UN TOTAL DE 20 RAPACES DE BOIRO PARTICIPAN NO PROGRAMA ‘DESEÑANDO O TEU FUTURO’ QUE REAFIRMA A APOSTA DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE POLA EDUCACIÓN NON FORMAL

Cecilia Vázquez participou na entrega de diplomas acreditativos aos representantes das dez empresas que acolleron aos mozos

  • A directora xeral valorou a importancia do programa que sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional”
  • O proxecto trata de achegar os rapaces galegos ao ámbito sociolaboral que eles mesmos desexen coñecer coa finalidade de que entren en contacto coa realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías visitas
  • 403 mozos participan neste 2015 nas estadías visitas en empresas ao abeiro do programa ‘Deseñando o teu futuro’

Boiro (A Coruña), 26 de outubro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou esta mañá na entrega de diplomas acreditativos aos representantes das dez empresas que acolleron aos 20 mozos e mozas participantes no proxecto promovido polo Concello de Boiro no marco do programa ‘Deseñando o teu futuro’. Este proxecto da Xunta de Galicia trata de achegar os rapaces galegos ao ámbito sociolaboral que eles mesmos desexen coñecer coa finalidade de que entren en contacto coa realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías visitas en distintos sectores. Neste encontro participaron asemade o alcalde do Concello de Boiro, Juan José Dieste,e os representantes das empresas colaboradoras.

 

No transcurso do acto, Cecilia Vázquez sinalou á educación non formal como peza chave das políticas da súa Dirección Xeral e asegurou que “esta experiencia sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional”. Nesta liña, a directora xeral asegurou que que “a finalidade deste programa é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional”. “Fomenta a  iniciativa  e a responsabilidade que supón calquera posto de traballo, ao tempo que mellora o  currículo dos mozos e mozas galegas”, abondou.

 

En detalle, as dez empresas colaboradoras no Concello de Boiro foron Car Music, Deporte Hermida, Librería Nobel, Kekos, Ferretería nº 13, Sheyla Belleza, Abe, Mas que tartas, Peluquería Imagen e Cruz Vermella.

 

Máis de 400 mozos en 2015

No marco do programa ‘Deseñando o teu futuro’ fináncianse 17 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitan que un total de 403 mozos e mozas realicen estadías visitas en empresas ao longo deste 2015.

 

As estadías visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos participantes por proxecto non pode exceder de 30.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: