SARABELA INICIA A SÚA XIRA DE ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA MAÑÁ NA UNIVERSIDADE DE VIGO

 ovidio aldegundeArranca tamén o ciclo Cine e Lingua con The Field no edificio Cambón

Vigo, 27 de outubro.- A Universidade de Vigo acolle mañá o inicio da xira de Sarabela Teatro con Ensaio sobre a cegueira, logo de estrearse en Ourense o pasado mes de setembro. Trátase dunha gran produción, con nove actores, o que significou un grande esforzo para a compañía galega tendo en conta que a maioría das producións que se fan na actualidade non pasan de tres actores en escena.

A adaptación da obra de José Saramago, Ensaio sobre a cegueira será a primeira proposta teatral desta programación. A obra relata a pandemia de cegueira dunha sociedade egocéntrica e violenta, unha «cegueira branca» que se expande de maneira fulminante nun tempo-espazo universal. Os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo nun mudo guiado pola cobiza, hipocrisía e guiados pola manipulación política e a dominación.

É a primeira vez que a novela de Saramago é adaptada ao teatro no estado español. A función da UVigo será mañá, 28 de outubro ás 18.30 horas e a entrada é de balde ata completar aforamento.

Na súa estrea, Ensaio sobre a cegueira provocou emoción no público polo gran traballo dos actores, pola intensidade dos diálogos e a conexión que se establece entre os personaxes.

En escena estarán: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago, Xavier Estévez, Nate Borrajo, Josito Porto, Vicente Montoto e Jorge Casas.

Ciclo Cine e Lingua

O Ciclo de Cine e Lingua, co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, arranca mañá con The Field de Jim Sheridam, en versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

Todas as longametraxes desta edición teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven situacións límite. Neste caso, a longametraxe fala dunha comunidade que pelexa polos dereitos dunha propiedade.

 

 

 

 

 

Presentará as películas e moderará o coloquio posterior o profesor Keith Payne.

 

SARABELA

Ensaio sobre a cegueira

 

 

Data:     28 de outubro

Hora:    18.30 h  //  Entrada libre  ata completar aforamento

Lugar: Teatro Vidal Bolaño. Campus de Vigo.

 

CICLO CINE E LINGUA

The Field (Jim Sheridam, 1990)

 

Data:  28 de outubro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: