emprendedor vigués viaxa esta semana a Silicon Valley co seu proxecto Wuav, gañador do centro de Vigo que se sitúa entre os 41 mellores do país
  • O proxecto consiste na construción dun vehículo aéreo por control remoto denominado Viking
  • Un total de 8 mozos e mozas emprendedores de Vigo participaron e remataron o programa Yuzz, que dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander e a colaboración da Xunta de Galicia
  • Ignacio López-Chaves felicitounos e animounos a emprender e a innovar porque “unha pequena decisión ou idea pode levar a un cambio revolucionario”

 

Vigo, 27 de outubro de 2015.- Viking, un vehículo aéreo por control remoto completamente distinto aos dispoñibles no mercado e que pretende revolucionar o sector pola súa autonomía e versatilidade é a denominación que o mozo emprendedor vigués Pablo Alberte utilizou, dentro do seu proxecto Wuav, para alzarse coma gañador do centro de Vigo do proxecto Yuzz para a promoción do talento xuvenil e o espírito emprendedor.

 

O proxecto gañador obtivo unha praza para viaxar esta mesma semana, do 29 de outubro ao 5 de novembro, a Silicon Valley, a meca da innovación mundial, xunto aos outros 40 participantes máis brillantes da actual edición de Yuzz. Este programa de ámbito nacional está dirixido polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander, a través da súa división Global Santander Universidades e a colaboración da Xunta de Galicia.

 

O xurado seleccionou este proxecto como o mellor do centro de Vigo, ubicado na Oficina de Apoio ao Empregador na Gota de Leche, onde durante 5 meses, un total de 8 mozos e mozas emprendedores traballaron e finalizaron a concreción das súas ideas empresariais co apoio da Xunta de Galicia.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu esta mañá ao acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes que remataron o programa. E felicitounos e animounos para que sigan a emprender e a innovar porque “unha pequena decisión ou idea pode levar a un cambio revolucionario”, díxolles.

 

Durante a súa visita a Silicon Valley, os gañadores de toda España poderán visitar empresas coma Google, LinkedIn, Facebook ou Hewlett Packard ademais de recibir unha ponencia na Universidade de Standford. O seu obxectivo é inspirar aos mozos e mozas emprendedores a acelerar o seu desenvolvemento e fomentar a innovación, ofrecéndolles conexións para o proceso de internacionalización das súas empresas tecnolóxicas e innovadoras. Con estas visitas, os gañadores terán a oportunidade de coñecer as conexións de negocio entre España e Estados Unidos, descubrir como innovan estas startups xa consolidadas e aprender a crear unha rede de contactos e presentar a idea de negocio a inversores neste núcleo tecnolóxico.

 

Logo de que regresen de Silicon Valley, o 6 de novembro, os gañadores deberán presentar as súas ideas ante un xurado integrado por representantes de Banco Santander, CISE, e entidades colaboradores do programa Yuzz. Seleccionaranse así os tres mellores proxectos, que recibirán unha dotación económica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros respectivamente para que poidan desenvolverse.

 

Viking, un vehículo aéreo por control remoto

O proxecto Wuav que desenvolveu Pablo Alberte trata da construción do primeiro vehículo aéreo por control remoto que denomina Viking. As súas autonomías superan os 70 minutos en voo e varían en función da carga transportada. Con seguemento por GPS pode utilizarse en calquera lugar do planeta para percorrer un traxecto de forma automática, sen necesidade presencial dun operador. Viking, de 8 quilos de peso e catro motores de combustión desenvolve 15 cabalos de potencia e é o primeiro vehículo de WUAV que é capaz de levantar incluso máis de 25 quilos de peso e transportalos a longas distancias.

 

Ata o de agora, os únicos drons comercializados destínanse principalmente ás videofilmacións, sen ter practicamente outras utilidades. Existen diferentes modelos, tamaños e deseños, pero todos baixo unha limitación máxima de carga e tempo de voo. Os modelos máis capaces teñen autonomía para sustentarse no aire 15 minutos, sendo así mínimo o seu radio de acción. Viking supón un enorme avance, grazas as súas altas capacidades e maior autonomía.

 

Yuzz, unha aposta pola innovación

O proxecto Yuzz iniciouse en 2009, cun centro en Barcelona e Madrid, como un viveiro tecnolóxico de grandes ideas. Actualmente, chega a 41 centros de toda España e, no caso de Galicia, conta con 3 centros en Vigo, Santiago e A Coruña.

 

Durante os cinco meses de duración, Yuzz facilita aos seleccionados o apoio necesario para desenvolver as súas ideas: unha rede de máis de 200 expertos profesionais, formación empresarial, asesorías, titorías personalizadas, e unha plataforma de traballo colaborativo en liña, para que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial.

 

 

Guess WHO’s here?

French producer WHO makes his debut on Francesca Lombardo’s Echolette
Echolette proudly presents its stunning debut release, ‘You Gonna Dream’, from French producer WHO. The wonderful tracks comes in two distinct versions: The first mix works off skipping percussion, a warm round sub bassline and uplifting vocals full of hope, love and joy. On the flip the ‘Club Mix’ adds a tougher edge, taking us straight on to the dance floor of a New York basement club circa 1994, while the vocal keeps the bright and upbeat.Press text long An amalgamation of class, authenticity and sophistication, Echolette announces its arrival on the scene with its debut EP by French producer, WHO.————————————————————————————————————————
An amalgamation of class, authenticity and sophistication, Echolette announces its arrival on the scene with its debut EP by French producer, WHO.  The label is the brainchild of Crosstown Rebels’ first lady, Francesca Lombardo, a woman who is renowned for her exemplary skills, classical training and ability to move crowds with her deep, emotive rhythms.
Fueled by Francesca’s depth of experience as both a musician and DJ, Echolette has the perfect foundation to grow, evolve and make a lasting impact on the electronic music scene.  A feminine touch gives this label its softness and emotional edge, providing a credible platform for musicians, new and old, to really explore their realms of their creative subconscious. Echolette is an outlet for music that moves the body and soul, inspired by life, love and the wholeness of our ever-expanding universe.
French maestro WHO met Francesca at Burning Man, where the two became instant friends. His ability to weave positive vibes and deep, stirring narratives into his sets caught Francesca’s attention and she signed him up for her label’s debut release.  The result is ‘You Gonna Dream’, which comes in two distinct versions. The first mix works off skipping percussion, a warm round sub bassline and uplifting vocals full of hope, love and joy. On the flip the ‘Club Mix’ adds a tougher edge, taking us straight on to the dance floor of a New York basement club circa 1994, while the vocal keeps the bright and upbeat.
Cat #: ECHOLETTE 005
Genre: Deep House
Vinyl Release Date: Oct 8, 2015
Digital Release Date: TBA

— Jamie Jones Playing «Transition» (WHO edit) @ Paradise Bpm Festival 2015

— WHO @ BURNING MAN 2014 – Merkabah Art car – Zoo camp

Biography:

Louca aka WHO began his career at Caprices Crans Montana in Switzerland, where he made his debut on stage beside luminaries such as Jeff Mills, Laurent Garnier, Paul Kalkbrenner, Margaret Dygas, Marco Ressman, SIS, dOP, Reboot and more. Today he remains one of the core residents of the festival. He continued to evolve his style and approach to DJing in clubs as Arena in Berlin, Fuse in Brussels, Guy Gerber’s Rumorsevent in Ibiza, and in his hometown Paris at the legendary Rex Club, Showcase, Le Rouge and Zig Zag. Production-wise he released his first EP, ‘Home’, under the name Louca on Popcorn Records.

This was followed by as well as two other maxis on label Kulture Room and Etiketa. He describes his music as an instinctive, oscillation between house and tech house, with melodies supported by lines of powerful bass. At the age of 26 he began to use the moniker WHO, leaving Louca behind for a new musical persona. He is well placed among the rising figures of the young Paris scene and asserts his character and his personality with electrifying and audacious sets. Parallel to his DJing and studio work, WHO has also conceived and launched his own label Think Records, which debuted with a hot EP from Julien Sandre. In 2014 WHO put in an impressive performance behind the decks on the Zoo Camp Art Car at Burning Man, where he met Queen of Crosstown RebelsFrancesca Lombardo.

The two hit it off immediately and she signed him up for the first release on her own new label, Echolette. ‘You Gonna Dream’ is an uplifting, emotive slice of soul enriching house music, made with passion and love. WHO now holds court as resident at Le Rouge in his hometown Paris where he has played alongside Art Department, Lee Curtiss, Butch, DJW!LD and Shaun Reeves to name but a few. This residency runs parallel to his regular appearances at Zoo Project in Ibiza, the infamous and highly influential daytime party brand that runs on a weekly basis. Driven by his creative instincts and technical flair, his music represents a fusion of passion and influences born during his travels. From meeting new and intriguing people to seeing fascinating new sights in new cities, it all feeds into his internal melting pot of creativity. With increasing interest from international clubs, his work ethic and gregarious attitude has provoked a growing buzz around him and allowed him to play alongside some of the biggest names of the electronic scene.

WHO’s music is hypnotic and sensual, underpinned by a backdrop of cosmic synths, hushed vocals and embellished with stirring piano chords and quirky rhythms. An artist whose ascent to the top is assured by his dedication to the craft, unrelenting passion and unwavering ambition.  Just remember, next time you hear a killer groove, it’s probably by you know

Afundación e o Ballet Nacional Ruso traen a Grand Gala Tchaikovsky a Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Ballet Nacional Ruso presentaron esta mañá en rolda de prensa a Grand Gala Tchaikovsky que terá lugar ás 20.30h os vindeiros días 10 e 11 de novembro en Vigo e Pontevedra, respectivamente. Nesta ocasión, a recoñecida compañía dirixida por Sergey Radchenko, interpretará un conxunto de obras do compositor ruso coas que renderán unha homenaxe a Maya Plisetskaya, parella de baile de Radchenko durante máis de vinte anos. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.