XX MARATÓN FOTOGRÁFICO CONCELLO DE VIGO.
Xa temos na nosa web toda a información sobre o Maratón, bases, preguntas frecuentes, localizacións… E por suposto o formulario de preinscrición:
http://agrupacionfotograficagalega.com/index.php/inscripcion/
¡¡¡ Aparece en el norte de Francia una caja original del champagne que se seirvió en el Titanic¡¡¡
APARECE EN EL NORTE DE FRANCIA UNA CAJA ORIGINAL DEL CHAMPAGNE QUE SE SIRVIÓ EN EL TITANIC.
Ha sido localizada en una de las bodegas más antiguas del mundo, Henri Abelé, fundada en el año 1757.
Cedida por sus propietarios a la Fundación Titanic, a partir de hoy se expone al publico en el Parque de las Ciencias de Granada, dentro de la exposición Titanic The Reconstruction.
Durante los días 8 y 9 de abril de 1912, la actividad en el puerto británico de Southampton era frenética y, la mayoría de los cargadores y estibadores del citado puerto trabajaban duramente, con la ayuda de las potentes grúas, para introducir a bordo del Titanic toda la carga que, con destino a Nueva York, se acumulaba en el citado puerto inglés.
Maletas, sacos de correos, coches, obras de arte, alimentación, y, entre toda esa carga, 210 cajas de uno de los mejores champagne, Henrí Abelé, que habían sido transportadas desde Reims, en el norte de Francia.
Este prestigioso champagne, creado en una de las bodegas más antiguas del mundo, año 1757, fue conocido como la sonrisa de REIMS después de la 1ª guerra mundial, cuando se empieza a reconstruir la Catedral de REIMS y Abelé crea, con esta denominación, uno de sus champagne, con la intención de destinar el producto de su venta a esa reconstrucción. .
«Le Sourire de REIMS» es el nombre de una de las esculturas de ángel que se encuentra en el pórtico izquierdo de la Catedral que, una vez reconstruida, se convirtió en el símbolo de la ciudad, y, a la vez, de Henri Abelé.
Hace unos días, en las antiguas bodegas Henri Abelé, fue localizada una caja, de madera, igual a las 210 que se embarcaron en el Titanic y, aunque sus propietarios le dan muchísimo valor, por ser la única que existe, han decidido cederla a la Fundación Titanic para su conservación y para que, además, sea expuesta al público, en una vitrina de seguridad, en la exposición que la Fundación está terminando de construir, y que se mostrará en todo el mundo despues de su estancia en el Parque de las Ciencias de Granada.
Esta nueva exposición, creada por Jesús Ferreiro, autor también de Titanic The Exhibition, ha confirmado ya la presencia en algunas ciudades españolas (Granada, Tarragona, Santander, Barcelona, Bilbao….) así como Roma, Bolonia, Milán, Londres, Oporto, Lisboa….para después viajar a EE.UU. e Hispanoamérica.
Aunque Henrí Abelé es una marca insignia del champagne francés, actualmente pertenece a la bodega española Freixenet.
O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL COMPROMETE O TRABALLO DO GOBERNO AUTONÓMICO PARA QUE O 75% DOS DEPENDENTES RECOÑECIDOS RECIBAN A ATENCIÓN DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
José Manuel Rey Varela interveu no Parlamento de Galicia para dar conta da política da Xunta de Galicia en materia de dependencia
- Afirma que “os orzamentos para o próximo ano permitirán o obxectivo de incorporar a 10.000 novas persoas, o que incrementará a cifra de dependentes atendidos de 40.000 a 50.000”
- Subliña o compromiso da Xunta coa dependencia que ven referendado con incrementos do 528% na atención acumulada e do 102,2% nos fondos propios consignados con respecto a 2009
- Destaca que “este Goberno foi quen de aumentar as persoas que estaban recoñecidas, aumentar a súa ratio de atención e aumentar as prazas destinadas a dependencia”
- Apunta que “o número de dependentes atendidos incrementouse 5 veces con respecto aos que existían no ano 2009”
- Salienta que a ratio de atención a dependentes chega xa ao 60,33% e que o 75,77% das prestacións recoñecidas realízanse a través de servizos profesionais
- Fai un chamamento ao traballo conxunto entre Goberno, oposición e o resto de administracións como as corporacións locais
Santiago, 28 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ratificou esta mañá no Parlamento de Galicia o compromiso do Goberno Autonómico coa dependencia. Así, recoñeceu o éxito das medidas implementadas desde a Xunta de Galicia que fixeron posible “aumentar as persoas que estaban recoñecidas, aumentar a súa ratio de atención e aumentar as prazas destinadas a dependencia”. Ademais, o conselleiro amosou a vocación de continuidade destas políticas porque “non nos imos a conformar coas cifras” xa que “detrás desas cifras hai persoas e familias necesitadas”. Nesta liña lembrou o incremento da atención neta en 933 persoas en setembro e asegurou que “os orzamentos para o próximo ano permitirán o obxectivo de incorporar a 10.000 novas persoas”. “O Goberno vai a traballar conxuntamente para conseguilo, o que incrementará a cifra de dependentes atendidos de 40.000 a 50.000 e permitirá que ao longo do ano 2016 o 75% de persoas que teñen recoñecido o seu dereito de dependentes existentes en Galicia teñan a atención da Administración pública”, sentenciou.
Deste xeito e en termos absolutos, Rey Varela destacou ás 87.884 persoas atendidas na actualidade, o que se reflicte nun aumento do 527,74% na atención acumulada respecto a 2009; así como o incremento dun 102,2% nos fondos propios consignados para a política de dependencia ata chegar a un orzamento de 324 millóns de euros. Esgrimidos estes datos, o responsable da carteira de Política Social, salientou que a ratio de atención a dependentes chega xa ao 60,33% -coa incorporación de 15.000 novas persoas con dereito o pasado mes de xullo a través do grao I- que supón un incremento do 30,33% e que o 75,77% das prestacións recoñecidas realízanse a través de servizos profesionais, un incremento do 34,33%. Respecto ao incremento total na atención acumulada, Rey Varela apuntou que “o número de dependentes atendidos incrementouse 5 veces con respecto aos que existían no ano 2009”.
“Todos estes datos apuntan cara unha clara melloría do sistema para a autonomía e atención á dependencia pero eses datos non nos poden distraer de que temos un obxectivo de atender a todas as persoas que teñen dereito por lei a unha atención á dependencia de calidade”, insistiu.
Na súa intervención o titular de Política Social fixo fincapé na importancia da creación dunha Consellería que ten como “máxima aspiración” trasladar a recuperación económica “aos fogares dos galegos e das galegas”. “Que cada galego sexa quen de descubrir que unha recuperación económica de datos macroeconómicos se pode trasladar ás familias e ao benestar das persoas”, abondou.
Neste senso, o conselleiro fixo un chamamento ao traballo conxunto entre Goberno, oposición e o resto de administracións como as corporacións locais. “O máis importante non é a competencia nin o financiamento, é a sensibilidade”, dixo.
Máis e mellores medios
No transcurso da súa ponencia, o conselleiro de Política Social valorou tamén a importancia de “todos os esforzos que se están a facer desde un punto de vista técnico”. Deste xeito salientou o traballo en prol da mellora de cuestións técnicas para o desenvolvemento dunha Lei que “non tiña servizos para atender a todas as persas que adquirían un dereito nin ferramentas técnicas para conseguilo”.
Así, desde o punto de vista máis técnico, Rey Varela resaltou a nova ferramenta informática que permite a xestión integral de todo o procedemento; o mapa de procesos simplificado; as accións de formación específicas para os traballadores; a mellora da coordinación existente entre as administracións; o servizo de información ao cidadán a través do 012; ou a mellora da Rede Galega de Atención Temperá.
MÁIS DE 150 PROFESIONAIS QUE TRABALLAN COA MOCIDADE ASISTIRON AOS SETE ENCONTROS TERRITORIAIS DE XUVENTUDE ORGANIZADOS POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Cecilia Vázquez presidiu os últimos Encontros territoriais de información xuvenil

A Coruña
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidirá o Encontro territorial de información xuvenil.
28/10/2015
Foto: Moncho Fuentes / AGN
celebrados nas localidades coruñesas de Carballo e Pontedeume
MÁIS DE 150 PROFESIONAIS QUE TRABALLAN COA MOCIDADE ASISTIRON AOS SETE ENCONTROS TERRITORIAIS DE XUVENTUDE ORGANIZADOS POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
- Os Espazos Xoves de Carballo e Pontedeume acolleron no día de hoxe senllos Encontros territoriais nos que se deron cita os concelleiros de Xuventude e os profesionais da Rede Galega de información xuvenil
- Os Encontros, que afondaron na participación activa e o intercambio de experiencias entre entidades, xiraron en torno a cinco temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Correspondentes xuvenís, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativa Xove
Carballo e Pontedeume (A Coruña), 28 de outubro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidiu no día de hoxe os dous últimos Encontros territoriais de información xuvenil celebrados nos Espazos Xoves de Carballo e Pontedeume. Estes encontros enmárcanse nas reunións que a Dirección Xeral está a manter cos concelleiros de Xuventude e os profesionais da Rede Galega de información xuvenil co obxectivo de facilitar a participación activa e o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes que traballan de xeito directo coa xuventude galega. No mes de outubro celebráronse en total sete encontros que contaron coa participación de máis de 150 profesionais da Rede Galega de Información Xuvenil e que, ademais dos celebrados hoxe, tiveron lugar nos Espazos Xoves de Curtis, Noia e Ourense e nas Delegacións Territoriais de Lugo e Vigo.
No marco deste foro, a directora xeral destacou que “Galicia foi a primeira comunidade que lle facilitou aos técnicos da información xuvenil a posibilidade de obter un certificado de profesionalidade, a través de procedementos de recoñecemento das competencias e da experiencia adquirida”. Neste sentido, Galicia foi pioneira en por en marcha tres procedementos de recoñecemento de competencias profesionais en información xuvenil a través da acreditación das súas competencias, adquiridas pola súa experiencia laboral e/ou pola formación obtida a través da educación non formal.
Deste xeito, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está a renovar as políticas autonómicas para a mocidade. A xestión da Xunta de Galicia baséase en programas pioneiros en todo o Estado desenvoltos nos últimos anos e que se sustentan na utilización da educación non formal como método de adquisición de novas habilidades e competencias.
Rede galega de Información Xuvenil
A Rede Galega de información xuvenil está composta por por 248 Oficinas Municipais de Información Xuvenil, 69 Puntos de Información Xuvenil e 12 Espazos Xoves dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, emprazadas en Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui, Vilagarcía e Ourense.
Este ano os Encontros xiran en torno a cinco temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Correspondentes xuvenís, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativas Xove.
O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL DESTACA QUE A INCORPORACIÓN DE 155 NOVOS POSTOS DE TRABALLO PERMITIRÁ MELLORAR AS CONDICIÓNS LABORAIS DO PERSOAL DOS CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA
José Manuel Rey Varela interveu no Parlamento de Galicia para falar sobre as carteleiras dos empregados públicos
ERÍA
- Amosa a súa vontade de “avanzar nos procesos de creación e estabilización do emprego para o persoal que agardo que redunde nunha mellora das condicións de traballo que servirá como elemento catalizador para que os empregados públicos saiban que son fundamentais en prestación de servizos públicos e de benestar”
- Dentro destes 155 postos de traballo foron creados 68 novos postos de auxiliares de enfermería, 26 de coidadores ou 27 de camareiro limpador
Santiago, 28 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou esta mañá no Parlamento de Galicia a importancia da creación de 155 novos postos de traballo “para poder establecer carteleiras que permitan mellorar as posibilidades de conciliación da vida profesional e persoal dos traballadores dos centros dependentes da Consellería de Política Social”. Nas súas verbas, o conselleiro amosou a súa vontade de “avanzar nos procesos de creación e estabilización do emprego para o persoal do departamento de Política Social, que agardo redunde nunha mellora das condicións de traballo que servirá como elemento catalizador para que os empregados públicos saiban que son fundamentais na prestación de servizos públicos e de benestar”.
Deste xeito, dixo o conselleiro, froito do incremento de postos de traballo na RPT da Consellería de Política Social tras un proceso de negociación entre as organizacións sindicais e os representantes da Administración autonómica, a través de diversas xuntanzas mantidas ao longo do ano, se acadaba a creación de 155 novos postos de traballo que incidirán directamente na mellora das posibilidades de conciliación da vida profesional e persoal dos traballadores. Dentro destes 155 postos de traballo foron creados 68 novos postos de auxiliares de enfermería, 26 de coidadores ou 27 de camareiro limpador.
Ademais, Rey Varela adiantou que no dia de mañá reunirase co Comité de empresa para avanzar “sobre todos os aspectos” e que “antes de que remate este ano haberá novo material nos centros públicos do departamento de Política Social”.
La Fábrica presenta por primera vez en España la obra de Max de Esteban
Del 3 de noviembre al 10 de enero
LA FÁBRICA PRESENTA, POR PRIMERA VEZ EN ESPAÑA, LA OBRA DE MAX DE ESTEBAN, UN DISCURSO VISUAL ACERCA DEL ESTADO DEL ARTE EN LA ERA DIGITAL
De Esteban, representado por la galería Klompching de Nueva York, ha expuesto en el Deutsche Technik Museum de Berlin, los Renarís y la trienal Darmstadter Tage der Fotografie, entre otras instituciones
Articulada en Proposiciones, su obra reflexiona acerca de la tecnología en los albores de la era bio-cibernética y las consecuencias post-humanistas en el arte, la transmisión de conocimiento, la tecnología y la sociedad
Bajo el título Heads Will Roll (Rodarán Cabezas) La Fábrica exhibirá 11 obras pertenecientes a dos series recientes: Proposición uno: Solo lo Efímero (2011) y Proposición cuatro: Rodarán Cabezas (2014)
Simultáneamente, La Fábrica edita el libro Proposiciones, en el que acompañan a las obras de Max de Esteban ensayos firmados por Félix de Azúa, Rafael Argullol, Laura González Flores y Valentín Roma
La exposición Heads Will Roll se inaugurará en La Fábrica (C/ Alameda 9. Madrid) el martes 3 de noviembre a las 19.30h con la presencia del artista, acompañado por Rafael Argullol y Valentín Roma. Podrá visitarse hasta el 10 de enero de 2016
El libro Proposiciones está ya a la venta en librerías al precio de 40 €
Más información www.lafabrica.com
A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS AVANZA QUE EN 2016 A XUNTA INICIARÁ A PLANIFICACIÓN DO TRANSPORTE A DEMANDA
- O sistema do transporte a demanda será a mellor opción para garantir a máxima cobertura do transporte público en comarcas como a da Costa da Morte
- Nesta nova organización, o Executivo autonómico investirá 2,5 millóns de euros, coa achega de 2 M € de fondos Feder e este modelo de transporte colectivo estará plenamente operativo a partir de 2019, cando venzan os actuais contratos
- Ethel Vázquez subliña que a Xunta non vai tolerar que ningunha empresa concesionaria dun servizo público incumpra as súas obrigas
Santiago, 28 de outubro de 2015.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informou hoxe na Cámara galega que no vindeiro ano, a Xunta de Galicia iniciará a planificación do transporte a demanda, polo que se introduce nos orzamentos unha importante dotación económica para a licitación dun proxecto de planificación do sistema de transporte a demanda en Galicia, que permitirá efectuar unha nova e completa planificación do conxunto da rede transporte público na Comunidade autónoma galega.
Nesta nova organización, o Executivo autonómico investirá 2,5 millóns de euros, coa achega de 2 M € de fondos Feder e este modelo de transporte colectivo estará plenamente operativo a partir de 2019, cando venzan os actuais contratos.
Tamén remarcou que melloraranse os servizos con medidas como a implantación, no primeiro semestre de 2016, do sistema de axuda á explotación (SAE), no que investiron máis de 2 millóns de euros. Como exemplo explicou que este sistema permitiralle aos habitantes da Costa da Morte e do resto de Galicia coñecer en tempo real a oferta de servizos.
Na súa intervención, Ethel Vázquez aclarou que para a Xunta o transporte público constitúe unha necesidade social, sobre todo, para os cidadáns daqueles concellos e lugares que xeograficamente están máis afastados das cidades cabeceira ou da súa capital de provincia.
Costa da Morte
Vázquez subliñou que o sistema do transporte a demanda será a mellor opción para garantir a máxima cobertura do transporte público en comarcas como a da Costa da Morte e incidiu en que accións coma esta complementarase con outras como as bonificacións no prezo da viaxe e lembrou que, desde hai máis dun mes, os veciños de Carballo desfrutan da súa incorporación á Área de Transporte Metropolitano da Coruña, que lles permite facer desprazamentos habituais ata a capital provincial polo prezo reducido de 3,13 €; ou desprazamentos internos por 0,85 €.
Así mesmo, concretou que haberá unha modificación da oferta, coa posibilidade de complementar a actual rede de transporte público de uso xeral coa utilización compartida do bus escolar, con varias rutas de transporte escolar dos concellos de Coristanco e Mazaricos.
En resposta a unha pregunta do grupo socialista, Vázquez quixo lembrar que na Costa da Morte, a oferta de transporte colectivo estrutúrase, fundamentalmente, en dous eixes principais: o eixe que, cara a Muros e Noia, comunica con Santiago e coa fachada atlántica; e o que, desde Fisterra e Cee, comunica a toda a comarca cara á Coruña. A estes dous e súmanse outras comunicacións como poden ser as da comarca de Bergantiños con Santiago de Compostela.
Tolerancia cero ao incumprimento de obrigas
Nos últimos anos, as empresas de transporte que operan nesta zona trasladaron á Administración autonómica dificultades no mantemento de algunhas liñas, asegurando que estas non presentan unha correspondencia coa demanda actual. Xa no ano 2007, o Goberno bipartito autorizou a división en tres servizos independentes do principal servizo de transporte en autobús o que supuxo unha importante redución da oferta.
Ethel Vázquez aclarou que a Xunta estuda co máximo rigor a adaptación dos servizos aos cambios na demanda para lograr a mellora na eficiencia do servizo público; e evitar que se produzan situacións de perda da sostibilidade no servizo ou adaptacións inxustificadas da oferta.
A responsable de Infraestruturas aclarou que, en moitos casos procedeuse ao arquivo de solicitudes presentadas polas concesionarias por considerar que non estaban xustificadas; exemplo disto son as accións que leva a cabo a Dirección Xeral de Mobilidade con algunhas que afectan á Costa da Morte. Posto que a Xunta non vai tolerar que ningunha empresa concesionaria dun servizo público incumpra as súas obrigas
Vázquez destacou o intenso labor de inspección dos servizos, ao obxecto de garantir o adecuado cumprimento das cláusulas fixadas nos contratos de xestión de transporte regular de viaxeiros na Costa da Morte. En canto houbo constancia das primeiras denuncias da supresión de servizos de forma unilateral e sen autorización por parte das empresas de transporte que operan nesta comarca realizáronse inspeccións de xeito continuo, que tiveron como consecuencia o inicio de 11 expedientes sancionadores por unha contía de 11.000 euros.
INICIO A VINDEIRA SEMANA DO TRÁMITE DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO TRAZADO DA CONEXIÓN DA A-52 CO POLÍGONO DE SAN CIBRAO
- Informa de que se segue traballando para que, antes de que remate o ano se licite a redacción do proxecto construtivo
- Esta infraestrutura reforzará a competitividade dun polígono empresarial de 5 millóns de metros2 e máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas
Santiago, 28 de outubro de 2015.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento que, na vindeira semana o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o sometemento a información pública do proxecto de trazado da conexión da Autovía das Rúas Baixas (A-52) co Polígono de San Cibrao das Viñas.
Na súa intervención, a responsable de Infraestruturas e Vivenda da Xunta explicou que o Goberno galego xa ten presupostados 1,2 millóns de euros para esta infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros.
Sinalou, ademais que, nestes momentos o proxecto de trazado e o impacto ambiental está en fase de supervisión, trámites que xa están xa moi avanzados.
Así mesmo, informou que se segue traballando para que, antes de que remate o ano, se licite a redacción do proxecto de construción, posto que o obxectivo da Consellería é que a redacción do proxecto construtivo se poida realizar en 2016, unha vez que remate a información pública e se aprobe definitivamente o proxecto de trazado e impacto ambiental.
Vázquez respostou na Cámara que o Executivo autonómico fala de compromisos concretos; partidas xa orzamentadas; e dun calendario de prazos establecido para impulsar unha conexión estratéxica que atenderá a demanda empresarial e cidadá; favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial; ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar; e suporá novas oportunidades para que o polígono industrial de San Cibrao das Viñas se converta en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.
Mellora das comunicacións
Ethel Vázquez lembrou que, desde a Xunta, trabállase con intensidade na mellora das comunicacións das áreas empresariais, posto que dotar os parques industriais dos accesos axeitados garante unha maior competitividade e contribúe ao impulso da actividade das empresas galegas.
Esta infraestrutura empresarial conta con 5 millóns de metros cadrados de superficie; con máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas. Un motor económico para toda a provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar maior actividade.
Primeiramente, traballouse para acadar a alternativa máis viable e máis axeitada, un trazado que compaxinase a menor afección posible aos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía destas características. Así, deseñouse unha nova conexión que comeza no enlace de Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía AG-31 (Ourense-Celanova); e que discorre ata a N-525, ao sur do acceso ao polígono industrial.
A vía ten 4,5 quilómetros de lonxitude que toca aos termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela, reduce o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros; e, paralelamente, mellora a conectividade coa autovía de Celanova.
Por último, a conselleira quixo lembrar o esforzo que se fixo para conseguir os fondos europeos necesarios para levar a cabo esta actuación, do que remarcou que é un traballo pouco visible, que sen embargo supuxo moito tempo e moitos esforzos e que hoxe permite poder contar con 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para executar esta conexión.
ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE A XUNTA INCREMENTARÁ NUN 40% AS AXUDAS Á VIVENDA O VINDEIRO ANO
A conselleira de Infraestruturas interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde subliñou o esforzo do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda aos galegos
- Indica que o Plan Rehavita, a pesar dos escasos meses transcorridos desde a súa posta en marcha, xa ten en execución arredor da metade das actuacións, que se continuarán implementando nos próximos meses
- Sinala que a Xunta poderá seguir paralizando desafiuzamentos grazas aos convenios asinados coas entidades financeiras, comprometidas a non botar da súa casa a aquelas familias que non poidan pagar por causas económicas
- Concreta que o Bono de Aluger Social tamén evitará os desafiuzamentos por impago do alugueiro mediante un orzamento para 2016 de 1,5 millóns en axudas, un incremento de máis do 47 % en relación ao exercicio anterior
- A conselleira tamén abordou a subsidiación dos préstamos hipotecarios, axudas creadas, financiadas e suprimidas polo Estado, manifestando que a Xunta defendeu os intereses dos beneficiarios e xestionou a axuda e a solución con dilixencia seguindo a lexislación correspondente
Santiago, 28 de outubro de 2015.- Ethel Vázquez destaca que Xunta incrementará nun 40% as axudas á vivenda o vindeiro ano. Así o manifestou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda na súa intervención no Parlamento de Galicia, onde subliñou o esforzo do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda aos galegos.
Vázquez indicou que o Instituto Galego da Vivenda e o Solo é o departamento que máis incrementa o seu volume de gasto, concretamente un 19,9%, xa que o Goberno galego está a traballar en desenvolver programas propios para garantir unha vivenda aos cidadáns, sexa en réxime de alugueiro ou de propiedade; e en mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas xa existentes, a través das axudas de rehabilitación.
A conselleira explicou que a Xunta decidiu plasmar esta aposta e compromiso no Plan rehaVita, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora de acceso á vivenda 2015-2020. Trátase do primeiro plan autonómico de vivenda, que beneficiará a máis de 152.000 cidadáns galegos e suporá un investimento de 600 millóns de euros dos que a Xunta achega máis da metade.
A titular de Infraestruturas indicou que este plan, a pesar dos escasos meses transcorridos desde a súa posta en marcha, xa ten en execución arredor da metade das actuacións, que se continuarán implementando nos próximos meses.
Ethel Vázquez adiantou que o orzamento do próximo ano en materia de vivenda servirá para afianzar o programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias, que garante unha vivenda a todos os afectados que o soliciten e que cumpran os requisitos. Engadiu que tamén contribuirá a evitar os desafiuzamentos por impago do alugueiro a través do Bono de Aluger Social: a convocatoria de 2015 prevía axudas por importe máximo de 1,02 millóns de euros, mentres o orzamento para 2016 prevé unha convocatoria por 1,5 millóns, un incremento de máis do 47 %.
Vázquez indicou que a Xunta poderá seguir paralizando desafiuzamentos grazas aos convenios asinados coas entidades financeiras, entre eles a maior entidade financeira de galicia, que se teñen comprometido a non botar da súa casa a aquelas familias que non poidan pagar por causas económicas.
O IGVS porá a disposición de administracións públicas ou entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo actividades de carácter social, para que as xestionen en réxime de arrendamento ou outras formas de ocupación, destinadas a atender a persoas que requiren unha especial atención.
Ademais, no vindeiro ano, o orzamento para rehabilitación incrementase en máis dun 54%, incluíndo unha partida de 23,6 millóns de euros. Mantéñense as Áreas de Rehabilitación Integral, uns convenios, que onte mesmo asinaron Ministerio, Xunta e 38 concellos beneficiarios e que van permitir investir máis de 36 millóns de euros e contribuír á rehabilitación de case 2.000 vivendas, entre elas, as situadas nos concellos da área de rehabilitación integral do Camiño de Santiago.
Subsidiación dos préstamos hipotecarios
A conselleira tamén abordou a subsidiación dos préstamos hipotecarios, dos que precisou que son axudas creadas, financiadas e suprimidas polo Estado.
Vázquez manifestou que a Xunta defendeu os intereses dos beneficiarios e xestionou a axuda e a solución con absoluta dilixencia seguindo a lexislación correspondente. Concretou que o problema derivaba dun criterio interpretativo do Ministerio de Fomento que suprimía a posibilidade de solicitar prórrogas na subsidiación dos préstamos de vivendas protexidas de planes anteriores ao 2009-2012.
Ante esta situación, levouse a cabo unha proposición non de lei para instar a modificar ese criterio e remitíuselle un escrito á ministra de Fomento trasladándolle a preocupación. En agosto de 2014, Fomento remitiu ao IGVS un novo criterio interpretativo referido á renovación das subsidiacións destes préstamos.
Nese mesmo mes de agosto de 2014 o Instituto Galego da Vivenda e Solo comezou a revisión de todas as resolucións denegatorias: concretamente 1.785 resolucións. As novas resolucións foron remitidas aos interesados conforme se foron ditando e hai meses que as comunicacións están xa en mans destes.
Ethel Vázquez concluíu que aí rematou a intervención da Xunta, xa que o pagamento das axudas realízaa directamente o Ministerio ás entidades financeiras nas que está constituída a hipoteca, sen intervención de ningún tipo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
ABANCA obtén un beneficio de 342 millóns antes de impostos e aumenta un 14% o negocio con familias e empresas
resultado susténtase na mellora dos ingresos recorrentes e da calidade do risco
28.10.2015. ABANCA obtivo ata setembro un resultado antes de impostos de 342 millóns de euros. Este resultado susténtase no crecemento dos ingresos recorrentes, a boa evolución da marxe comercial, a melloría da calidade do crédito e a fortaleza dos ratios de capital e liquidez. O beneficio neto sitúase en 266 millóns de euros.
O terceiro trimestre estivo marcado por novos crecementos da actividade con clientes minoristas, tanto na concesión de crédito como na captación de depósitos, e nacomercialización de fondos de investimento, plans de pensións e seguros.